O Concello de Ames leva aos maiores á xuntanza da terceira idade no Carballiño
As concellarías de
Voluntariado e Servizos Sociais, a través da Oficina de
Voluntariado
de Ames, organizan unha excursión para asistir á xuntanza da
terceira idade que terá lugar o próximo sábado 9 de xuño.
Todas as persoas que
desexen asistir a esta xuntanza poderán pasar unha xornada
coñecendo
o Carballiño, participar en obradoiros e xogos populares,
gozar da
actuación de grandes orquestras, así como degustar unha
saborosa
comida.
O custe da comida
correrá a cargo de cada persoa que participe nesta excursión.
Ademais, os participantes terán que aboar 3 euros ao subir ao
autobús en concepto de axuda ao servizo de transporte.
O prazo de inscrición
permanecerá aberto ata o martes 5 de xuño. A inscrición pódese
realizar chamando ao número de teléfono 662377044 pertencente
á
Oficina de Voluntariado de Ames, en horario de 10:00 a 14:00
horas.
Ames, 24 de maio de
2012. As concellarías de Voluntariado e Servizos Sociais,
a
través da Oficina de Voluntariado de Ames, organizan unha
excursión
para asistir á xuntanza da terceira idade que terá lugar o
próximo
sábado 9 de xuño. Todas as persoas que desexen asistir a esta
xuntanza poderán pasar unha xornada coñecendo o Carballiño,
participar en obradoiros e xogos populares, gozar da actuación
de
grandes orquestras, así como degustar unha saborosa comida. O
custe
da comida correrá a cargo de cada persoa que participe nesta
excursión. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o martes
5
de xuño. A inscrición pódese realizar chamando ao número de
teléfono 662377044 pertencente á Oficina de Voluntariado de
Ames,
en horario de 10:00 a 14:00 horas.
As fins de semana de
primavera acompañadas de bo tempo invitan a pasar as xornadas ao
aire libre. Así, o Concello de Ames, a través da Oficina de
Voluntariado de Ames, organiza unha excursión ao Carballiño para
asistir á xuntanza da terceira idade. Alí, as persoas maiores
pasarán o día de xeito entretido realizando diversas actividades
e
conversando entre eles. A xuntanza da terceira idade é xa un
clásico
en Galicia. O Concello de Ames aproveita esta circunstancia para
organizar unha actividade dedicada aos maiores e achégaos ata o
Carballiño para que gocen desta romaría.
Reunirse,
reflexionar e conversar entre eles, ademais de poder participar
en
obradoiros e xogos galegos, son algunhas das actividades que se
poderán facer neste encontro. Este é un momento para pasalo ben,
e
para iso realizaranse obradoiros de malabares, de olería e
doutras
actividades tradicionais que co paso do tempo se foron
esquecendo,
pero que a xente de máis idade si coñecen.
Tamén poderán
participar nos xogos tradicionais galegos coma a estornela. Logo
chegará a quenda para o xantar, no que se poderá degustar
churrasco, polbo e carne ao caldeiro. O
custe da comida correrá a cargo de cada persoa que participe
nesta
excursión. Tras a comida, que será nunha carballeira,
as
persoas asistentes gozarán coa música dalgunha orquestra galega.
A
Xunta de Galicia porá á disposición de todos os veciños e
veciñas
de Ames varios autobuses, que sairán da Casa da Cultura do
Milladoiro e da Praza do Concello de Bertamiráns. Os
participantes terán que aboar 3 euros ao subir ao autobús en
concepto de axuda ao servizo de transporte. Prégase
levar o
importe xusto para pagar no momento de subir ao autobús.
O
prazo de inscrición permanecerá aberto ata o martes 5 de xuño.
A
inscrición pódese realizar chamando ao número de teléfono
662377044 pertencente á Oficina de Voluntariado de Ames, en
horario
de 10:00 a 14:00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario