As funcións serán mércores 7 e xoves 8 de xaneiro ás 20.30h no Teatro Principal. ). Prezo das entradas 10€.
O bono, que se pode mercar no Principal e no Salón Teatro, permitirá asistir a 5 funcións a escoller por un prezo de 35€ (excepcionalmente algunha representación pode requirir un suplemento
A obra ‘Selección Natural’ de Lola Correa e posta en escena por Teatro do Noroeste e Tranvía Teatro abre unha nova edición da programación de Teatro Galego (e Portugués) do ano 2015 que organizan o concello de Santiago en Agadic.
Luma Gómez e Cristina Yáñez, dan vida a Lina e Rut que son dúas irmáns que tomaron camiños moi diversos. Odiáronse sempre e buscaron o xeito de desfacerse a unha da outra. Pero a vida ou máis ben a necesidade, volve xuntalas. A unha, cómplice das corruptelas do seu home, busca refuxio na casa da outra… con escuros e teimados intereses.
A partir dese momento, desátase unha trama de intriga, persecucións, maletíns e bolsas de cartos, mafiosos personaxes e cadáveres que a acción irá deixando debaixo dos sofás ou agochados nos armarios, en unha sorte de atolado e disparatado viaxe onde as nosas protagonistas intentarán sobrevivir co seus propios medios por “selección natural”. Conseguirán estas dúas mulleres seu propósito ou serán devoradas na inmensa selva da corrupción e os intereses políticos?
Selección Natural é una comedia disparatada e trepidante, dirixida por Eduardo Alonso, é un divertido enredo, un delirante espello deformado que ri, con distancia crítica e profiláctica, da nosa realidade máis inmediata.

Ningún comentario:
Publicar un comentario