As
Festas do Apóstolo descentralizaranse este
ano, celebrándose mais alá do
centro histórico da Cidade e recuperando espazos que nos últimos anos non acollían ningún tipo de espectáculo.
Inspirándose na organización de festas o máis participativas e abertas
posible, a Concellería de Acción Cultural poñerá en marcha por primeira vez ARTELLANDO, unha
programación na que participarán máis
de 130 artistas e co que se inaugurará en Compostela un novo modelo de festas,
máis creativas, inclusivas e para todo tipo de público.
ARTELLANDO
desenvolverase dentro da programación das Festas do Apóstolo 2015, entre
o sábado 18 de xullo e o xoves día 23 de
xullo. Serán seis días nos que tanto
barrios da cidade como o rural compostelán acollerán espectáculos musicais, teatrais, contacontos e de circo para todo tipo de público, con programación
infantil, familiar e adulta, a través da que se reclamará a
cultura como espazo de convivencia popular, habitual e de ocio. (Ver cadro anexo con toda a programación por días, lugares e horas).
Pensando
en que as festas do Apóstolo deben ser para todas as persoas, ARTELLANDO quere ser a festa das veciñas
e veciños do centro de Compostela e tamén dos
barrios, da área rural e de toda a xente
de fóra que se achegue
á cidade, tendo en conta que a cultura das festas é un motor económico
importante para o comercio e a hostalería
compostelá.
En
colaboración co sector cultural da cidade e contando con diferentes entidades e colectivos
que traballan neste eido, ARTELLANDO inclúe unha programación dividida en cinco bloques que, ademais,
rematará con dúas grandes festas. Así, contémplase o ARTELLANDO NOS BARRIOS, que, desde o día 18 e até o 23, en
horario de 12:30 da mañá e 19:00 da tarde levará
a Fontiñas, Sar, Parque da Trisca, Nemenzo,
Santa Marta, Castiñeiriño, A Gracia, Vite, San Lourenzo,
Figueiras, Conxo, Meixón Frío, Brañas de Andrés e Amio os espectáculos
teatro-musicais de Os 7 magníficos+1, Chus Caramés, Inacio Vilariño, Peter
Punk, Brais das Hortas, Contos Daboapipa e Larraitz Urruzola. E na Praza Roxa, con diferentes propostas
para público familiar a cargo de Babaluva, O
Bandullo Azul e Raquel Queizás.
ARTELLANDO
NOS RECUNCHOS encargarase de que espazos como San Martín Pinario, a Praza
Salvador de Madariaga, Recantos de San Andrés, o CGAC, Mazarelos e as Escaleiras do Museo do Pobo tamén
acollan programación cultural. Neste caso serán
espectáculos para público adulto, ás 21:30 horas, que poderá desfrutar das propostas contemporáneas de Dulce Duca,
Guillerme Fernández e Ricardo Barreiro, Karlos
Quintá, Ánxela Blanco, Rut Balbís e Cristina Montero ou Vuletos de Rosca como protagonistas.
Xa
para as horas máis nocturnas, ARTELLANDO NA NOITE ten previstos varios concertos ás 23:00 horas na
céntrica Praza do Toural, con Alba María, Fado
Violado, Fetén Fetén Fetén e
Marcelo Mercadante.
ARTELLANDO tamén inclúe, a maiores, unha programacion de Sesión
Vermú ás 13:00 horas o sábado 18 de xullo, a cargo da Magnifique Bande na zona vella compostelá, e o domingo 19 de
xullo con Linho do Cuco.
