PRADAIRO presenta ‘Pateado’
O ciclo Sons13 presenta sábado 6 de abril ás 20.30h ‘Pateado’ que é a reafirmación das nosas músicas como punto de partida irrenunciable para chegar a unha proposta musical diferente coa que nos poidamos sentir identificados
Dous anos despois de presentar o seu primeiro traballo, Pradairo volve cunha nova proposta chea de tradición e innovación, sentimento e creatividade na que se mesturan sen complexos o mellor da música de raíz e do folk actual. Pateado é a reafirmación das nosas músicas como punto de partida irrenunciable para chegar a unha proposta musical diferente coa que nos poidamos sentir identificados.
Dez músicos, dez temas, dez realidades sonoras que flúen sen esforzo por todas as tímbricas dos nosos instrumentos coloreados con tinguiduras doutras terras. Ritmo e creatividade cos pés na terra.
PRADAIRO nace en outono de 2006 co obxectivo de levar adiante un proxecto que aportará un valor engadido ao traballo de campo realizado en Galicia nas últimas décadas. A súa idea musical plásmase por premira vez nunha maqueta gravada nos estudos de son da Radio Galega nos meses de febreiro e marzo de 2007. Conseguen o primeiro premio, gravación dun disco, no certame de música folk Radio Obradoiro (Grupo El Correo Gallego).
En 2008 editan o seu primeiro disco “Aliaxe”, realizando máis de vinte actuacións por toda a xeografía galega ao largo do verán e destacan como finalistas do certeme Runas no festival de Ortigueira.
No ano 2009 Pradairo é seleccionado para participar no concurso Löic Raison de grupos noveis do festival intercéltico de Lorient e obtén a segunda posición.
Prezo das entradas 5 euros
Puntos de venda
Billeteira do Teatro Principal. Aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.
Os días que hai evento no teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.Teléfono da billeteira: 981 542 349

Ningún comentario:
Publicar un comentario