Un total de 20 veciños de Oroso participaron no curso de condutor de carretilla organizado polo Concello de Oroso. Durante as 20 horas lectivas do curso, os alumnos recibiron unha formación que os capacita para conducir carretas elevadoras con precisión e seguridade, realizar tarefas de paletización e despaletización, así como facer operacións de mantemento e reparacións básicas na propia máquina.
O centro cultural de Sigüeiro albergou as sesións teóricas, impartidas por especialistas de “Recursos, consultoría e información” de acordo ás normas de seguridade e de prevención de riscos laborais. Posteriormente, os alumnos desprazáronse ata o Polígono do Tambre (Santiago), onde recibiron cinco horas de formación práctica manexando carretillas elevadoras.

Ningún comentario:
Publicar un comentario