PROGRAMA GALAEUROPA 2015. CONCELLO DE NEGREIRA
O concello de Negreira, participa por primeira vez nun programa de mobilidade trasnacional
europeo, solicitando un programa de prácticas laborais non remuneradas para os
países de Alemania, onde se solicitan 3 mobilidades para o sector
de automoción electromecánica, como é a primeira vez que participamos non temos
socios europeos co que estamos a espera
de que a Dirección Xeral de Xuventude nos envíe os socios colaboradores no caso
de que nos concedan o proxecto. Portugal (3 mobilidades) para
o sector da hostalería, Italia (3 mobilidades) para o
sector turístico e Reino Unido (3 mobilidades) para o sector do comercio e
do marketing.
Obxetivos;
-
Aumentar a empregabilidades dos rapaces entre 16 e 25 anos, mediante a
adquisición de coñecementos, de prácticas profesionais, e de mellora nun
idioma. (disminución da taxa de paro juvenil)
-
Colaboración con empresas e con organismos de prestixio e foráneos onde
poden darnos outro punto de vista á hora de traballar, de enfocar as saídas
profesionais, de aumentar o abanico de posibilidades laborais.
-
Acceder a novas tecnoloxías que agora mesmo na nosa provincia se limitan
por motivos evidentes de crise e endebedamento.
-
Incrementar a competitividade dos nosos mozos e mozas.
-
Internacionalización de recursos humanos, de profesionalidade, de enfoque,
de vida, de posibilidades, etc...
-
Implantación efectiva do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil; ferramenta
que axudará a apoiar a redución da taxa de desemprego xuvenil, mellorando as
cualificacións e o fomento da contratación e o autoemprego da poboación xoven.
Consideramos que non só
ten ventaxas dende o punto de vista profesional ou educacional senón tamén
persoal.
Beneficiarios;
- Mozos/as maiores de 16
anos e menores de 25, ou menores de 30 anos con algunha minusvalía maior ou
igual ó 33%.
- Inscritos no Sistema
Nacional de Garantía Xuvenil (recurso ou medida que pon en marcha a Consellería
de Traballo e Benestar para disminuir o paro xuvenil.
- Ter nacionalidade
española ou ser cidadáns da UE.
- Non haber recibido
accions educativas que supoñan máis de 40 horas mensuais en 90 días naturais
anteriores á fecha de presentación de solicitude (no SNGJ)
- Presentar unha
declaración de intereses e motivación para presentarse ó programa, adquirindo
un compromiso de participación activa.
- Inscrición no Sistema
Nacional de Garantía Juvenil (na páxina de Ministerio de Empleo e Seguridade
Social).
- Ter formación
relacionada coa práctica laboral solicitada.
Este programa ten unha
duración de 2 meses de estancia, e ós rapaces
que se beneficien do programa tendrán os seguintes custos financiados;
-
Gastos da viaxe, ida e volta.
-
Gastos de manutención e estancia dependendo do país cerca de 1200€
mensuais.
-
Gastos para formación lingüística no país de orixe 150€.
-
Gastos excepcionais acreditables; gastos para vacunas, visados, seguridade
social, etc,,
-
Transporte local financiado.
Para nos como entidade,
financiannos a Organización e Planificación do proxecto; 1800€ e gastos
posibles de execución e desenvolvemento aproximadamente 5.000€.
Os candidatos para este programa de mobilidade pasarán un proceso selectivo
onde se valorará; o seu interese, o seu nivel de idioma, si é a primeira vez
que participan ou si xa o fixeron con anterioridade, obxectivos dos aspirantes,
antigüedade inscrición no Sistema Nacional de Garantía Juvenil, etc...
Antes de realizar a mobilidade os rapaces, asistirán a un
curso de perfeccionamento e posta en contacto de idioma entre
25 e 30 horas de duración, xunto cunhas xornadas de posta en contacto do
país e da entidade socia asignada.
No caso das mobilidades a Alemania, tamén se solicitou un
mentor a maiores para os rapaces que fagan alí as prácticas por a dureza do idioma e por a pouca flexibilidade dos alemans co idioma.
CRONOGRAMA;
XULLO; solicitude e preparación da difusión e
publicidade.
AGOSTO; Seguimos coa difusión, captación e selección de candidatos.
SETEMBRO; posta en
marcha do programa de mobilidade ata 31 de OUTUBRO.
Persoas asignadas ó programa; Sonia Nieto López
(Orientadora Labora), Natalia Suárez García (Mestra de adultos) e Sonia Ponte
Esturao (Axente de Emprego e Desenvolvemento Local) .
O Coste total do proxecto solicitado desglosase da
seguinte forma;
-
CUSTO DAS 12 MOBILIDADES............................39.000€
-
CUSTO DA ORGANIZACION E EXECUCION.....6.800€.
TOTAL................................................................................................45.800€
Ningún comentario:
Publicar un comentario