Teo .- solicitude dos carnés das piscinas


OS CARNÉS DAS PISCINAS MUNICIPAIS PARA O VERÁN XA SE PODEN FORMALIZAR


·        Dan dereito a entrar nos cursos de xullo e de agosto e a utilizar as instalacións, que teñen prevista a súa apertura o 15 de xuño

·        Estarán exentos de pago as familias con todos os integrantes en paro, os maiores de sesenta anos e os menores de cinco


 O departamento de Deportes do Concello de Teo informa de que desde mañá, venres 1 de xuño, se abrirá o prazo para formalizar os carnés das piscinas municipais para a vindeira tempada de verán. Todos os interesados deberán entregar en Deportes unha fotografía tipo carné, o xustificante de ter pagado as taxas correspondentes e deixar o seu nome e apelidos.

Con este carné, os usuarios terán dereito a asistir aos cursos de xullo e agosto e a utilizar as instalacións, que teñen prevista a súa apertura o 15 de xuño. As taxas son de 15 euros para o primeiro membro da familia que se inscriba, 10 euros para o segundo e de 5 euros para o terceiro. Resultarán de balde para o cuarto e sucesivos integrantes da unidade familiar, entendida como a formada polos proxenitores e os fillos e fillas.

O Concello estableceu unha serie de exencións de pagamento, das que se poden beneficiar as familias con todos os seus integrantes en situació de desemprego, as persoas maiores de sesenta anos (nadas en 1952 e anos anteriores), e os menores de cinco anos (nados en 2007 e anos posteriores). Os maiores deberán presentar o DNI para a exención e no caso dos cativos haberá que presentar o libro de familia.

Tamén se establece a posibilidade de adquirir entradas soltas, que teñen un prezo de 2 euros por día e por persoa. Estarán dispoñibles nas propias piscinas. Será alí tamén onde se poderá efectuar a inscrición nos cursos, unha vez abran as instalacións.

Ningún comentario: