Arzúa Viva, unha alternativa de ocio para os mozos a finais deste mes

Arzúa, 22/07/2016 - O domingo, 31 de xullo, terá lugar en Arzúa unha nova edición, e xa van nove, do programa de ocio estival Arzúa Viva que organiza o Departamento de Cultura e que se converte cada ano nunha xornada lúdica diferente e fresca dirixida especialmente aos máis novos.
Dende a organización seguen apostando por organizar actividades ao longo de toda a xornada de festa e en diferentes escenarios.

Así, pola mañá das 10:30 ás 13:30 haberá propostas de aventura ao aire libre na Área Recreativa de Ribadiso onde se poderá participar de xeito gratuíto nas actividades de tirolina, ponte mono, ponte tibetana e bóla de aire. 

Pola tarde, das cinco ás oito do citado día, a Praza de Galiza contará con varias actividades gratuítas e de acceso libre como inchables, táboa de surf, canasta inchable ou carriño de creps doces de balde. 

A festa contará tamén cun espectáculo itinerante a cargo da compañía ‘Troula Animación’ durante a tarde.

Todas as actividades serán transladadas, en caso de mal tempo, ao Recinto Feiral Terra do Queixo.

Ningún comentario: