OS
MUNICIPIOS DA MANCOMUNIDADE DE ORDES TRABALLARÁN CONXUNTAMENTE CONTRA A
VIOLENCIA DE XÉNERO A TRAVÉS DO CIM
Hoxe tivo lugar a primeira reunión dos alcaldes coas forzas de seguridade
da comarca e ao longo dos vindeiros días convocaranse mesas sectoriais de
debate
14
de marzo de 2011.- A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes vai
coordinar as actuacións contra a violencia de xénero nos sete municipios da
comarca ordense: Cerceda,
Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo. Unhas actuacións que serán
coordinadas polo Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade, que
estudará a elaboración dun protocolo de actuación conxunto para os 40.000
habitantes da comarca ordense.
Así se acordou
esta mañá durante unha reunión mantida esta mañá en Ordes polos alcaldes da
comarca con representantes das forzas de seguridade da zona (Policía Local de
Cerceda, Ordes, Oroso e Tordoia, así como da Garda Civil) e as integrantes do
CIM da Mancomunidade. Un encontro no que participou a Xefa de Servizo de
Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, Pilar González, e o alcalde de
Ordes, Manuel Regos Boquete, como anfitrión.
Optimización de
recursos
O presidente da
Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Miguel Prado Patiño, explicou
que o obxectivo desta iniciativa é “organizar o mellor posible os recursos
contra a violencia de xénero e, entre totodos, tratar de previla”. Neste
sentido, anunciou que “esperamos tamén facer unhas charlas preventivas en cada
concello e sacar dípticos informativos para sensibilizar aos veciños sobre esta
lacra social”.
Pilar González
alegrouse por que “una Mancomunidad se vaya a ocupar de la violencia de género
porque así se dará cobertura a mucha más gente y porque es difícil llegar hasta
todas las personas en unos municipios tan dispersos como en Galicia. El hecho
de coordinar y sumar recursos significa que podemos ser más eficaces”. De
feito, fixo fincapé na indeosincrasia do mundo rural, onde tamén hai casos de
violencia de xénero pero que non se denuncian. “Las mujeres del rural no
denuncian porque no saben que sufren esa situación de violencia, porque tienen
miedo o porque la presión social es mayor”, sinalou González.
Pilar González
tamén tivo palabras de loubanza para os tres municipios que xa teñen posto en
marcha protocolos de actuación contra a violencia de xénero: Ordes, Cerceda e
Oroso, do que dixo que “ha sido una sorpresa porque no lo conocía y está muy
bien hecho, es eminentemente práctico y tiene cosas muy aprovechables de cara
al protocolo común de la Mancomunidad”.
Aflorar as
denuncias
Pola súa banda, a
directora do CIM, Nazaret González, sinalou que “a realidad da violencia de
xénero en Ordes fai necesario que todas as administracións públicas aúnen
forzas e den unha resposta coordinada dende as súas competencias”. Nazaret
González coincidiu con Pilar González na necesidade de actuar na comarca
porque, segundo explicou, “canto máis se traballa no ámbito da violencia de
xénero e canto máis nos coordinemos, máis afloran as denuncias. Non é que haxa
máis violencia, é algo que xa había pero que agora somos capaces de detectala”.
Por iso indicou
que obxectivo da Mancomunidade de Ordes con este proxecto é que “todas as
mulleres da comarca de Ordes teñan acceso aos memos recursos e aos mesmos
servizos”. Para iso, o Centro de Información á Muller da Mancomunidade vai
poñer en marcha mesas de traballo cos distintos axentes implicados na loita
contra a violencia de xénero: forzas de seguridade, xulgados, centros
educativos, administracións locais e centros sanitarios. “Tomaremos como base
os protocolos municipais xa existentes e veremos se os adaptamos á
Mancomunidade ou facemos un novo”, explicou a directora do CIM.
Pleno ordinario
Despois desta
reunión, tivo lugar o pleno ordinario da Mancomunidade de Municipios da Comarca
de Ordes correspondente ao mes de marzo. Nesta sesión, os alcaldes da comarca
acordaron solicitar unha axuda ao abeiro da Lei de Desenvolvemento Sostible do
Medio Rural e tamén aprobaron a adhesión da Mancomunidade ao convenio asinado
entre a Consellería de Presidencia e a FEGAMP para o desenvolvemento da
administración electrónica nas entidades locais.
A
esta sesión ordinaria do pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de
Ordes asistiron asistiron os alcaldes Miguel Prado Patiño (Frades), Mariano
Iglesias Castro (Mesía), Manuel Mirás Franqueira (Oroso), Xosé Dafonte Varela
(Trazo) e Antonio Pereiro Liñares (Tordoia), así como o vicepresidente da
Mancomunidade, Manuel Astray Mariño, e a concelleira de Servizos Sociais de
Cerceda, María Viqueira.

Ningún comentario:
Publicar un comentario