Amosando publicacións coa etiqueta ANTROIDO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANTROIDO. Amosar todas as publicacións

Oroso - Obradoiros de máscaras de antroido

O Concello de Oroso abre o prazo de inscricións en dous obradoiros para a elaboración de máscaras de Entroido, un para nenos e outro para adultos, que comezarán a impartirse a finais deste mes de xaneiro. As inscricións poden formalizarse no centro cultural de Sigüeiro ou no 981 690 903.

O obradoiro para adultos impartirase os días 20, 23, 27 e 30 de xaneiro, así como o 3 e o 6 de febreiro; mentres que o obradoiro infantil terá lugar os días 4 e 5 de febreiro. En ambos casos o horario será de 16:30 a 18:30 horas e lugar de impartición será o centro cultural de Sigüeiro. Os prezos serán de 15 euros (nenos maiores de 6 anos) e de 20 euros (adultos).

Lindeiros - As bandeiras e a auga da traida protagonistas dos atranques en Teo (vídeo)

Onte comenzaron os atranques nos Xeneráis do Ulla, unha tradición que se manterá nas próximas fins de semana; Lindeiros estivo en San Cristobo de Reis, en Teo, e alí as bandeiras do concello e a traída municipal de auga servirón para a loita que podedes ver a continuación

Teo - Comeza o antroido e o TapasTeo

A parroquia de Reis abre o entroido no concello de Teo esta fin de semana
Un total de quince persoas a cabalo abrirán a comitiva carnavalesca na que pode participar o demo, un personaxe característico desta parroquia 

Silleda - A Bandeira bate record de premios no antroido

A Bandeira bate o récord en premios no seu entroido e estrea unha representanción itinerante de cabezudos

Lindeiros - Presentase o Antroido Gastronómico sen a presencia de Teo polo transporte metropolitano (audios)

Onte presentouse o Antroido Gastronómico vinculado os Xeneráis do Ulla no concello de Santiago coa presencia da concelleira de Turismo de Santiago, Reyes Leis; o alcalde de Touro, Ignacio Codesido; o alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero; o concelleiro de Turismo de Vedra, Manuel Costa; Carlos Martínez; o concelleiro de Cultura da Estrada, Juan Constenla; e o concelleiro de Comercio de Silleda, Luis Rodríguez Vázquez, a directora de promoción de turismo de Galicia, Carmen Pita e sin ningún representante do concello de Teo.

Teo - Comeza o TapasTeo vinculado o antroido

Os hostaleiros teenses propoñen comernos o entroido de tapas polo concello
Os petiscos elaborados para o novo Concurso de tapas en Teo teñen que estar elaborados con produtos típicos do entroido
O concurso comeza este venres 21 de febreiro e remata o 9 de marzo e participan catorce establecementos e a Cantina do Mercado do alimento labrego de Teo

Brión - Aberta a inscrición no concurso de disfraces de antroido

O Concello de Brión abre hoxe o prazo de inscrición no seu concurso de disfraces de Entroido, que repartirá 2.200 euros en premios
A festa terá lugar o domingo 9 de marzo no polideportivo municipal

Silleda - O Antroido comeza o 22 de febreiro

Silleda abre a programación de entroido o vindeiro sábado 22 de febreiro

Teo - Segunda edición do concurso de tapas centrada no antroido

A segunda edición do concurso de tapas en Teo presentará quince tapas elaboradas con produtos típicos do antroido
Esta segunda edición do Tapas Teo farase entre os días 21 de febreiro e o 9 de marzo
Os petiscos elaboraranse con produtos típicos do entroido
Os hostaleiros e o Concello acordaron incrementar os premios ós que optan os clientes

Oroso - O concurso de disfraces terá lugar o 1 de marzo

O Concurso de Disfraces de Entroido de  Oroso terá lugar o sábado 1 de marzo
e repartirá 3.170 euros en premios
As inscricións poden formalizarse no centro cultural de Sigüeiro, ata o 28 de febreiro, e o 1 de marzo no polideportivo, de 16:30 a 17:30 horas