O Concello de Melide está a colaborar na organización dun curso de Comercio On - Line que vai comezar no mes de Xaneiro. O curso está dirixido a mulleres (desempregadas, estudiantes ou traballadoras en activo de calquera sector) que estean interesadas en formarse no ámbito do comercio online, do marketing ou do comercio en xeral.
Esta acción formativa é semipresencial : on line (60h) e presencial e a distancia (40 h). Polo tanto, para a realización do curso vai ser necesario usar un ordenador con conexión a internet.
O curso, que é totalmente gratuíto, vai ser impartido pola Federación GALICECAN, e está subvencionado e avalado polo Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade.
Para informar detalladamente sobre en qué vai consistir o curso, a súa distribución por horas e días, o temario que se vai impartir, etc, vaise celebrar unha xornada informativa sobre o mesmo este próximo luns 28 de decembro as 20:30 , na Sala de Conferencias do Edificio Multiusos de Melide.
A asistencia a esta xornada informativa non supón compromiso ningún de asistencia ao curso, tan só se trata dunha xornada de presentación onde se vai explicar todo o necesario sobre o curso para que as posibles interesadas poidan valorar mellor a súa participación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario