Silleda - Este xoves carreira de San Silvestre

A carreira popular de San Silvestre volta ás rúas de Silleda o vindeiro xoves día 31. O certame, organizado dende o Concello de Silleda en colaboración coa Deputación de Pontevedra, comezará ás 12.00 horas dende a praza Juan José Salgueiro (antiga Praza da Feira Vella). Está aberta a todos os públicos e as persoas que desexen participar poden anotarse o propio día da carreira na mesma praza dende as 11.00 horas, sen necesidade de anotarse previamente.

O percorrido será circular, partindo da citada praza e pasando pola rúa Outeiro, avenida Recinto Feiral, rúa Progreso e volta por Outeiro de novo á praza. Haberá varios itinerarios, un senior de 5 kilómetros (5 voltas, que serán 4 no caso da categoría feminina) e un infantil de 1 kilómetro.

Dende a Concellería de Deportes anímase a todos os vecinos e veciñas a participar nesta cita lúdica e deportiva, con agasallos e premios para todos os participantes, un certame que se recupera dentro do Programa de Nadal para despedir o ano.

Ningún comentario: