Xoves 31
11.00 h
Na Cámara de
Comercio, presentación do ciclo de xornadas ferroviarias. Asisten: o alcalde de Santiago, Ángel Currás;
o presidente da Cámara de
Comercio de Santiago, Jesús Asorey; e o presidente da Federación
Española de Asociaciones de Amigos del Ferrocarril (FEAAF), Carlos Abellán.
11.00 h
No pavillón de Lamas de Abade, o
concelleiro de Deportes, Adrián Varela, clausura a Escola deportiva de Lamas de Abade.
11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal do BNG,
Rafael Vilar, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do
Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación,
Rebeca Domínguez, para presentar o VII Certame de Danza Intercentros.
17.30 h
Pleno
ordinario
Na Casa do
Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 26 de abril
de 2012.
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria e urxente do
día 11 de maio de 2012.
3. Resolución de
alegacións e aprobación definitiva da ordenanza reguladora da inspección
técnica das edificacións (ITE).
4. Aprobación
inicial da modificación puntual do PXOM para a ampliación do cemiterio de San
Xián de Carballal (equipamento relixioso R.05.1).
5. Aprobación
definitiva do estudo de detalle da U-13 do PE-1 (Apertura da rúa de Belvís).
6. Ampliación de
usos docentes na reserva de equipamento docente DP-2/DI-2 do plan parcial do
SUP-5. Choupana.
7. Aceptación da
delegación da competencia da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para
autorizar obras e intervencións no perímetro azul.
8. Toma de
coñecemento da aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM na rúa da
Estrada-esquina con travesía da Estrada.
9. Aprobación
definitiva da modificación puntual do PERI de Vieiro no ámbito da AE.
10. Aprobación
inicial da ordenanza de ocupación da vía pública.
11. Resolución de
alegacións e aprobación definitiva da ordenanza do reguladora do programa de
axuda no fogar.
12. Proposta da
Alcaldía de representación do grupo municipal do Partido Popular en
diversos organismos.
13. Proposición do
grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa a toma de medidas para paliar o descenso
da actividade comercial en Compostela e o conseguinte peche de establecementos
comerciais.
14. Proposición do grupo municipal do BNG relativa á
conmemoración do 20 aniversario da declaración da UNESCO de Santiago como cidade cultural Patrimonio da
Humanidade en 2015.
15. Proposición do grupo municipal do BNG para favorecer a incorporación
laboral das persoas con risco de exclusión social.
16. Proposición do grupo municipal do BNG relativa á regularización das persoas empregadas do fogar.
17. Dar conta de sentenzas e persoamentos en recursos contenciosos
administrativos.
18. Dar conta dos certificados individuais positivos emitidos ata a data
ao abeiro do RDL 4/2012.
19. Dar conta de acordo da Xunta de Goberno Local de 14 de maio de 2012,
de delegacións na Concelleira Delegada de Educación e Normalización
Lingüística.
20. Dar conta de resolucións da Alcaldía, de nomeamento de persoal
eventual, designación de primeira tenente de alcalde , delegación de competencias,
representación do grupo popular en comisións informativas, de atribución de
funcións á Secretaría Xeral de apoio, e de dedicación exclusiva.
21. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e
acordos da Xunta de Goberno Local.
22. Rogos e preguntas.
23. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.
21.00 h
No Teatro
Principal , 'Shakespeare para ignorantes' de Producións
Teatrais Excéntricas. Con Mofa e Befa e Quico Cadaval. Con música en directo
interpretada por Fernando Reyes.
21.00 h
No Auditorio
de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida
por Paul Daniel. Con Nancy Fabiola Herrera, mezzosoprano. [Part, Berlioz,
Sibelius]
SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL
(Dende as 08:00 h do día 29 ata as 08:00
h do día 30 de maio)
ACCIDENTES
Nas últimas 24 horas o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou DOUS accidentes na cidade:
- Ás 15.30 horas, na rúa Choupana, entre tres vehículos con resultado de danos materiais.
- Ás 20.00 horas, na rotonda de Pontepedriña, entre dous vehículos con resultado de danos materiais.
INTERVENCIÓNS
- Ás 15.50 horas, acódese á vía Marconi, onde os bombeiros tiveron que sufocar un pequeno incendio nun contedor.
- Colabórase co CNP para a localización e detención dos autores dun roubo a un taxista.
AUXILIOS
- Ás 17.20 horas, identifícase unha persoa que se atopaba tirada na rúa Casas Reais, sendo trasladada ao CHUS por unha ambulancia do 061.
ACCIDENTES
Nas últimas 24 horas o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou DOUS accidentes na cidade:
- Ás 15.30 horas, na rúa Choupana, entre tres vehículos con resultado de danos materiais.
- Ás 20.00 horas, na rotonda de Pontepedriña, entre dous vehículos con resultado de danos materiais.
INTERVENCIÓNS
- Ás 15.50 horas, acódese á vía Marconi, onde os bombeiros tiveron que sufocar un pequeno incendio nun contedor.
- Colabórase co CNP para a localización e detención dos autores dun roubo a un taxista.
AUXILIOS
- Ás 17.20 horas, identifícase unha persoa que se atopaba tirada na rúa Casas Reais, sendo trasladada ao CHUS por unha ambulancia do 061.
Ningún comentario:
Publicar un comentario