SETENTA
PARTICIPANTES TOMARON PARTE ESTE DOMINGO NA PRIMEIRA “KEDADA CICLISTA
FEMININA”,
Promovida polo
Clube Ciclista Os Esfola Arrós, en colaboración co Concello de Brión, fixeron
un percorrido por Brión, Ames e Teo
14 de marzo de
2011. Preto de 70 persoas, entre participantes femininas e acompañantes,
déronse cita este domingo na primeira “Kedada ciclista feminina Os Esola
Arrós”, que trascurriu nun percorrido de 26 quilómetros polos municipios de
Brión, Ames e Teo. O clube ciclistas “Os Esfola Arrós”, en colaboración co
Concello de Brión, promoveu esta iniciativa coa que se pretendía animar á
participación das mulleres no ciclismo de montaña.
E a resposta non
se fixo esperar, xa que se cubriron todas as prazas previstas, 50, nun encontro
ao que as mulleres acudiron acompañadas de amigos, parellas, mozos ou incluso
fillos, que sumaron participantes ate chegar aos 70. Impulsada pola primeira
socia feminina do clube ciclista “Os Esfola Arrós”, a resposta foi todo un
éxito na que foi a primeira iniciativa destas características organizada na
zona . As participantes saíron ás 9:30 horas da Carballeira de Santa Minia para
facer un percorrido de 26 quilómetros, de dificultade baixa, polos municipios
de Brión, Ames e Teo, un circuito que se fixo moi levadeiro ademais polo
avituallamento ofrecido polo clube na metade do percorrido. Ao remate, no
Pabillón Polideportivo de Pedrouzos as participantes puideron asearse e limpar
as biclitas da lama do percorrido.

Ningún comentario:
Publicar un comentario