GALA DE CIRCOMPOSTELA E ROMERÍA CATIVA, OS DOUS GRANDES EVENTOS
O
Festival terá como actos centrais dúas grandes festas: Unha será o mércores 22 de xullo:
“CIRCOMPOSTELA”. Trátase da organización dunha gran Gala de
Circo na que as entidades
compostelanas Culturactiva SCG e Pistacatro unirán as súas forzas para presentar
un gran evento de festa no Parque de Belvís ás 22:30 horas. Será un espectáculo de gran formato para todos
os públicos coa participación de diversas compañías de clown e circo da cidade e cunha
banda de música ao vivo. Acrobacias aéreas, clown e humor, malabares, interacción co público, o encanto
da música en directo e unhas
mestras de cerimonias moi especiais que como nexo compoñerán esta gala de novo circo de dúas horas de
duración. Tratarase de exhibir toda a maxia e
a ilusión do circo que se está a facer actualmente na capital galega, a
través dunha producción para nenas,
nenos, donas e cabaleiros.
A
outra gran festa do ARTELLANDO será ao día seguinte, o xoves 23 de xullo, e consistirá
na “Romaría Cativa no Parque de Bonaval”, que se
desenvolverá desde as 16:30 horas
até as 21:00 horas. A música de María Fumaça e Mamá Cabra, os espectáculos de circo da Compañía
Duelirium, os espectáculos de danza da Compañía
Transpediante, un obradoiro de música a cargo de Trópico de Grelos, xogos populares e obradoiros de creación da man de Babaluva farán deste un día moi
especial para os máis pequenos da
casa e as súas familias.
|
|
Sábado 18 xullo
|
Doming o 19 xullo
|
Luns 20 xullo
|
Martes 21 xullo
|
Mércores 22 xullo
|
Xoves 23 xullo
|
|
Barrios
|
-Fontiñas
(área Central) 12:30h
Os sete magníficos mais
un
-Sar ás 12:30h
Chus Caramés
-Parque da trisca 19h Inacio Vilariño
|
|
-Nemenzo 12:30h
Peter
Punk
-Santa Marta 12:30h
Chus Caramés
-
Castiñeiriñ
o 19h Peter
Punk
|
-A Gracia 12:30h
Brais das hortas
-Vite:
12:30h Contos
Daboapipa
-San Lourenzo 19h Contos Daboapipa
|
-Figueiras 12:30h
Os sete magníficos
mais un
-Conxo
12:30h
Inacio Vilariño
Meixonfrio 19h
Larraitz Urruzola
|
-Brañas de Andrés
12:30h
Larraitz Urruzola
-Amio 12:30h
Brais das Hortas
|
|
Praza Roxa
|
19:00h
Praza Roxa
Lume Cía.
Babaluva
|
|
|
19:00h
Praza
Roxa A increible
Historia de Robinson Crusoe
Cía. O
Bandullo
Azul
|
19:00h
Praza Roxa
O
segredo do Tendal
Cía.
Raquel Queizás
|
|
|
Recunchos
|
21:30
Um Belo día Dulce Duca
San Martiño Pinario
|
21:30h
Viriscro n Guillerm
e Fdez Ricardo de Barreiro
Praza Salvador
parga
|
22:30h
/ 23:00h
Jean Vigo A
propósit o de Niza Carlos Quintá
Recantos de San Andrés
|
21:30h
Olivia necesita verán Ánxela Blanco
Detrás do CGAC
|
21:30h
SÓ UNHA ESCUSA
Rut Balbís +
Cristina Montero
Praza Mazarelos
|
21:30h
Totum Revolutom
Vueltos de Rosca
Escaleiras do Museo do Pobo Galego
|
|
Toural
|
23:00h
Concerto Toural
Alba María
|
23:00h
Concerto Toural
Fado Violad
o
|
23:00h
Concerto Toural
Fetén Fetén
|
23:00h
Concerto Toural
Marcelo
Mercadan te
|
|
|
|
Outros
|
13:00h
Sesión vermú
Magnifiq
ue Bande
|
13:00h
Sesión vermú
Linho do Cuco
|
|
|
22:30h
Parque de Belvís
Gala Circo
CIRCOMPOSTE LA
|
16:30h –
21:00h
Parque de Bonaval
Romarí a cativa
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario