TORDOIA CONTARÁ CUNHA SENDA PEONIL ENTRE A
PONTEPEDRA E SEIXÁN A CARGO DA DEPUTACIÓN
O anuncio fíxoo
público Fernández Moreda durante a súa visita as obras de ampliación e mellora
da estrada entreTablilla e Agromestre
15 de marzo 2011.- O Concello de Tordoia
recibiu esta mañá a visita do presidente da Deputación de A Coruña, Salvador
Fernández Moreda, quen se trasladou ata a este concello para coñecer de
primeira man os traballos, xa prácticamente rematados, da ampliación e mellora
de trazado da estrada autonómica CP 8401 de Tablilla a Agromestre pola
Pontepedra. Durante a súa visita, Fernández Moreda percorreu un tramo do vial e
anunciou a licitación dunha senda peonil situada ao final desta estrada, entre
a Pontepedra e Seixán por un importe de máis de 180.000 euros.
Esta nova senda peonil terá unha extensión
duns 600 metros, entre os puntos quilométricos 5.4 e 6.0, ata chegar ata a
igrexa de Cabaleiros, permitindo unha circulación de persoas e vehículos moito
máis segura. A obra suporá un investimento total de 183.623 euros por parte da
Deputación, feito polo que o rexedor tordoiés, Antonio Pereiro, amosouse moi
satisfeito “xa que a obra permitirá mellorar a circulación na zona e humanizar
a contorna”. O alcalde de Tordoia amosouse, ademais, moi agradecido polo práctico
remate da travesía autonómica que hoxe visitaban, un vial que soporta grande
cantidade de tráfico e no que se incluiu obras de firme, pavimentos de zahorra
e unha capa de rodadura con triple tratamento asfáltico. Cun investimento de
919.963,32 euros, a travesía conta xa con arcenes dun metro de ancho e a
señalización que se colocará será tanto vertical coma horizontal, engadindo
barreiras de seguridade nos tramos que así o requiran.
Xa na última fase de traballos, a visita tamén
serviu para que o rexedor tordoiés lle trasladara a Fernández Moreda a
necesidade de darlle cumprido remate a esta estrada coa execución dos últimos
tramos que restan. “Trátase de tres pequenos treitos que suman arredor de 200
metros dos que o presidente da Deputación comprometeuse a estudiar a súa
situación para dárlle remate”, explicou Pereiro Liñares, quen aproveitou tamén
para lle trasladar a Moreda a necesidade de que a Deputación aborde a situación
na que se atopa a estrada de Santiago por Trazo.
Na visita, o presidente da Deputación estivo
acompañado por membros da corporación municipal de Trazo e Tordoia así como o
alcalde de Trazo, José Dafonte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario