O CONCELLO LEVARÁ
ACTIVIDADES DE OCIO AO LOCAL SOCIAL DA PARROQUIA DE FRADES, QUE DOTOU DE
MÁQUINAS DE XIMNASIA E ACCESO Á INTERNET
16 de marzo de
2011.- Os veciños e veciñas da parroquia da parroquia de Frades, poden
disfrutar dende esta semana dun remodelado centro de ocio, rehabilitado nos
últimos meses polo Concello de Frades. Un local situado no lugar de Cimadevila,
no mesmo inmoble que acolle a casa consistorial, e que foi inaugurado polo
alcalde de Frades, Miguel Prado Patiño, nun acto que reuniu a unha vintenta de
veciños e veciñas que pudieron comprobar por si mesmos as melloras introducidas
no inmoble.
Así, o Concello
de Frades instalou tres máquinas de ximnasia: bicicleta estática,
cinta-andadora e elíptica. Ademais, dotou ao local social da parroquia de
distintos elementos de ocio, entre os que figuran unha televisión, un ordenador
con conexión a Internet por wifi, cafeteira e distintos xogos de mesa (cartas,
xadrez, parchís, etc).
Miguel Prado
indicou que desexa que estes locais “se convertan nun punto de encontro para os
veciños e veciñas de cada parroquia”, polo que lles ofertou aos veciños da
parroquia de Frades a posibilidade de escolleren unha actividade gratuita para
realizar conxuntamente todos os mércores pola tarde. Así, os veciños poderán
elixir entre manualidades, ximnasia, pintura sobre vidro ou risoterapia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario