Máis de medio cento de nenos e nenas
desfrutan cos 'Contos con guitarras' nas Tardes de contos e lendas
Máis de medio
cento de rapaces e rapazas de entre 3 e 6 anos desfrutaron hoxe dunha nova
entrega das Tardes de contos e lendas na biblioteca municipal de Ordes.
Nesta
ocasión a narración e a literatura déronse a man coa música grazas ó relato
'Contos con guitarra', unha historia na que os asistentes interactuaron com
cancións e xogos. O grupo Leo Leíño foi o responsable de facer as delicias dos
presentes nesta cita, totalmente gratuita e que sempre ten lugar o último
venres do mes.
As Tardes
de contos e lendas ten como principal obxetivo inculcar o hábito á lectura de
xeito lúdico dende idades temperás, ademáis de dar a coñecer os servizos que se
prestan na biblioteca municipal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario