| Sábado 7 20.00 h Na Igrexa da Universidade, dentro do programa de Concertos Semana Santa 2012, concerto de Ars Atlántica, 'Dulce desdén, cancións e danzas da idade dourada, s. XVI e XVII'. Con Marivi Blasco, soprano; Manuel Vilas, arpa de dúas ordes; e Ramiro Morales, arquilaúde, guitarra barroca. 20.30 h Na Zona "C", Hamlet. A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare' con Alfredo Padilla. [en inglés] 22.00 h Na Igrexa da Universidade, dentro do programa de Concertos Semana Santa 2012, concerto de Amandine Beyer, violín barroco, 'Bach, partitas e sonatas' | NOTA INFORMATIVA (6 de abril) 09,05 AUXILIO: Prestado a MFM, el cual fue trasladado por una ambulancia del 061, a la unidad de psiquiatría del CHUS, a requerimiento de familiares 11,45 INCENDIO: En la calle FERNANDO III EL SANTO, originándose el fuego en una cacerola con aceite. 13,05 PEQUEÑO INCENDIO: En COSTA DO CRUCEIRO DO GALO, en unos matorrales, el cual había sido sofocado por un vecino con un cubo de agua. ORINES: Se identifica a SSG por orinar en la vía publica en la calle Trázalo y a PVS por orinar en la Avda. de Figueroa. |
Santiago – axenda 7 abril e actuacións policía local
UPyD Santiago – solicitude de dimisión de Conde Roa
Silleda – o concello solicitará a xunta 25 traballadores nos programas de cooperación
Brión – o día 16 abrese o prazo de inscripción na escola infantil
Teo – protección civil comeza unha campaña de seguridade vial
PROTECCIÓN CIVIL DE TEO INICIA UNHA CAMPAÑA DE SEGURIDADE VIAL PARA CONCIENCIAR AOS PEÓNS DA IMPORTANCIA DE FACERSE VER NAS ESTRADAS
Silleda – a alcaldesa recibiu a banda Unión Musical Contestatana de Alicante
Santiago – axenda venres 6 e actuacións policía local
| Venres 6 20.00 h Na Igrexa da Universidade, dentro do programa de Concertos Semana Santa 2012, concerto de Malandança, 'Mya Senhor Velida, a lírica mariana dos trobadores galegos e franceses'. Con Paulina Ceremuzynska, canto; Xurxo Varela, vyola; Cesar Árias, alaude; Valentín Novio, cítola, organistrum; e Francisco Luengo, dirección, vyola, organistrum. 20.30 h Na Zona "C", Hamlet. A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare' con Alfredo Padilla. [en español]. 22.00 h Na Igrexa da Universidade, dentro do programa de Concertos Semana Santa 2012, concerto de Diego Ares, 'Tesouros para clave: Haendel, Scarlatti, Rameau, Couperin, Bach'. | 11.45 ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: En la calle CASTIÑEIRIÑO, consistente en caída de motocicleta, resultando daños materiales y herido leve su conductor. 15,10 ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: En la rotonda del HORREO-AV. LUGO, entre dos vehículos, daños materiales. PRUEBA DE ALCOHOLEMIA: Al conductor de un vehículo con resultado POSITIVO siendo tramitada por sanción administrativa. AUXILIOS Y OTRAS INTERVENCIONES: 14,20 AUXILIO: En la calle ROSALIA DE LCASTRO 118, se encontraba tirado en la acera en estado ebrio sin poder levantarse y apenas hablar DLL, el cual es trasladado en ambulancia al CHUS. Esta situación es la tercera vez que ocurre en periodo de una semana. 11,30 QUEMA DE COLCHON: En la calle ANTON FRAGUAS, dirección Pontevedra, en una zona de matorrales se observa un conato de incendio, el fuego afecta a un colchón a una alfombra y otros objetos de plástico que son utilizado a modo de cama por un indigente el cual no pudo ser identificado por encontrarse en el lugar. El fuego fue sofocado con los extintores de dos dotaciones policiales. 12,30 DAÑOS CAUSADO POR UN PERRO: Se acude a la calle 25 de JULIO (AS CANCELAS), donde supuestamente un perro suelto había atacado a una persona. En el lugar son requeridos por JLSL, el cual dice que cuando caminaba por la acera un perro de raza BOXER, se abalanzó sobre el y le causo daños en la manga de la cazadora izquierda. Se identifica a la propietaria de perro Dª RBL, contando el animal con microchip. Se realizan diligencias . 04:55 IDENTIFICACIONES: En la plaza de Mazarelos, se identifica a MGL, DMI y BCV, por cantar en vía pública. |
Oroso – o concello denuncia a practica desaparición das axudas as bibliotecas
BNG Santiago – Conde Roa debe dimitir
Silleda – subvención de máis de 4000 euros para normalización lingüistica
Ames – a campaña de implantación de chips conseguiu que se triplicara esta práctica
Tordoia – os máis pequenos acudiron a un obradoiro de lectura
Ames – os alumnos da escola de música actuaron en Teo
Caney – semana do bacallau
Ames – programación cultural primavera 2012
Ames, 3 de abril de 2012. Neste segundo semestre do ano, o Concello de Ames desenvolverá un completo programa de actividades culturais e deportivas deseñado para ofertar unha trintena de alternativas de interese para todo tipo de públicos. “Primavera 2012” centrará a súa atención na conmemoración das efemérides relacionadas co libro e coas letras galegas pero ofrece ademais unha ampla programación de exposicións, representacións teatrais, obradoiros de cine e natureza e competicións deportivas, entre outras iniciativas.
Ordes - teletraducción no centro da información a muller
Santiago – axenda xoves santo e actuacións policía local
| Xoves 5
19.00 h O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á procesión da Última Cea do Salvador. Saída da Igrexa de San Francisco. 20.00 h Na Igrexa da Universidade, dentro do programa de Concertos Semana Santa 2012, concerto de Ars Combinatoria, 'Quando fuere menester glosar, música renacentista e poesía do Século de Ouro español'. Con Xosé Luis Saqués, recitador e percusión; Elsa Ferrer, violín; Carlos García Amigo, violoncello; e Canco López, órgano. 20.30 h Na Zona "C", Hamlet. A work in progress sobre o orixinal de William Shakespeare' con Alfredo Padilla. [en inglés] 22.00 h Na Igrexa da Universidade, dentro do programa de Concertos Semana Santa 2012, concerto de Germán Díaz (zanfona, playsax, roimónica cromática, caixa de música, órgano de barbaria, live looping) presentando o seu 'Método cardiofónico, latidos de corazón en vinilo, instrumentos mecánicos e zanfona'. | SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL (Desde as 08:00 h. do día 3 ata as 08:00 h. do día 4 de abril). ACCIDENTES Nas últimas horas, o equipo de Atestados da Policía Local rexistrou tres accidentes: - Na rúa do Ceo, entre dous vehículos, resultando danos materiais. - Na rúa do Tambre, entre dous vehículos, resultando danos materiais. - Na rúa Galeras entre dous vehículos. Danos materiais. |
Ames – a reciclaxe centra a primaveira lúdica do concello
A reciclaxe centra as actividades que están desenvolvendo os nenos/as que participan na Primavera lúdica
Nesta edición da Primavera Lúdica participan arredor de 170 nenos e nenas de todo o concello repartidos entre Bertamiráns e O Milladoiro. Este programa está dirixido aos nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e primaria e que están empadroados no concello de Ames. Estas actividades realízanse durante os días 2, 3, 4 e 9 de abril, en horario de 07:30 h. e as 16:00 horas.
Con este servizo ofértase unha alternativa que, ademais de ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido e educativo no tempo de vacacións escolares, permítelle ás nais e pais conciliar a vida laboral e familiar.
Este ano as actividades céntranse na reciclaxe. Os nenos e nenas empregarán material de refugallo para elaborar diferentes xoguetes. Tamén participan en xogos populares como a petanca, as carreiras de sacos, os bolos, a raiola, etc.
Ames, 4 de abril de 2012. As vacacións de Semana Santa son unhas datas que lle gustan sempre moito aos máis pequenos, pero nas que moitas veces os seus pais e nais atopan máis problemas para compaxinar o coidado destes coa vida laboral. Por iso, como cada ano, o departamento de Educación puxo en marcha a Primavera Lúdica co obxectivo de entreter aos cativos/as, mentres os seus pais se atopan nos seus postos de traballo. O programa desenvólvese os días 2, 3, 4 e 9 de abril. Nesta edición da Primavera Lúdica participan arredor de 170 nenos e nenas de todo o concello repartidos entre Bertamiráns e O Milladoiro. Este ano as actividades céntranse na reciclaxe. Os nenos e nenas empregaran material de refugallo para elaborar diferentes xoguetes. Tamén participan en xogos populares como a petanca, as carreiras de sacos, os bolos, a raiola, etc.
O programa da Primavera Lúdica asegúralle aos nenos/as horas de entretemento instrutivo e lúdico, mentres os pais/nais se atopan no seu posto de traballo, tentando facer máis doada nas datas das vacacións de Semana Santa a conciliación entre o coidado dos nenos/as e a vida laboral. Este ano na Primavera Lúdica desenvolvese un programa de obradoiros que pretende concienciar aos nenos e nenas que se poden divertir a través de xogos populares e confeccionando diferentes xoguetes con material de refugallo. Deste xeito incúlcaselle a idea de que non é necesario comprar xoguetes novos para pasar un momento divertido e que usando a imaxinación e obxectos reciclados pódense conseguir xoguetes novos.
Nesta edición da Primavera Lúdica participan arredor de 170 nenos e nenas de todo o concello repartidos entre Bertamiráns e O Milladoiro. Este programa está dirixido aos nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e primaria e que están empadroados no concello de Ames. Con este servizo ofértase unha alternativa que, ademais de ocupar o tempo de lecer dun xeito divertido e educativo no tempo de vacacións escolares, permítelle ás nais e pais conciliar a vida laboral e familiar. Estas actividades realízanse durante os días 2, 3, 4 e 9 de abril, en horario de 07:30 h. e as 16:00 horas.
Actividades sobre a reciclaxe
Este ano as actividades céntranse na reciclaxe. A finalidade da programación que se está desenvolvendo este ano é que os nenos/as aprendan a reutilización materiais, ao mesmo tempo que cultivan a súa mente e imaxinación ao crear todo tipo de obxectos a partir de materiais que consideran inútiles. Deste xeito, aprenderán a reciclar a partir da súa propia experiencia. Os monitores serán os encargados de explicarlle aos nenos/as a importancia da reciclaxe. É preciso que os rapaces e rapazas comprendan que a reciclaxe existe para evitar a destrución do medio ambiente. Os monitores explicáronlle que para fabricar unha tonelada de papel é necesario utilizar entre 10 e 15 árbores, enerxía eléctrica e unha gran cantidade de auga. En cambio ao reciclar o papel redúcese a tala de árbores, afórrase enerxía eléctrica e auga.
Os nenos e nenas coñecerán a regra das catro erres Reducir, Reutilización, Reciclar e Recuperar (reducir a cantidade de lixo, fomentar a reutilización de envases e bolsas, reciclar materiais como o plástico, e recuperar materiais para volver a utilizalos). Algúns destes conceptos aprenderanos nos obradoiros que desenvolverán. Os rapaces e rapaza participaron no xogo de tres en raia utilizando tapóns de botellas. Empregando material de refugallo tamén elaboraron un paxaro a partir dunha pataca que tiveron que decorar. Outras actividades que desenvolveron foron a elaboración dun peixe con ramas de árbores e a elaboración dun mural pintando coas mans varias cartolinas.
Xogos populares
Outras das actividades nas que participan os rapaces e rapazas son os xogos populares e tradicionais. A cultura do xogo na rúa ensina a respectar normas, a organizarse a marxe da autoridade do adulto, a respectar quendas, a ter amigos/as, etc. Hoxe en día estes xogos seguen sendo tan válidos como antes. O desenvolvemento dos xogos populares está aberto para que cada neno/a achegue os xogos tradicionais que coñecen e os mostren ao resto dos seus compañeiros/as. Durante a Primavera Lúdica os rapaces e rapazas participarán en diferentes xogos populares como son a petanca, as carreiras de sacos, tirar da corda, os bolos, o xogo da ra, a raiola, os aros, o circuíto de chapas e o circuíto das canicas.
Cada día os nenos e nenas participarán por equipos en tres xogos diferentes. Realizarase unha competición na que cada equipo irá sumando puntos dependendo da posición na que quede en cada un dos xogos. O último día o equipo gañador levará un premio como recompensa. Os nenos e nenas tamén teñen tempo para o xogo libre, entendo por iso a posibilidade de que os rapaces e rapazas xoguen de xeito individual ou en grupo a un xogo ou deporte que eles mesmo elixen.
En Bertamiráns participan arredor de 70 nenos e nenas. As actividades desenvólvense para todos os cativos/as e durante todos os horarios no CEIP A Maía. No Milladoiro participan na Primavera Lúdica arredor de 100 nenos e nenas, divididos entre a Escola Infantil (onde se atopan os nenos e nenas entre tres e cinco anos) e a Casa da Cultura e pavillón polideportivo (nestas dependencias están os nenos/as de entre 6 e 12 anos).
Frades – a parroquia de Añá celebra a festa da Santa Resaca
A PARROQUIA DE AÑÁ (FRADES) CELEBRA MAÑÁ XOVES A SÉTIMA EDICIÓN DA FESTA DA XUVENTUDE NA HONRA DA SANTA RESACA
As orquestras Aché e Ciclón porán a música á festa da mocidade fradense, que contará con carpa e amplias zonas de aparcamento
04 de abril de 2012.- A parroquia fradense de Añá celebrará mañá xoves, 5 de abril, a Festa da Mocidade na honra da Santa Resaca, que este ano chega á súa sétima edición e que conta coa colaboración do Concello de Frades. Milleiros de mozos, tanto do municipio coma dos demais concellos da comarca, reuniranse a partires das 23:00 horas no campo da festa de Añá para asistiren a esta peculiar celebración, na que disfrutarán dunha noite de verbena ata altas horas da madrugada protagonizada polas orquestras Aché e Ciclón.
Unha festa que estará presidida pola imaxe da Santa Resaca, creada hai cinco anos por un veciño desta aldea de Frades que moldeou unha figura de madeira con forma de muller, cunha botella nunha man e un vaso noutra, que foi bautizada como “Santa Resaca”. De feito, no campo da festa haberá un “altar” dende onde a Santa Resaca presidirá as celebracións e mesmo sairá en “procesión” polos arredores do campo da festa da man dos “devotos”.
Na zona haberá habilitadas varias parcelas para aparcamento e, en previsión de que chova, haberá unha carpa que cubrirá o campo da festa de Añá.
Santiago – Ars Combinatoria e Germán Diz no auditorio
Ars Combinatoria e Germán Díaz na segunda xornada do programa musical ‘Semana Santa 2012’
- O programa presenta unha variedade musical indo desde a época Medieval ata o Barroco con algunha incursión no Romanticismo e no século XX
- As entradas son de balde (agás para o concerto do Auditorio) previa retirada de convites na billeteira do Principal aberta de 18.00 a 21.00h.
Santiago de Compostela, 04/04/2012.- Logo do concerto do coro Vox Stellae na xornada inaugural chega a cita con Ars Combinatoria e Germán Díaz que estarán ás 20.00 e 22.00h na xornada do Xoves Santo. Seguimos así co programa musical ‘Semana Santa 2012’ que engloba nove concertos que se celebrarán na Igrexa da Universidade agás un que será no Auditorio de Galicia. Celébrase do 4 ao 8 de abril, e presenta unha ampla variedade musical indo desde a época Medieval ata o Barroco con algunha incursión no Romanticismo e no século XX e todos os músicos teñen vinculación con Galicia.
Este programa foi elaborado desde a concellería de Cultura para completar a programación cultural da Semana Santa logo de confirmarse que este ano non se podería celebrar o festival de Músicas Contemplativas. Así, traballouse nun programa variado no que todos os artistas teñen algunha relación con Galicia, ben porque son galegos, ben porque desenvolven a súa actividade no noso país.
Na xornada do xoves teremos dous concertos. O primeiro, ás 20.00h será con Ars Combinatoria que presenta ‘Quando fuere menester glosar, música renacentista e poesía do Século de Ouro español’ e ás 22.00h poderemos escoitar a Germán Díaz, zanfonista que nos presenta un novo método, o cardiofónico, baseado nos latexos do corazón.
Ars Combinatoria (Xosé Luis Saqués, recitador e percusión; Elsa Ferrer, violín; Carlos García Amigo, violoncello; e Canco López, órgano) pretende enredar coa súa música a outras expresións artísticas. Nesta ocasión a poesía é a que comparte protagonismo coa música por medio dunha práctica común que é a glosa. Esta composición poética, cuxa máxima popularidade se sitúa na literatura do Século de Ouro, estriba na idea de interpretar versos ou poemas soados. Estes versos adoitan inserirse no novo texto glosado (xeralmente ao final de cada estrofa), de tal xeito que quedan incorporados organicamente a este polo sentido e pola rima, como sucede na glosa.
Germán Díaz naceu en 1978 en Valladolid, onde realiza estudos de guitarra clásica e Filoloxía Clásica. Único zanfonista español que pertenceu á mítica Viellistic Orchestra, Orquestra de zanfonas asentada en Francia cos mellores instrumentistas do mundo, preséntanos o seu método cardiofónico, un estilo musical baseado no ritmo dos latexos do corazón.
Entradas na billeteira do Principal
A entrada para todos os concertos agás o do Auditorio é de balde previa retirada de convites, cun máximo de dous por persoa, na billeteira do Teatro Principal, aberta de martes a sábado de 18.00 a 21.00h. O concerto do Auditorio de Galicia terá un custe de 3€, agás para os abonados que é de balde.