O CONCELLO DE TEO PARTICIPA NO PROGRAMA URBANISMO EN
REDE, GRAZAS Ó QUE PODERÁ DIXITALIZAR TODA A INFORMACIÓN RELATIVA Ó PXOM
·
Esta semana realizouse no Concello a
primeira reunión técnica de cara a establecer prazos de traballo
·
Trátase dunha iniciativa pioneira xa que
na provincia da Coruña só dispoñen desta ferramenta as cidades, Santiago, A
Coruña e Ferrol
·
Neste ano a información poderase
consultar en internet por calquera cidadán
12 de marzo de 2011. O
Concello de Teo terá toda a información relativa ó Plan Xeral de Ordenación
Urbanística en internet no prazo duns meses. Esto poderá realizarse grazas á
participación do municipio no programa Urbanismo en Rede, unha iniciativa da
entidade pública estatal red.es que busca a incorporación das TICs ó ámbito
urbanístico municipal.
Durante este
2011 toda a información relativa ó planeamento urbanístico de Teo estará
dixitalizada. Esto facilitará enormemente á cidadanía o acceso á información,
avanzando tamén na transparencia da mesma.
Este semana
realizouse a primeira reunión técnica de traballo no Concello con persoal
municipal do departamento de Urbanismo e persoas da empresa que executará os
traballos, de cara a concretar as liñas de traballo e os prazos para a posta en
marcha desta iniciativa.
Deste xeito o
Concello de Teo estará na vangarda no usos das tecnoloxías en materia
urbanística xa que na provincia da Coruña só as cidades como Santiago, A Coruña
e Ferrol están traballando con esta ferramenta. Unha vez que o traballo inicial
de dixitalización estea realizado e se poida consultar a través dun sitio web
os usuarios poderán acceder a toda a información urbanística mediante dúas
vías: clicando sobre o plano da zona que desexen ou introducindo datos
concretos sobre o plano do seu interese, como o nome da zona a consultar ou
usando unha referencia catastral. A web amosará a información dispoñible sobre
a parcela ou área consultada, aportando datos como clasificación, categorías de
planeamento e calificación do solo, permitindo a descarga da ficha urbanística
completa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario