UN TOTAL DE 32
VECIÑOS PARTICIPAN NA ÚLTIMA QUENDA DE VISITAS AO BALNEARIO DE BRIÓN
ORGANIZADAS POLO
CONCELLO DE FRADES
O Concello subvencionou o 50% dos catro circuítos termais que disfrutaron
70 veciños e veciñas durante os meses de febreiro e marzo
11 de marzo de
2011.- Un total de 32 veciños de Frades participan nas tardes de todos os xoves
deste mes de marzo na segunda e última quenda de visitas ao Hotel Balneario
Compostela, situado na parroquia do Tremo (Brión), por este este ano. Unha
iniciativa organizada polo Concello de Frades, que subvencionou o 50% do custe
destas xornadas dedicadas á mellorar a saúde dos seus veciños.
Así, estes 32
veciños das distintas parroquias de Frades disfrutan cada xoves, durante tres
horas, dun circuíto termal que inclúe piscinas de chorros, contracorrentes,
jacuzzi, saunas, ducha bitérmica e de aromas, circuito circulatorio de pernas,
e unha sala de relax con mármores quentes. Os asistentes desprázanse ata o
balneario brionés nun autobús, que os recolle nas distintas localidades de
Frades.
Ao longo destes
dous meses de febreiro e marzo, un total de 70 veciños e veciñas participaron
nestas visitas ao Hotel Balneario Compostela, unha iniciativa que xa vai polo
seu terceiro ano consecutivo de celebración debido á gran aceptación rexistrada
entre a veciñanza de Frades.

Ningún comentario:
Publicar un comentario