BNG Comarcal - o BNG renova a sua executiva na comarca nun 50%

O BNG de Compostela elixe novo Consello e Executiva Comarcal e terá como Responsábel a Alexandre Pérez Queiro
Os militantes do BNG da Comarca de Compostela reuníronse onte para elixir os novos órganos de dirección comarcais dando así continuidade ao proceso da XIV Asemblea Nacional que está a levar a cabo a formación nacionalista. Os militantes apoiaron a candidatura única presentada na Asemblea a proposta do Consello Comarcal saínte que vén presentar unha renovación do 50% dos seus membros así coma do Responsábel Comarcal, que será Alexandre Pérez Queiro substituíndo a Ignacio Louzao. Pérez Queiro, militante no concello de Ames, é funcionario na Xunta de Galicia e colabora activamente con diversas entidades sociais e culturais entre a que destaca o seu traballo na Asociación Cultural Lúa Chea que organiza o Festival Música na Noite en Teo.

Acompañarán a Alexandre Pérez Queiro na Executiva Comarcal, que estará formada por nove persoas, Almudena Taboada, de Teo, como vicerresponsábel comarcal; Héctor López de Castro; Lucía Vázquez; Neal Baxter e Míriam Fernández de Santiago; Diego Boquete de Oroso; Paula Castro de Ames e Armando Fernández tamén de Santiago. 


O resto de persoas que formarán parte do Consello Comarcal, que se renova como diciamos nun 50%, son: Concha Lópes de Teo; Ramiro Recouso de Ordes; Elvira Cienfuegos de Santiago: Oscar Valadares de Ames; Laura Arjonilla de Santiago; Xoán Cabo de Rois; Ana García de Val do Dubra; Xesús Pena de Brión; Paula Castenda de Ordes; Xoán Xosé Fidalgo de Ames; Marta Labandeira García de Frades; Manuel Anxo Fdez. Baz de Teo; Ana Pintos de Teo; Manuel Dacal de Santiago; Inma García Escourido de Santiago; Gonzalo Veiras de Ordes; e Ana Belén Pontón Mondelo de Santiago.
O Consello Comarcal completarase co nomeamento do representante que faga Galiza Nova así como dos responsables locais dos 18 concellos que conforman a comarca (A Baña, Ames, Boqueixón, Brión, Frades, Negreira, O Pino, Ordes, Oroso, Padrón, Rois, Santiago, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra). Con este proceso, o de nomeamento de responsables locais de todas as localidades darase por pechada a XIV Asemblea Nacional da formación frontista.

Ningún comentario: