Santiago - axenda domingo 27 e actuacións policía local


Domingo 27

Letras Galegas
11 a 14 h na Praza do Toural, Galego de cine (actividade promovida pola Rede de Dinamización Lingüística). Facemos unha película:[Achegámonos á linguaxe audiovisual a través de películas en galego e cun taller que rematará coa creación dun conto orixinal e a súa gravación en vídeo]
Inscrición previa (20 prazas) no Departamento de Lingua Galega (dlg@santiagodecompostela.org / Tfno.: 981 54 24 09). Imos ao cine:[Proxeccións de cine en galego dentro dunha caravana. Simultáneas ao desenvolvemento do obradoiro anterior e abertas sen inscrición previa]

18.30 h
No Auditorio de Galicia, musical infantil-familiar 'Pinocho, un conto musical'.

19.00 h
No Teatro Principal, Chévere presenta 'Citizen, a triloxía completa'. Dirixida por Xesús Ron e con Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Nekane Fernández e Iván Marcos.

POLICIA LOCAL

Servicios Prestados dende as 08:00 h. do día 25 de maio ata ás 08:00 do día 26 de maio


ACCIDENTES DE TRAFICO
·        Ás 09.05 h. no viaducto da Rocha, entre dous vehículos, resultando danos materiais

·        Ás 11.00 h. na vía Faraday, entre dous vehículos, resultando danos materiais.

·        Ás 13.05 h. na rúa Santa Clara, entre dous vehículos, resultando danos materiais.


OUTRAS INTERVENCIÓNS

·        Control de alcoholemia: entre as 00.00 h e as 06.30 h, na rotonda inferior de Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, que culmina con dous detidos e varias denuncias administrativas.


Ningún comentario: