Dúas novas estreas para o primeiro de ano
|
|
| Velaquí o último boletín de novidades deste 2015, centrado xa no que chegará a NUMAX estes primeiros días de 2016. Mañá mesmo, venres 1 de xaneiro, saudamos o ano con dúas novas estreas que veñen renovar a carteleira do cinema: falamos de La academia de las musas, última obra de José Luis Guerín, e d'A odisea de Alice (Fidelio), dirixida por Lucie Borleteau. Guerín é ben coñecido desde que no ano 2001 estreara En construcción, un filme que na altura abría as portas do documental español cara a terreos daquela non moi transitados pola filmografía estatal. Virían logo títulos como En la ciudad de Sylvia ou Guest, até chegar a este novo filme que vén de gañar o Giraldillo de Oro do Festival de Cine Europeo de Sevilla. Borleteau, pola súa banda, debuta na longametraxe con esta A odisea de Alice, logo de asinar tres filmes de media metraxe e traballar como guionista de Claire Denis e asistente de dirección de Arnaud Desplechin, dous dos cineastas franceses máis destacados do panorama actual. |
|
Últimos pases
Sufraxistas continúa en cartel unha semana máis, ao mesmo que La novia, aínda que no caso desta última cun último pase o xoves 7 de xaneiro.
|
|
Presentación de “Cadena de frío”, estrea na poesía de Fran Gayo
O venres 8 de xaneiro ás 20:00 presentaremos en NUMAX, coa presenza do autor, o poemario de debut de Fran Gayo, Cadena de frío, que acaba de publicar a editora de Xixón Suburbia Ediciones na colección malas tierras.
|
|
|
|
|
Alice, de trinta anos, é mecánica de barcos e está a piques de comezar unha viaxe difícil de esquecer. Deixa o seu prometido Félix en terra e únese á tripulación dun vello buque de carga, o Fidelio.
|
|
|
Logo de impartir as súas aulas, un profesor de filoloxía é interrogado pola súa muller, que desconfía do enfoque pedagóxico que, a través dunha "academia das musas" inspirada en referencias clásicas, pretende rexenerar o mundo mediante a poesía. Este controvertido proxecto seu, desencadea unha serie de situacións dominadas pola linguaxe e o desexo.
|
|
|
Venres 01 de xaneiro
16:00 La novia (vo) 18:00 Sufraxistas 20:10 La academia de las musas (vo) Estrea 22:00 A odisea de Alice Estrea
Sábado 02 de xaneiro
12:00 Sufraxistas 16:00 La novia (vo) 18:00 A odisea de Alice 20:00 La academia de las musas (vo) 21:50 Sufraxistas
Domingo 03 de xaneiro
12:00 La novia (vo) 16:00 Sufraxistas 18:00 La academia de las musas (vo) 19:50 Sufraxistas 22:00 A odisea de Alice |
Martes 05 de xaneiro
12:00 Sufraxistas 16:00 La academia de las musas (vo) 17:50 Sufraxistas 20:00 A odisea de Alice 22:00 La novia (vo)
Mércores 06 de xaneiro
16:00 A odisea de Alice 18:00 La novia (vo) 20:00 La academia de las musas (vo) 21:50 Sufraxistas
Xoves 07 de xaneiro
12:00 La novia (vo) 16:00 La academia de las musas (vo) 17:50 Sufraxistas 20:00 La novia (vo) Último pase 22:00 A odisea de Alice |
|
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario