Ordes - Celebrado o concerto de nadal da Banda Municipal

A Banda de Música de Ordes ofreceu o seu tradicional concerto de Nadal ante un auditorio que rexistrou un cheo total. 

Unha cita que se repite ininterrumpidamente dende hai máis de vinte anos, e coa que se lle brinda a oportunidade a todos os veciños e veciñas de desfrutar de boa música nestas datas tan sinaladas.

 Entre os asistentes que acudiron á casa da cultura non faltaron o alcalde de Ordes e o concelleiro de Asociacións, José Luis Martínez Sanjurjo e José Manuel Rodríguez respectivamente. O espectáculo está englobado dentro do programa de Nadal organizado polo Concello de Ordes, que continuará esta tarde co espectáculo infantil de maxia ‘Animáxicos’.

Ningún comentario: