O Concello de Melide inicia unha campaña informativa
sobre a nova lei do comercio
A
Concellaría de Promoción Económica está difundindo estes días un folleto entre
o comercio no que se recollen as principais novidades da lei sobre os negocios
melidenses O Concello de Melide, a través da
Concellaría de Promoción Económica, está estes días informando ás casas
comerciais de Melide sobre os principais cambios e novidades da Lei do comercio
interior de Galicia. Esta lei foi aprobada pola Xunta de Galicia –e publicada
no DOG do 29 de decembro-, e regulará toda a actividade comercial que se
desenvolva en territorio galego.
Entre os aspectos que recolle este novo marco legal, está
a creación da Mesa do Comercio Local de cada municipio. O Concello de
Melide foi o primeiro de Galicia en crear este ente, fundamental por exemplo
para a celebración das feiras de oportunidades do comercio local de Melide (Mercamelide).
O concelleiro de Promoción Económica, Antonio Díaz,
adiantou que “queremos que o tecido comercial de Melide coñeza de primeira man
estas medidas para adaptarse, modernizarse e actual acorde coa lei, para o cal
o Concello debe ser a primeira ferramenta de difusión e comunicación”. Por iso,
estes días estase repartindo nos comercios un folleto no que se recollen as
principais novidades nos aspectos máis prácticos e inmediatos do día a día dos
comercios de Melide. As esixencias das etiquetas de prezos, as condicións dos
tickets de compra, a información sobre os períodos de rebaixas ou sobre formas
de cobramento aos clientes son algúns dos puntos que se recollen neste dítico
que todos os comercios de Melide poderán ter a man para consultar de xeito
práctico e áxil dúbidas que poidan xurdir debido á nova aplicación do texto
legal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario