Ábrese o prazo
de inscrición para as actividades da Primavera Lúdica
Como en anos
anteriores, o Concello de Ames, pon en marcha a Primavera Lúdica, dirixida aos
nenos e nenas escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e en Educación
Primaria, e que estean empadroados no concello de Ames. Con este programa
preténdese ofertar unha alternativa que, ademais de ocupar o tempo de lecer dun
xeito divertido e educativo durante as vacacións escolares, permita as nais e
pais conciliar a vida laboral e familiar. A Primavera Lúdica desenvolverase
durante os días 18, 19, 20 e 25 de abril en horario de 07:30 h. a 16:00 horas.
O prazo de inscrición estará aberto do 14 ao 26 de marzo.
As vacacións de
Semana Santa xa están achegándose e en pouco máis dun mes os nenos e nenas
amienses disporán de oito días de descanso e lecer. Para que as nais e pais,
que teñen fillos/as en idade escolar, poidan conciliar a vida laboral e
familiar o Concello de Ames oferta un programa de actividades culturais e
formativas que manterán ocupados aos rapaces e rapazas durante as horas nas que
as súas familias teñen que acudir a traballar.
A Primavera
Lúdica, como o resto de programas lúdicos levados a cabo polo Concello nos
últimos anos, busca ao mesmo tempo a diversión dos rapaces no seu tempo de
vacacións e a conciliación da vida laboral e familiar dos seus pais/nais. Estas
actividades realizaranse durante os días 18, 19, 20 e 25 de abril dende as
07:30 h. ata as 16:00 horas. O horario comprende os tramos Bos días, de 07:30
h. a 09:00 horas (con opción de almorzo), Lúdicos, de 09:00 h. a 14:30 horas e
comedor e xogo libre, de 14:30 h. a 16:00 horas.
Este programa está dirixido aos nenos e nenas escolarizados no 2º ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria e que estean empadroados no concello de Ames. Aínda así, poderán acceder tamén a esta oferta lúdica e educativa os fillos e fillas de persoas que, estando empadroadas noutro concello, teñan os seus postos de traballo neste municipio. Esta situación acreditarase cun certificado da empresa ou institución e tendo en conta a preferencia dos empadroados no Concello de Ames. A táboa de prezos da Primavera Lúdica pode ser consultada na sección de avisos desta páxina web.
Prazo de inscrición
Todos os pais e nais que estean interesados en apuntar aos seus fillos/as neste programa de actividades, que se desenvolverá durante a Semana Santa, deben saber que o prazo de inscrición estará aberto do 14 ao 26 de marzo. Para iso poden recoller a documentación necesaria no departamento de Educación en Bertamiráns ou na Oficina Municipal do Milladoiro e entregala no Rexistro Xeral do Concello en Bertamiráns e na Oficina Municipal do Milladoiro, en ambos os casos en horario de 09:00 h. a 14:00 horas. O aboamento do custo do programa realizarase mediante ingreso na conta número 2080-0215-41-0040000056 de Caixanova, indicando o nome e os apelidos do neno ou nena e o nome do programa correspondente, neste caso Primavera Lúdica.

Para poder
participar na Primavera Lúdica deberán presentar a ficha de inscrición
correspondente, o resgardo de ter aboado o custo do programa, a fotocopia da
tarxeta sanitaria do neno ou nena, a autorización asinada conforme o modelo
achegado polo Concello e o título de familia numerosa, se é o caso. Na ficha de
inscrición deberán sinalar se queren apuntarse ao programa completo ou anotarse
por días soltos e indicar ademais o horario ao que desexan apuntarse de entre
as opcións e franxas ofertadas.
Unha vez rematado o prazo de inscrición publicarase unha lista de admitidos/as na que se indicarán ademais os lugares nos que terán lugar as actividades e os grupos de idade nos que foron organizados os rapaces. Tanto os grupos como a localización dependerán do número de nenos e nenas inscritos. Cómpre lembrar tamén que os horarios solicitados na ficha de inscrición non poderán ser modificados unha vez rematado o prazo de inscrición.
Para máis información poden chamar ao teléfono 981 891 476, visitar a sección de avisos desta páxina web ou enviar un correo electrónico ao departamento de educación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario