OROSO ESTREA
UN CIRCUÍTO DE PARQUES BIOSAUDABLES NOS ESPAZOS DE LECER DE SIGÜEIRO
As instalacións,
inauguradas polo alcalde esta mañá, están situadas no Paseo do Carboeiro, na
Alameda de Góis e na Praza de Alexandre Bóveda
Durante esta
semana, unha monitora deportiva especializada apréndelles aos cidadáns a
correcta utilización dos dezaseis elementos
14 de marzo de 2011.- O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, inaugurou
esta mañá o circuíto de parques biosaudables que o Concello instalou en tres
dos principais espazos de lecer de Sigüeiro: o Paseo do Carboeiro, a Alameda de
Góis e a Praza de Alexandre Bóveda. Estas tres instalacións, que en conxunto
teñen dezaseis elementos, forman parte do programa municipal de mellora de
parques públicos.
Así, no Paseo do
Carboeiro, a carón do parque infantil, situáronse seis elementos. Outros cinco
están nun dos paseos da Alameda de Góis e os cinco restantes na Praza de
Alexandre Bóveda, ao lado doutro parque infantil. Cada un deles está deseñado
para exercitar as diferentes articulacións do corpo e están indicados para
mellorar as funcións cardiovascular e respiratoria, afortalar a musculatura,
favorecer a flexibilidade e a axilidade e potenciar a coordinación xeral do
corpo.
Estas
instalacións xa foron estreadas por un grupo dunhas vinte persoas, durante unha
clase na que unha monitora deportiva especializada lles explicou o
funcionamento dos distintos aparellos para facer exercicio físico ao aire
libre. O vindeiro venres 18 de marzo, a partir das 11 da mañá, está programada
outra sesión, de acceso libre, na que todos os interesados poderán recibir as
instruccións de uso dos parques.
O alcalde, que
asistiu a esta primeira clase acompañado polos concelleiros de Parques e
Xardíns, Xosé María Castro, e de Servizos Sociais e Terceira Idade, Mari Carmen
Liste, animou aos veciños a “sacar todo o proveito deste novo circuíto, que
será moi beneficioso para a saúde da terceira idade e de todos os veciños en
xeral, xa que os aparellos son útiles para todas as idades”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario