Brión, 21/07/2016 - O adro da igrexa de Ons acolle hoxe ás 22:30 horas, a proxección da película “The way”, incluida no programa “Noites de cine ao aire libre”, organizado polo Concello de Brión en colaboración coa Rede Cultural 2016 da Deputación da Coruña. A entrada é totalmente libre e de balde. En caso de choiva, a proxección trasladaríase ao centro social polivalente.
“The Way” é una película estadounidense dirixida por Emilio Estévez sobre o Camiño de Santiago, rodada en España en 2009 e estreada en 2010. Un filme protagonizado por Martin Sheen e o seu fillo Emilio Estévez que serviu para promocionar o Camiño de Santiago en Estados Unidos.
Para o sábado 30 de xullo quedará unha última proxección, programada inicialmente para o 11 de xullo pero que non se puido celebrar por motivos técnicos. O lugar e o filme son os mesmos: “Criadas e Señoras”, ás 22:30 horas no adro da Igrexa de Bastavales.
Ningún comentario:
Publicar un comentario