O BNG propón que o transporte metropolitano se
extenda ao medio rural.
O
Goberno Municipal de Amesé totalmente ineficaz neste asunto.
Ames.
15 de marzo de 2011. O BNG de Ames propón que as liñas do transporte
metropolitano se extendan ao medio rural, para que os veciños e veciñas das
parroquias poidan disfrutar deste servizo.
O
BNG considera que de non levarse este servizo ás parroquias e aldeas estariase
dando unha situación de discriminación en función da zona onde se vive. Hai que
ter en conta que parte das tarifas do transporte metropolitano está financiadas
por fondos públicos da Xunta e dos Concellos.
Mentres
os concellos de Brión e Teo xa teñen planificado e demandado da Xunta a incorporación de varias liñas rurais que
intercomuniquen os seus concellos, o Goberno Municipal de Ames segue sen
avanzar neste asunto, mostrando unha total ineficacia..
O Pleno da Corporación Municipal, en abril de
2009, acordara a creación dunha Comisión co obxectivo de estudar a viabilidade
da implantación do transporte público no medio rural de Ames. Asimesmo se
aprobou a composición desta comisión, na que ademais de representantes dos tres
grupos municipais, estaría un representante por cada parroquia designado polas
asociacións de veciños. Cómpre lembrar que estes acordos foron tomados por
unanimidade dos tres grupos municipais.
Despois
de case dous anos, o Alcalde, Carlos Fernández, nen constituíu a Comisión
Plenaria nen dou pasos efectivos para a implantación do transporte público no
medio rural do noso concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario