Mañá sábado día 2 celébrase no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira o Concerto de Ano Novo, un clásico xa no programa de Nadal cunha cita que reúne a todas as agrupacións da localidade silledenses.
A cita será ás 19.30 horas, coa actuación dos grupos folclóricos Xirandola e Fortín da Pomba, o Coro Vales Mahía, a Banda Recreativa e Cultural de Bandeira e tamén este ano se incorpora o grupo de teatro Medias Verdes, con sketchs realizados polos membros da entidade que se encargarán de introducir as distintas actuacións.
A cita terá un carácter solidario, dentro da axuda que se está a prestar aos campamentos de refuxiados do Sáhara. Esta será unha das citas do programa na que se recadarán fondos para esta causa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario