Santiago, 21/07/2016 - Obradoiros artesáns organizados para nenos e nenas, familias e tod@s os que queirades achegarvos ao mundo da Artesanía de Galicia. Sen inscrición previa.
Datas: 22 e 23 de xullo na Fundación Eugenio Granell,
Praza do Toural, Santiago de Compostela
OBRADOIRO DE MANIPULADO DE PAPEL
Os nenos e nenas asistentes empregarán o papel para dar renda solta á súa creatividade elaborando distintas formas con técnicas de papiroflexia.
Impartidos pola artesá e educadora social Palmira Castro, do obradoiro Mimadriña.
Data: 22 de xullo // Horario: 16:00 - 19:30
Data: 23 de xullo // Horario: 12:00 - 13:45 / 17:00 - 19:30
OBRADOIRO DE CESTARÍA CON PAPEL RECICLADO
Os nenos e nenas asistentes coñecerán as técnicas básicas de cestaría para elaborar pequenos cestos con papel reciclado.
Impartido pola artesá do téxtil María José Martínez.
Data: 22 de xullo // Horario: 16:00 a 19:30
OBRADOIRO DE TORNO CERÁMICO
Os asistentes coñecerán as técnicas básicas de torneado e modelado para elaborar pequenas pezas da olería tradicional galega.
Impartido polos ceramistas Susana González, Antón Román e Roberto Piñeiro.
Data: 22 de xullo // Horario: 16:00 - 19:30
Data: 23 de xullo // Horario: 12:00 - 13:45 / 17:00 - 19:30
OBRADOIRO DE ESCULTURA EN VIMBIO
Os asistentes coñecerán as técnicas básicas da cestería en niño para elaborar unha peza escultórica.
Impartido pola cesteira contemporánea Idoia Cuesta.
Data: 22 de xullo // Horario: 16:00 - 19:30
Data: 23 de xullo // Horario: 12:00 - 13:45 / 17:00 - 19:30
OBRADOIRO DE CESTERÍA TRADICIONAL
Os asistentes coñecerán as técnicas básicas da cestería tradicional galega.
Impartido pola mestre cesteiro Antonio Suárez.
Data: 22 de xullo // Horario: 16:00 - 19:30
Data: 23 de xullo // Horario: 12:00 - 13:45 / 17:00 -19:30
OBRADOIRO DE GRAVADO. A COLOGRAFÍA
Os asistentes coñecerán as técnicas básicas para a creación dun gravado mediante a técnica da colografía, consistente no pegado de obxectos nunha matriz.
Impartido polo artista gráfico Xabier de Sousa.
Data: 22 de xullo // Horario: 16:00 - 19:30
Data: 23 de xullo // Horario: 12:00 - 13:45 / 17:00 - 19:30
Ningún comentario:
Publicar un comentario