Santiago, 20/07/2016 - A Quintana estará presente no documental que Carles Bosch está gravando sobre a figura de Joan Ximénez, Petitet, fillo do que fora palmeiro de Peret e auténtico persoeiro xitano do barrio barcelonés do Raval. Dentro da programación das festas do Apóstolo, onte actuaron Petitet e a súa Orquesta Sinfónica de Rumba del Raval sobre quen trata o traballo de Bosch
A longametraxe, titulada Rumba pa´ti, contará a historia deste defensor da pureza da rumba, e de como traballa para cumprir a promesa que lle fixo a súa nai antes de morrer: que actuaría en grandes teatros como o Palau ou o Liceu, cunha orquestra sinfónica dedicada á rumba catalá.
Tamén dará conta do reto persoal que supón para Petitet afrontar a súa carreira musica padecendo unha enfermidade dexenerativa grave e incurable. Deste xeito, o documental convértese nun traballo sobre a superación persoal, sobre a historia da rumba catalá, ese estilo musical que naceu nos barrios de Barcelona, e tamén sobre os xitanos da cidade condal.
E hoxe continua a festa en toda a cidade:
ARTELLANDO NOS BARRIOS
12:00 H ELEFANTE ELEGANTE: LOBO
BOBO. CSC LARAÑO
12:00 H ANA CARREIRA: PEQUENAS
HISTORIAS. CSC NEMENZO
19:00 H ELEFANTE ELEGANTE: LOBO
BOBO. CSC A GRACIA
19:00 H JAVI JAVICHI: VELÓ COMO EL
RAYO. PRAZA ROXA
ARTELLANDO NOS RECUNCHOS
21:00 H L.A.R. LEGIDO:
PERFORMANCE PRAZA DA OLIVEIRA
22:00 H NEW WORLD GOSPEL ENSEMBLE MO
RODGERS BLUES BANDPRAZA DA QUINTANA. ENTRADA LIBRE
ARTELLANDO NA NOITE
23:00 H CONCERTO MARÍA RODÉS
(BARCELONA/COPLA). PRAZA DO TOURAL
Ningún comentario:
Publicar un comentario