Presentada en Compostela a Unidade de Cabalería do Corpo Nacional de Policía que traballará na prevención d eincendios
Santiago, 18/07/2016 - A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañaron ao delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e ao xefe superior da Policia Nacional en Galicia, Manuel Vázquez, na presentación oficial da Unidade de Cabalería do Corpo Nacional de Policía, que volve desenvolver este verán a súa actividade dentro do marco da Operación Lumes.
A Consellería do Medio Rural, que coordina o operativo de loita contra o lume, valora especialmente a colaboración entres as diferentes administracións nesta tarefa, e de modo particular a implicación dos corpos e forzas de seguridade do Estado.
Medio Rural pide ademais á cidadanía que preste o seu apoio a todos os integrantes do dispositivo contra incendios, tanto no que se refire ás alertas de lume (chamando ao teléfono 085) como denunciando as posibles prácticas incendiarias das que teña coñecemento.
Con motivo deste despregue das patrullas a cabalo, desde o departamento que dirixe Ángeles Vázquez faise un novo recoñecemento ao esforzo e dedicación dos compoñentes do operativo que traballan baixo o mando único da Xunta, e que en tempada de alto risco suman ata 7.000 efectivos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario