Santiago - dentro do SONS2012 Mafalda Arnauth


Será mañá, venres 1 de xuño, ás 21.00h no Teatro Principal

Mafalda Arnauth, primeira das Divas do Fado en Sons’2012

  • O ciclo ‘Divas do Fado’ péchase con Ana Lains que estará tamén no Teatro Principal ás 21.00h o vindeiro sábado 9 de xuño

  • Sons’2012 presenta tamén á Orquesta Voland o domingo 3 de xuño no Teatro e pecha esta edición, o xoves 21 de xuño, Sharon Corr no Auditorio de Galicia


 O ciclo Divas do fado, enmarcado dentro de Sons’2012 ofrece hoxeo primeiro dos dous concertos. Será con Mafalda Arnauth a partir das 21.00h no Teatro Principal. Complétase co concerto de Ana Lains o sábado 9 de xuño tamén no Principal. Dentro de Sons’2012 poderemos escoitar á Orquesta Voland o domingo 3 de xuño no Teatro Principal e pechará o ciclo a irlandesa Sharon Corr o 21 de xuño no Auditorio de Galicia.

O novo disco de Mafalda Arnauth titúlase Fadas e foi publicado en Portugal o 11 de Outubro a través do selo Universal, e uns poucos meses máis tarde comezaba a súa distribución en España a través de Ediciones Resistencia. É claramente unha homenaxe ás mulleres que influenciaron os seus comezos como artista, escollendo no cantar algunhas desas voces, Mulleres Únicas, algunhas ás que tivo o privilexio de coñecer, e outras, que sen coñecelas, resultaron cruciais no seu crecemento e evolución como fadista: Amália Rodrigues, Hermínia Silva, Fernanda Baptista, Celeste Rodrigues e Beatriz dá Conceição son apenas algunhas desas referencias que trae a este rexistro porque foron elas as que interpretaron os temas que ela agora interpreta: ‘Saudades dá Júlia Mendes’, ‘Tendinha’, ‘Madragoa’, ‘Hortelã Mourisca’, ‘Antigamente’, entre outros.

Por ese motivo, ‘Fadas’ é tamén a homenaxe ás Letras e as Musicas que fixeron do Fado o lugar máis elevado da cultura portuguesa. Criarse no mundo do Fado, convertíase nun acto de coraxe e de humildade, aliviado polo manancial que del brota, de riqueza enorme. É precisamente ese o  motivo que empuxa á artista a asumir o seu primeiro disco de versións, un xeito de retornar con xustiza e agradecemento todo o recibido por parte do Fado e a cultura do seu país.

Pero aínda hai lugar para unha letra da súa autoría (‘Só corre quem ama’) e unha música en fado Menor, orixinal de Tiago Torres dá Silva e Francis Hime (‘E se não for fado’), revelando a ‘Fada’ que hai en si mesma e reafirmando o seu estilo persoal como fadista e intérprete. A inesperada e intensa versión de Astor Piazzolla, con letra de Eládia Blasquez (‘Inverno Porteño’), completa a súa insistente inspiración no  mundo que a rodea, cantando unha das poucas mulleres que ousaron escribir para a maxistral música de Piazzolla.

O termo ‘Fadas’ deriva directamente do latín Fatum (fado, destino), designando seres que se acredita “interveñen de forma máxica no destino das persoas?” É seguramente iso é o que Mafalda Arnauth pretende contar neste disco, a historia do seu encontro coas Almas Fadistas (Mulleres e Homes),  ‘Fadas’ que transformaron e que fixeron da Maxia e a Gratitude a súa Vida.

Venta de entradas
As entradas para este concerto, 24€ (18€ no anfiteatro), poden mercarse en Novagaliciabanco ou na billeteira do Teatro Principal, Pode adquirirse tamén un abono para os dous concertos das Divas do Fado por 45€.

Ningún comentario: