Recomendacións de seguridade no día dos fogos e do Apóstolo

Santiago, 23/07/2016  - 
Por motivos de seguridade restrinxirase o acceso con mochilas e bolsos de gran tamaño á Praza do Obradoiro na tarde noite do 24 de xullo. Na mañá do 25 de xullo, durante os actos da Ofrenda ao Apóstolo, a restrición afectará á propia Praza do Obradoiro e á Catedral. 

Habilitarase como consigna o PAVILLÓN DE LORENZO DE LA TORRE (situado en Costa Nova de Abaixo, s/n, próxima a Xoán XXIII) no seguinte horario: 

- Día 24: de 19.00 h. a 1.00 h.a

- Día 25: de 8.00 h. a 13.00 h.



24 DE XULLO 

- Dende as 15:00 horas do domingo 24 de xullo, queda prohibido estacionar na rúa Costa Vella, restrición que se estende ata o remate dos fogos (noite do 24). 



O día 24 de xullo a restrición de acceso á praza do Obradoiro aplicarase a partir das 18.00 horas, momento en que quedará pechada para facilitar o acceso do público ao espectáculo e o dispositivo de seguridade do mesmo.



CORTES DE TRÁFICO E ACCESO PEONIL

- Dende as 21.00 horas cortaranse ao tráfico as seguintes rúas: Xoán XXIII (tramo entre avenida do Burgo e San Francisco)-Costa Nova-Castiñeiros entre Morón e San Francisco e costa de San Francisco.

- A partir das 22:30 horas prohibirase o tránsito de peóns nas rúas Xoán XXIII entre o cruce do Burgo e San Franciso, Costa Nova-Xazmíns, Costa Vella-Porta da Pena, Xoán XXIII-Castiñeiros, Trinidade-Raxoi. 



RECOMENDACIÓNS DE TRÁFICO E ESTACIONAMENTO



Debido á intensidade do tráfico na noite do 24 de xullo, recoméndase aos condutores a utilización da AP-9 para a circunvalación da cidade.

Lémbrase a importancia de prestar atención aos paneis variables situados nas entradas ao casco urbano e sobre todo os ubicados na AP-9 e no periférico. 

En canto ao estacionamento, recoméndase aparcar os vehículos fóra do centro e evitar o tránsito polas súas inmediacións.





25 DE XULLO 

Na mañá do 25 de xullo, o paso restrinxido pola praza abarcará das 9:00 ás 14:00 horas.

Este mesmo día e por mor das manifestacións que sairán da Alameda, recoméndase aos condutores evitar o entorno da praza de Galicia entre as 11.30 e as 14.30 horas.





Dende a Concellería de Medio Ambiente e Convivencia do Concello prégase desculpen as molestias que estas medidas poida ocasionar.

Ningún comentario: