BNG ORDES - MESA REDONDA


O BNG DE ORDES ORGANIZA UNHA MESA REDONDA COS ALCALDES NACIONALISTAS DE ARZÚA, CARBALLO E TEO
O acto terá lugar o xoves, 17 de marzo, co título “Compromiso para transformar Ordes: experiencias de Goberno do BNG”
O BNG de Ordes, anunciou que o vindeiro xoves, 17 de marzo, ás 21:00, no Restaurante O Túnel, celebrarase unha mesa redonda que, co título: “Compromiso para transformar Ordes: experiencias de Goberno do BNG”, contará coa participación de Xaquín García, alcalde de Arzúa, Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, Martiño Noriega, alcalde de Teo, ademáis de Ana Pontón Deputada do BNG no Parlamento Galego e de Gonzalo Castro, candidato do BNG á alcaldía de Ordes.

O candidato do BNG á alcaldía de Ordes manifestou que “neste acto daranse a coñecer as experiencias de goberno do BNG en tres concellos que posuen grandes similitudes co concello de Ordes, como son os concellos de Arzúa, Carballo e Teo, que están a ter grandes transformacións e avances da man de tres alcaldes nacionalistas que constituen unha referencia política e un modelo de xestión a seguir”.

Gonzalo Castro salientou que “neste acto, os veciños e veciñas de Ordes, poderán comprobar coa experiencia dos gobernos do BNG nestes tres concellos, que outra forma de gobernar é posíbel, unha forma de gobernar que poñerá o concello de Ordes ao servizo de todos e todas, e que priorizará a creación de emprego e a reactivación económica”.

Ningún comentario: