Ayuntamiento de Ames
[09/02/2010] A Xunta de Goberno local vén de aprobar o expediente de contratación do servizo de limpeza de interiores e mantemento de zonas exteriores do colexio e comedor de Ventín, escola de educación infantil Milladoiro e da escola infantil municipal A Madalena. O departamento de Contratación está licitando os servizos de limpeza que se levan a cabo nas dependencias municipais. Este é o segundo lote, e último, de centros de ensino, que saen a concurso e nos vindeiros meses rematarase o proceso, licitando o servizo de limpeza doutras instalacións municipais.
O departamento de contratación do Concello de Ames está traballando para sacar a concurso os servizos de limpeza de todas as instalacións e dependencias municipais. No primeiro grupo que saíu a concurso encadráronse as dependencias dos centros de ensino da zona norte do concello como son o CEIP Bispo Guerra Campos, CEIP Agro do Muíño, CEIP Barouta e EEI O Bosque. Este servizo xa foi adxudicado durante o ano pasado á empresa Servicios Auxiliares de Mantenimiento y Limpieza, S.L.
Agora, seguindo o esquema de traballo do departamento de Contratación, procedeuse a licitar o segundo lote de dependencias, que inclúe os centros educativos e instalacións educativas da zona sur do concello. Para elo a Xunta de Goberno local aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas para a contratación mediante procedemento aberto do servizo de limpeza de interiores e mantemento de zonas exteriores do colexio de Ventín, comedor de Ventín, escola de educación infantil do Milladoiro e escola infantil municipal a Madalena.
Posteriormente, nos vindeiros meses, sacárase a concurso o terceiro lote de dependencias, entre as que se atopan, a Casa da Cultura do Milladoiro e as instalacións da Policía local de Ames.
O anuncio de licitación deste concurso debe ser publicado no boletín oficial da Unión Europea, onde estará exposto durante un prazo de 52 días. Ademais será publicado no Boletín Oficial do Estado e no Perfil de contratante, para que durante o prazo de quince días dende a última publicación os interesados poidan presentar as proposicións que estimen pertinentes.
A efectos de garantir a estabilidade no emprego, o contratista estará obrigado a contratar para a prestación do servizo aos traballadores que actualmente o prestan, todo elo de acordo co convenio colectivo que sexa de aplicación. O prezo de licitación que se establece por ano é de 76.105,41 euros, máis IVE.
Características do servizo
O servizo de limpeza diario prestarase durante 10 meses ao ano, basicamente desde o 1 de setembro ata o 30 de xuño do ano seguinte no colexio e no comedor de Ventín e na EEI Milladoiro. Na escola infantil municipal A Madalena o servizo prestarase ao longo do ano completo, é dicir os doce meses. Durante o mes de agosto, a época de Nadal e a semana santa levarase a cabo unha limpeza xeral.
Así mesmo, nas datas de Nadal e semana santa, así como durante a época estival, no caso de que se realicen actividades lúdicas nalgún dos centros, procederase a realizar igualmente a limpeza das aulas ou dependencias no que se desenvolvan estas actividades, situación que se comunicaría con antelación á adxudicataria. Ademais levarase a cabo unha limpeza diaria das zonas verdes con recollida de papeis e refugallos.
A concelleira de Economía e Facenda, Patricia Conde, declarou que "o obxectivo é que durante este ano quede resolta a contratación dos servizos de limpeza das diferentes dependencias municipais"
BNG AMES
O acto, que leva por título “Ten creto o decreto?”, está promovido pola Asociación Cultural Follas Novas e nel intervirán:
> Francisco Fernández Rei. Membro da Real Academia Galega.
> Xavier Ferreira Fernández. Profesor da Facultade de Dereito da USC.
> Bieito Silva Valdivia. Profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
> José Manuel Vez Jeremías. Profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
PP ARZUA
• El acto será abierto a todos los coruñeses y se celebrará en la Asociación de Vecinos AA.VV O Cruceiro en el Castrillón
Mañana, miércoles, 10 de febrero, el concejal Grupo Municipal Popular, Miguel Lorenzo, ofrecerá una charla, para informar sobre las consecuencias del nuevo Plan General de Ordenación Urbana. El acto tendrá lugar en el en los la sede de la AA.VV O Cruceiro en el Castrillón, a las 20.30 horas. La conferencia estará abierta a todos los coruñeses que quieran acudir para informarse sobre el nuevo PGOM.
CONFERENCIA MIGUEL LORENZO PGOM
DÍA: Miércoles, 10 febrero
HORA: 20.30 hs
LUGAR: Sede AA.VV O Cruceiro (Avda de los Caídos, 194 – Castrillón
PP MELIDE
PSOE SILLEDA
Recordan ademáis que este convenio chegara despois de que, por acordo plenario se aprobara a adhesión do
Esta recollida é fundamental xa que con ela, elimínanse os aceites usados domésticos das augas residuais urbanas, eliminando o prexuízo que lle causa á rede de sumidoiros e ás propias plantas de EDAR, “ademáis do beneficio medioambiental que conseguimos sobre os nosos acuiferos e a nosa contorna por iso e inentendible que se esquezan dunha iniciativa de este tipo”
AYUNTAMIENTO DE BRION
PP BRION
AYUNTAMIENTO DE BRION
O CONCELLO DE BRIÓN ABRE O PRAZO DE
INSCRICIÓN NO SEU CONCURSO DE DISFRACES
A festa, con máis de 2.200 euros en premios, terá lugar no pavillón polideportivo de Pedrouzos coa actuación da orquestra “Os Satélites”
09 de febreiro de 2010. O Concello de Brión abríu o prazo de inscrición no seu tradicional Concurso de Disfraces, que terá lugar o vindeiro domingo 21 de febreiro, ás 16:30 horas. Un certame ao que o Concello de Brión destina este ano 2.210 euros en premios e cuxo prazo de inscrición estará aberto ata o sábado 20 de febreiro na Casa da Cultura. Tamén se admitirán anotacións o mesmo día do concurso, concretamente entre as 15:00 e as 16:00 horas na Casa da Cultura.
As bases do concurso de disfraces establecen un total de tres categorías. Na primeira delas participarán nenos e nenas menores de 11 anos, que se repartirán tres premios de 50, 40 e 20 euros en material didáctico. Na categoría xuvenil, de 12 a 17 anos, os premios serán de 55, 40 e 20 euros en material didáctico.
Na categoría de adultos, modalidade individual, os premios serán de 100, 75 e 50 euros, respectivamente. Finalmente, na categoría xeral establécense tres modalidades de concurso: grupos (de 2 a 89 persoas), Comparsas (máis de 8 persoas) e Carrozas. Nesta categoría repartiranse un total de 1.750 euros en premios.
Todos os participantes no concurso de disfraces participarán previamente nun desfile de Entroido polas rúas de Pedrouzos. O desfile sairá ás 16:30 horas da Carballeira de Santa Minia e fará un percorrido ata o pavillón polideportivo, onde terá lugar o concurso e unha gran festa de disfraces final con música en directo a cargo da orquestra Os Satélites
AYUNTAMIENTO DE FRADES
BNG A ESTRADA
A Estrada, 9 de febreiro de 2010: O Grupo Municipal do BNG da Estrada ven de presentar no rexistro do Concello unha moción na que solicita de todas as forzas políticas con representación municipal o apoio ao Manifesto “Galiza ten dereito”, así como a adhesión do Concello da Estrada a este.
O Manifesto “Galiza ten dereito” foi presentado formalmente no Parlamento Galego o pasado 5 de febreiro. No acto procedeuse á súa sinatura por parte do portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez; asinando tamén o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda; o secretario xeral da CIG, Suso Seixo; a secretaria de Organización de UXT, Irene Martínez; o secretario de Desenvolvemento Organizativo de CC OO de Galiza, Carlos Pardo; e o presidente da Confederación de Empresarios de Galiza, Antonio Fontenla.
Os asinantes deste Manifesto queren que Galiza teña dereito a un sistema financeiro propio, eficiente e ao servizo do País, a elaborar leis en beneficio da sociedade e da economía galegas e a que o Estado respecte o noso autogoberno.
O encontro da meirande parte das forzas sociais e políticas asinantes do Manifesto é a expresión de que o pobo galego non está disposto a deixarse asoballar por un Goberno do PSOE que en Galiza adopta medidas que non toma no resto do Estado, como é este recurso presentado contra a Lei de Caixas, aprobada polo Parlamento de Galiza, a iniciativa do BNG, que vai dirixido a paralizar a fusión das caixas galegas, a favorecer a súa deslocalización e a provocar o espolio do aforro galego.
O Goberno do Estado, dirixido por Rodríguez Zapatero, pretende levar o aforro galego para fóra, para que financie o desenvolvemento doutros territorios, algo que o BNG e a sociedade galega en xeral, e a da Estrada en particular non podemos permitir. O aforro do pobo galego é dos galegos e das galegas e debe reverter no noso desenvolvemento e non no de Madrid. Ou temos unha caixa de aforros galega ou teremos dúas sucursais de bancos con sede en Madrid.
--
Asdo.: Xosé Manuel Baños.-
Responsábel Local do BNG da Estrada
Nota de prensa do BNG da Estrada: Galiza ten dereito, Galiza ten que defender o seu
A Estrada, 9 de febreiro de 2010: O Grupo Municipal do BNG da Estrada ven de presentar no rexistro do Concello unha moción na que solicita de todas as forzas políticas con representación municipal o apoio ao Manifesto "Galiza ten dereito", así como a adhesión do Concello da Estrada a este.
O Manifesto "Galiza ten dereito" foi presentado formalmente no Parlamento Galego o pasado 5 de febreiro. No acto procedeuse á súa sinatura por parte do portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez; asinando tamén o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda; o secretario xeral da CIG, Suso Seixo; a secretaria de Organización de UXT, Irene Martínez; o secretario de Desenvolvemento Organizativo de CC OO de Galiza, Carlos Pardo; e o presidente da Confederación de Empresarios de Galiza, Antonio Fontenla.
Os asinantes deste Manifesto queren que Galiza teña dereito a un sistema financeiro propio, eficiente e ao servizo do País, a elaborar leis en beneficio da sociedade e da economía galegas e a que o Estado respecte o noso autogoberno.
O encontro da meirande parte das forzas sociais e políticas asinantes do Manifesto é a expresión de que o pobo galego non está disposto a deixarse asoballar por un Goberno do PSOE que en Galiza adopta medidas que non toma no resto do Estado, como é este recurso presentado contra a Lei de Caixas, aprobada polo Parlamento de Galiza, a iniciativa do BNG, que vai dirixido a paralizar a fusión das caixas galegas, a favorecer a súa deslocalización e a provocar o espolio do aforro galego.
O Goberno do Estado, dirixido por Rodríguez Zapatero, pretende levar o aforro galego para fóra, para que financie o desenvolvemento doutros territorios, algo que o BNG e a sociedade galega en xeral, e a da Estrada en particular non podemos permitir. O aforro do pobo galego é dos galegos e das galegas e debe reverter no noso desenvolvemento e non no de Madrid. Ou temos unha caixa de aforros galega ou teremos dúas sucursais de bancos con sede en Madrid.
--
Asdo.: Xosé Manuel Baños.-
Responsábel Local do BNG da Estrada
BNG ORDES
O portavoz Municipal do BNG
CONCELLO DE BRION
O Concello non é propietario das instalacións
AYUNTAMIENTO DE FRADES
NUN CURSO DE GUITARRA E PERCUSIÓN
O Concello de frades subvenciona o 50% do custe desta actividade
08 de febreiro de 2010.- Un total de 15 veciños e veciñas de Frades participan dende o pasado sábado, 6 de febreiro, nun curso de guitarra e percusión. Un curso que terá lugar todos os sábados entre febreiro e maio no edificio multiusos fradense. Quince veciños divididos por idades en tres grupos de cinco persoas: de 5 ata 11 anos, de 12 ata 15 anos e maiores de 15 anos.
O Concello de Frades subvenciona o 50% do custe deste curso, de xeito que os alumnos tan só teñen que aboar unha cuota total de 50 euros. Así mesmo, e como medida de apoio ás familias do municipio, o Concello de Frades estableceu tamén un desconto do 50% para o segundo irmán que se anote no curso.
Esta será a primeira vez que se celebre un curso destas características en Frades que, ao ser impartido a grupos reducidos, facilitará un maior aproveitamento das sesións por parte dos alumnos. As clases terán lugar no multiusos de Frades todos os sábados, ata o mes de maio, en horario de mañá.
ayuntaiento de boqueixon
Xa está todo listo para o inicio do Entroido no Concello de Boqueixón.
Como cada ano o carnaval comezará terá os seus pratos no fin de semana de Entroido e no domingo de Piñata.
O sábado na Parroquia de Codeso as tradicionais Sátiras, un Entroido diferente ós xenerais do Ulla, un carnaval fundamentalmente satírico, de grande participación, no que cada unha das 5 aldeas da parroquia escenifican unha obra onde a sátira e a ironía política e social cobran especial importancia. Os actos comezarán o Sábado 13 as 17:00 no campo da Festa de Lestedo.
O domingo tomará o relevo do Entroido boqueixanés a parroquia de Sergude. A partir das 11:00, correos, xenerais e toda a parranda, comezarán o seu percorrido pola parroquia, dando os vivas ós veciños. Sobre as 19:00 unha vez reunidos de novo no campo da festa comezará o Alto ou Atranque entre os xenerais, que rematará cunha festa para todos os asistentes.
Para rematar o Entroido por todo o alto o Domingo 21 de Febreiro a parroquia de Lestedo acollerá a XVII edición da FESTA DA FILLOA, recoñecida como Festa de Galicia de Interese Turístico e que ó longo do día atraerá a esta parroquia a miles de visitantes.
Ás 13:30 a actriz da serie Matalobos da TVG, María Mera, leerá o pregón da festa e abrirá unha xornada chea de actuación musicais, degustación de Filloas, chourizos, polbo....., que se pechará ás 18:00 co Alto do Xenerais da Ulla e ás19:00 coas actuacións das orquestras Olimpus e Aché.
AYUNTAMIENTO DE AMES
O rexedor municipal, Carlos Fernández, pediulle á Xunta de Galicia que tome unha decisión de xeito inmediato sobre o parque comarcal de bombeiros e o lugar onde vai ser construído. Fernández quere deixar claro que se debe respectar o acordo subscrito co anterior goberno da Xunta de Galicia e polo cal se acordou que o devandito parque se ía a construír no Milladoiro. O pasado 16 de xullo asinouse a escritura de cesión gratuíta da parcela EQ-3, situada no S-16 do polígono de Galdrachán, para que a Dirección Xeral de Protección Civil comezase a executar as obras.
Dende que en outubro de 2008 se anunciou que Ames sería a sede do novo parque comarcal de bombeiros xa pasou máis dun ano e aínda non se comezou a construír o devandito parque. O acordo adoptado no seu día entre o Conselleiro da Presidencia, José Luis Méndez Romeu, o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda e o alcalde de Ames, Carlos Fernández, non tivo valor para o novo goberno autonómico e dou un xiro a proposta dos seus antecesores propoñendo que esta instalación quedase en Santiago de Compostela.
Agora, despois de que pasasen varios meses desde esa decisión e de producirse diferentes xiros na execución do proxecto, parece que a Xunta volve considerar a opción do Milladoiro para albergar un parque que prestaría servizo a varios concellos da comarca como poden ser Brión, Teo, Boqueixón, Vedra e incluso Padrón.
Sobre este asunto o alcalde Ames, Carlos Fernández, desexa que se aclare o máis axiña posible a localidade onde se vai a construír o futuro parque comarcal de bombeiros. Fernández manifestou a súa preocupación por unha cuestión que se está prolongando demasiado no tempo e que xa debería estar resolta. “A Xunta de Galicia está xogando coa seguridade e as emerxencias de miles de persoas nesta comarca ao retrasar practicamente nun ano, un servizo fundamental como é o que prestan os bombeiros”.
O alcalde incide en que “dende o Concello de Ames o único que fixemos foi aportar unha solución a un problema que existía. Agora parece que nos queren enfrontar aos alcalde de Ames e Santiago para que disputemos polo parque comarcal de bombeiros, pero iso non vai a suceder porque é a Xunta de Galicia a que ten que decidir onde se vai a construír o devandito parque”.
Por outra banda, Fernández, engade que “nós nunca interferimos nas negociación entre o goberno autonómico e o Concello de Santiago. No momento no que xorden problemas nesa negociación e esa opción queda inhabilitada e cando vemos que temos a oportunidade de comezar a negociar coa Xunta de Galicia e coa Deputación da Coruña para que esa instalación se constrúa en Ames”.
Procedemento administrativo
O rexedor municipal recorda que despois de chegar a un acordo tanto co anterior goberno autonómico como coa Deputación da Coruña a corporación municipal amiense tivo que aprobar no pleno celebrado o pasado 30 de outubro de 2008 a cesión da parcela EQ-3 situada no S-16 do Polígono de Galdrachán, no Milladoiro, á Xunta de Galicia co fin de levar a cabo este proxecto.
Para iso primeiro houbo que deixar sen efecto o acordo plenario adoptado na sesión do 24 de abril de 2008, polo que se acordou a cesión gratuíta desta parcela á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a construción duns instituto de educación secundaria no núcleo do Milladoiro.
Unha vez resolto ese trámite a corporación municipal aprobou a cesión gratuíta da parcela EQ-3 do sector S-16 Galdrachán de 4.700 metros cadrados a favor da Dirección Xeral de Protección Civil para a construción do parque comarcal de bombeiros na localidade do Milladoiro. Con este trámite resolto a Administración autonómica xa puido comezar no verán de 2009 a executar o novo parque comarcal de bombeiros no Milladoiro.
Posteriormente, o 16 de xullo de 2009, levouse a cabo o último paso necesario para que esa parcela pasase a ser de titularidade autonómica. Este trámite non era necesario para que puidesen comezar as obras, pero aínda así a Administración local apresurouse a realizalo para finalizar co proceso o antes posible. O alcalde de Ames, Carlos Fernández, e o subdirector xeral do Patrimonio da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, Pablo Moure, foron os encargados de asinar a escritura pública de cesión gratuíta da parcela á Dirección Xeral de Protección Civil.
Inseguridade cidadá
O rexedor municipal incide na importancia de que se execute o antes posible este parque porque repercute na seguridade de toda a cidadanía. “Fai uns días ardeu unha furgoneta nunha rúa de Bertamiráns e poucos días antes sendas cociñas en Bertamiráns e no Milladoiro. Estas emerxencias foron atendidas polo GRUMIR con sede en Brión. Diante desta situación pregúntome que sucedería se ocorrese algo máis grave e non alcanzase a atendelo o grupo de emerxencias de Brión. Parece que o goberno autonómico está agardando a que ocorra algo grave para logo lamentalo”.
No caso de que finalmente se execute o devandito parque en Ames este contará con 800 metros cadrados de superficie nunha soa planta e estará dotado cunha plantilla de 18 bombeiros, un vehículo subministrador con capacidade para 8.000 litros de auga, un vehículo de saída e outro para realizar rescates en altura. O investimento total será de preto de 2.200.000 euros, dos cales 1.200.000 irán destinados á adquisición dos vehículos e 300.000 para equipamentos.
Antes de rematar Carlos Fernández quixo deixar constancia de que “este si que é un asunto gordo e non o das facturas de Correos. Este si que é un problema que lles importa aos cidadáns e non as facturas dunha empresa importante e do Estado que xa se encargaría de cobrar se fose preciso. Aquí está en xogo a seguridade e emerxencias das persoas e as súas casa e industrias”.
Un ano máis, a mocidade amiense aproba con boa nota
A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ames (OMIX) salienta a notable participación nas iniciativas do pasado ano 2009 nas que uns 1.200 mozos e mozas gozaron coas actividades ofertadas. Obradoiros educativos, formativos, de lecer e mesmo excursións formaron parte da axenda dos pasados 12 meses. En tan só un mes dende o arranque do 2010, xa son 180 os rapaces e rapazas inscritos nalgunha actividade da grella trimestral.
Ademais da súa labor de asesoramento e orientación xuvenil de cara a axudas, subvencións, cursos formativos e outras convocatorias, a OMIX conta coa súa propia programación de actividades para fomentar a formación e o lecer dos amienses. Desta forma, convértese no centro coordinador de todas as iniciativas e ideas da xuventude, canalizando e fomentando ese desenvolvemento persoal e social e resolvendo as súas dúbidas así como dando forma aos seus intereses e inquedanzas.
O pasado período 2009 resolveuse cunha moi positiva asistencia, máis de 1.200 participantes, na variedade de obradoiros que oferta anualmente a oficina. Un dos máis demandados foi o de artes escénicas, onde os mozos e mozas entre 12 e 18 anos aprenderon acerca da interpretación, a luz e o son, a plasticidade que aporta a danza e a expresión corporal, e o correcto uso do vestiario, a maquillaxe ou o atrezzo.
O programa de cultura urbana foi outro dos máis demandados pola mocidade amiense, que incluíu cursos de break dance e graffite. Ademais houbo un curso de decorados e escenografía que tamén levou a cabo a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ames (OMIX) e no cal os asistentes confeccionaron unha carroza que desfilou na pasada Cabalgata de Reis.
Pero tamén a actividade física foi protagonista grazas ao programa de deporte aventura mediante o cal os rapaces e rapazas puideron descargar a súa adrenalina mentres practicaban rafting, barranquismo e caiac. A experiencia das excursións non quedou só nesa cita, xa que 40 mozos e mozas viaxaron ata Denia, en Alicante, para convivir no campamento xuvenil de verán.
Obradoiro nos centros de ensino
As actividades educativas tamén foron un dos eixes principais que sostiveron a grella do pasado ano. Estas iniciativas desenvoltas nos centro de educación trataron diferentes temáticas que afectan de cheo á mocidade como os hábitos alimenticios e as condutas de risco na alimentación dos mozos, a educación afectiva sexual, o apoio educativo, a expresión artística e o teatro, a informática e internet… e moitos outros.
VI Festa da Mocidade de Ames
O pasado mes de setembro milleiros de mozos e mozas participaron nesta celebración na que, ao longo do día, tivo lugar unha ampla oferta lúdica. As principais prazas de Bertamiráns foron os epicentros de diferentes actividades como quads, un circuíto de strikers, un rocódromo, rapper e tirolina; así como de obradoiros de chapas, maquillaxe, globoflexia e graffite e un torneo deportivo.
Ademais, por primeiro ano, o Pazo da Peregrina acolleu diversas exhibicións e representacións teatrais e musicais nas que, voluntariamente, participaron máis dun centenar de rapaces e rapazas de Ames amenizando a tarde aos asistentes. Esa foi a antesala perfecta para as actuacións nocturnas de grupos locais que tocaron e congregaron a un importante número de público.
Proximamente
A OMIX quere facilitar á mocidade amiense o acceso á súa labor, por iso, trasladarase en vindeiras datas dous días á semana ata o I.E.S. Ames. Alí instalará un Punto de Información Xuvenil (PIX) onde os mozos e mozas disporán da información que necesiten de primeira man e contestarán calquera consulta que desexen facer.
Neste stand, haberá información tanto dos programas da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado como do propio Concello, así como de outros diferentes organismos oficiais. Todo para unha correcta documentación actualizada acerca de viaxes ao estranxeiro, carné xove, voluntariado, asociacionismo, premios e concursos e outras actividades de interese.
Programación neste 2010
A vindeira actividade que ten prevista a OMIX, enmarcada dentro da grella trimestral de deporte aventura, será o próximo 13 de marzo onde os interesados poderán practicar hidrospeed no río Ulla.
Pero non todo remata aí, xa que nas próximas datas a mocidade amiense contará con outras actividades para o tempo libre. Neste senso, está a disposición dos rapaces e rapazas o número de teléfono 981 883 002 onde se poderán informar de estas e moitas outras iniciativas máis.
O Punto Limpo supera as 350 entradas durante o primeiro mes do ano
O Punto Limpo comeza este ano como rematou o 2009. Durante o mes de xaneiro volvéronse a superar as 300 entradas ao igual que durante a maioría dos meses do ano pasado. Estes datos confirman que os e as amienses seguen a empregar este centro de depósito para desfacerse daqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel. En total, foron 353 as entradas rexistradas no pasado mes de xaneiro.
Os datos de utilización do Punto Limpo amosan a tendencia deste depósito de superar ano a ano a media de entradas recibidas. Iso vese claramente se comparamos os datos dos dous últimos anos. Mentres que no 2008 houbo un total de 3.102 entradas no ano 2009 aumentaron chegando ás 3.863. A media de entradas rexistradas por mes durante o ano pasado situouse arredor das 322, superando claramente a media de 2008 que foi de 250 entradas. Estes datos indican unha clara mostra do respecto e da preocupación da cidadanía amiense polo medio.
Durante o primeiro mes deste ano mantívose esa tendencia ascendente e rexistráronse un total de 353 entradas. En xaneiro os e as amienses entregaron no Punto Limpo 2.430 quilos de equipos electrónicos, un metro cúbico de unidades de envases baleiros contaminados, 48 unidades de tubos fluorescentes e outros tipos de lámpadas, 42 pneumáticos fóra de uso, 12 baterías de chumbo e 5 quilos de pilas. A veciñanza deixou tamén 53 quilos de pintura, 7 aerosois, 6 metros cúbicos de papel, 6 metros cúbicos de roupa, 20 metros cúbicos de plásticos, 20 de metais e outros 20 de voluminosos como colchóns, sofás e escumas. Os entullos procedentes de obras menores supuxeron 90 metros cúbicos e os restos de madeira chegaron aos 20 metros cúbicos. Por último, achegáronse 165 litros de aceites vexetais e 68 de motor.
O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do polígono Novo Milladoiro e ata alí poden achegarse todos os veciños e veciñas de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materias que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel. O centro está aberto preto de 40 horas semanais en xornada de mañá e tarde entre luns e o sábado. Así, o Punto Limpo abre de luns a venres de 10:00 h. a 14:10 h. e de 16:00 h. a 18:00 horas. Os sábados o horario é de 9:00 h. a 14:10 h. e de 16:00 h. a 20:00 horas. Ao mesmo tempo, a Concellaría de Servizos Básicos mantén un servizo de recollida gratuíta de mobles e trastes que se fai todos os venres. So é preciso chamar ao 981 191 240 indicando o tipo de residuo que quere tirar e deixalo xunto ao colector de lixo máis próximo á súa vivenda.
PSOE TRAZO
BALEIRE DE CONTIDOS OS PLENOS MUNICIPAIS
Eugenio Pazos sinala que “de non ser polas preguntas do grupo socialista, o pleno de hoxe non tería debatido nada”
05 de febreiro de 2010.- O grupo municipal socialista de Trazo lamenta que o alcalde tracense baleire de contidos os plenos municipais, logo de que a sesión ordinaria celebrada esta mañá se limitase a aprobar a acta da sesión anterior, a decretos da Alcaldía e rogos e preguntas. “De non ser polas preguntas que fixemos dende o grupo municipal socialista, no pleno de hoxe non se tería tratado de nada”, denuncia o concelleiro Eugenio Pazos. “Estamos asistindo a plenos nos que non hai nada que debatir, onde non se quere escoitar ningunha outra opinión que non sexa a do grupo de Goberno”, denuncia Pazos.
Así, no pleno desta mañá o grupo municipal socialista interesouse pola situación do transporte metropolitano (quedando emprazados a unha reunión sobre o tema o día 13 de febreiro), sobre as obras incluídas no Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local, sobre a convocatoria dos exames para as prazas no Concello (que terán lugar nos vindeiros días) e sobre o estado das concentracións parcelarias de Benza e Trazo (cuxa planimetría será exposta próximamente).
PP VEDRA
• El representante popular critica que el Presidente de la Diputación y el alcalde se apunten ahora el mérito de la puesta en marcha del proyecto
• Martínez Carrillo considera que han sido los vecinos los que han conseguido que por fin se arregle la carretera
Vedra, 5 de febrero de 2010.- El Portavoz del Partido Popular de Vedra, Carlos Matínez Carrillo, muestra su satisfacción ante las “tan demandadas” obras de la carretera CP-8023, en San Julián de Sales, pero lamenta que, tanto el alcalde, Odón Cobas, como el Presidente de la Diputación, Salvador Fernández Moreda, intenten apuntarse el mérito del inicio de las obras, ya que, tal y como indica el representante popular, “ha sido gracias a los vecinos, con sus peticiones y protestas, los que han logrado que el arreglo de la carretera no se demore más”.
En este sentido, el portavoz popular critica las declaraciones de Fernández Moreda en las que indicaba que si el proyecto no se había iniciado antes era por culpa del PP, que lo había dejado encerrado en un cajón, y que, ahora, por petición del actual alcalde de Vedra el proyecto se había licitado. Martínez Carrillo considera “una tomadura de pelo” estas declaraciones, ya que “ha tenido siete años, los que lleva Fernández Moreda al frente de la Diputación, y 13, los que lleva el alcalde en el Ayuntamiento, para sacarlo del cajón y hacer realidad el proyecto”. Para el representante popular, este hecho pone en evidencia una vez más la desidia y la incompetencia de este Gobierno Municipal, que no es capaz de solicitar con más urgencia la puesta en marcha de unas obras que los vecinos llevan reclamando años.
Del mismo modo, Martínez Carrillo lamenta las “excusas de mal pagador” de Fernández Moreda al indicar que no se han iniciado antes las obras debido a deficiencias en el proyecto. Un hecho al que califica, además, de muy grave, ya que “por culpa de la negligencia y de los errores del ente provincial, muchos vecinos, a los que ya se les había expropiado su terreno y habían levantado sus cierres, ahora, han tenido que derribarlos debido a que le han tenido que expropiar más terreno”.
AYUNTAMIENTO DE BRION
Os alumnos aprenderán a construír un bancal acolchado con rega a pinga e minitúnel para os seus cultivos
05 de febreiro de 2010.- O Concello de Brión convoca un curso práctico e gratuíto sobre agricultura ecolóxica denominado “A horta: o solo, pragas e enfermidades, poda e enxerto”. Trátase dun curso de 20 horas de duración, que terá lugar todos os martes de xoves entre o 23 de febreiro e o 18 de marzo, e que está pensado especialmente para agricultores e horticultores, polo que o horario será de 19:30 a 22:00 horas no centro social polivalente de Pedrouzos e na aula de formación de San Salvador de Bastavales.
Ao longo desas 20 horas, os alumnos aprenderán a coidar as súas hortas, analizando os distintos tipos de solo, a poda de froiteiras e os enxertos. Ademais, os veciños e veciñas de Brión que se anoten no curso aprenderán a elaborar preparados de plantas para tratar os seus cultivos e mesmo a construír un bancal acolchado con rega a pinga e minitúnel, un dos sistemas de rego máis eficientes. O curso é totalmente de balde, se ben é preciso inscribirse na Casa da Cultura de Brión ou no teléfono 981 509 908 antes do 23 de febreiro.
PSOE SILLEDA
Solicita tamén información sobre se os parques eólicos instalados no concello tributan xa como BICES tal e como reclamou o goberno socialista.
O grupo municipal socialista reclama o novo executivo que continúe coa liña aberta de reclamación á promotora do parque eólico do Couto de San Sebantian da liquidación provisional das obras executadas
Recordan que no mes de Febreiro de 2.009 o Concello Silledense demandara a empresa Fomensa Hispania S.L para que abonaran 281.992,66 euros, resultado da liquidación do adebedado en concepto de tributos correspondentes á construción do parque eólico que esta empresa situou en Couto de San Sebastián, As Candas, Cruz de Portela, Couto das Quintas, Penas Santas e Campo Grande.
Esta cantidade provén da diferencia entre o que a empresa abonou en concepto de autoliquidación en 2004 e o importe real que tiña que ter abonado polo Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO). “Esperamos que o concello continue con esta reclamación, pero a día de hoxe descoñecemos se teñen feita xa algunha xestión o respecto”.
Os socialistas recordan que a empresa Fomensa Hispania S.L. presentara un recurso contencioso administrativo contra esta reclamación económica e que “por datas, debería ter sido contestado dende o Concello, pero nada se sabe, coma sempre”. Os socialistas esperan que logo de esta petición feita polo grupo municipal socialista resposten a este recurso no xulgado e “tenten cobrar alomenos esta cantidade mentras non se vexan avances coa débeda da Semana Verde”
A falla de información sobre este proceso xudicial,”un dos poucos abertos que pode dar cartos a Silleda”, xenera certas dúbidas entre os socialistas xa que “como este expediente data da etapa de Roucho, e non se fixera ninguna reclamación para cobrar o que por lei lle correpondía ó concello, temos medo de que o paralice, e esos cartos son moi necesarios para a economía silledense”.
No concello existe un informe técnico e outro da policía local no que se demostra que mentras o proceso está no xulgado os muiños seguen a render beneficios para a empresa, “mentras que o Concello segue sen poder ingresar os cartos que lle corresponde por xustiza” por iso pídese a Rey que actúe con celeridade e seriedade neste proceso “ e que non permita que un novo acordo coa empresa con parte dos membros do seu goberno poña en perigo este ingreso tan necesario para as arcas municipais”.
Os socialistas sinalan que as súas dúbidas veñen refrendadas no feito de que o expediente remóntase a outubro de 2004, estando Fernandez Vieitez no Concello, e a empresa chegara un acordo con él, de pagar 19.328,14 € de licencia, cantidade correspondente exclusivamente a obra civil do parque, sen cuantificar o importe correspondente os muíños de vento “que é o máis caro do parque”, e a poñer en valor o centro social de Moalde. A cambio o Concello optaba por non requerir xudicialmente o pagamento da licencia completa, algo que aportaría moitos máis cartos e beneficio o Concello “O goberno de Roucho nunca lle reclamou o pago de licencia completa como fixeron outros Concello como Rodeiro, que por certo, gañou e cobrou e por iso agora temos que asegurarnos de que retomen este proceso que pode supor o ingreso de 281.992,66 euros”
Antecedentes:
Foi no ano 2.004 cando Fomesa Hispania obtivo a correspondente licencia para a instalación do citado parque eólico, e daquela a empresa consignou un importe en concepto de execución de material de 859.093,36 euros polo que lle correspondía abonar ao Concello unha cuota tributaria de 19.328,14 euros que Fomensa fixo efectiva, ademáis de arranxar o centro social de Moalde como contraprestación por non ter recurrido os tribunais.
No ano 2006, o presuposto de execución de material presentado ao Concello variou ostensiblemente, pasando dos máis de 800.000 euros iniciais a 13.400.754,22 euros, e nunca se lle reclamou o pago por esa diferencia
O goberno socialista detecta a situación de impago cando a empresa solicita a licencia de actividade a finais do ano 2.008 polo que se decideu emitir unha nova proposta de liquidación provisional por un importe de 301.320,80 euros que se puxo en coñecemento da empresa a data de 21 de xaneiro de 2009 que o descontar o xa abonado da como resultado a cantidade reclamada
A empresa presentou un recurso contencioso administrativo contra esta petición que esperamos teña contestación dende o Concello
Valoración catastral como BICES
O grupo municipal socialista tamén require o concello para que informe si a petición do anterior goberno, para incluir os parques eólicos, o de Masgalán- Campo de Coco, con 75 aeroxeneradores situados en terreos do Concello de Silleda, e o situado en Couto de S. Sebastián, con 9 aeroxeneradores en funcionamento, como BICES no catastro é efectiva dende o 1 de Xaneiro tal e como se solicitara a Xerencia territroial no pasado mes de Marzo.
Tamén piden que se informe de cantos cartos vai a supor eso para as arcas municipais
“evidentemente será unha cifra non despreciable xa que, de aceptarse a nosa solicitude, ambos parques eólicos pasarán a ser valorados en función dunha serie de parámetros que van permitir establecer de xeito máis xusto o seu auténtico valor catastral”.
A vista de todo esto, o grupo municipal, recordalle o goberno que é fundamental para o concello que se busquen alternativas de financiamento “e que no deben desaproveitar ningunha oportunidade”
Antecedentes
No pliego de alegacións presentado en marzo de 2.009 ao Catastro de Pontevedra polo Concello de Silleda incluíanse tres elementos para establecer unha mellor valoración dos cálculos do Catastro para estes bens inmobles. Solicítabase un incremento na valoración do solo no que se sitúan os parques eólicos, que non debería ser menor ao establecido polo Catastro antes da instalación dos parques. Ademais, dado que os parques eólicos afectan a varios municipios, o goberno socilista solicitara un reparto da afectación territorial en función da potencia total instalada en cada un dos municipios que comparten o parque, isto é, en función do número de aeroxeneradores instalados e non un reparto xenérico que non resposta á realidade da afectación do terreo.
Finalmente, o Concello tamén solicitou ao Catastro que á hora de determinar o valor castastral destes BICES se teña en conta a súa antigüidade, establecendo un escalado do tipo aplicable en función da antigüidade dos parques: ata 9 anos, aplicaríase un 1,00; ata 10 anos un 0,90 e de 15 anos en adiante, un 0,80.
A data fixada para empezar a tibutar como BICES era o 1 de xaneiro de 2.010
PP BOIMORTO
• O representante popular informa do mal estado da estructura e denuncia quen os días nos que sobe o nivel das augas do río os vehículos non poden atravesala
• Costoya solicita, ademais, que os fondos FEIL inclúan unha partida para dota-lo concello da rede ‘wimax’
Boimorto, 6 de febreiro de 2010.- O Voceiro do Partido Popular de Boimorto, Roberto Costoya, informa de que o Grupo Municipal Popular presentou no pasado pleno unha moción instando ó Goberno Local a que arranxe a Ponte Boado, na parroquia de Arceo. Neste senso, o representante popular considera que o Concello debe tomar medidas canto antes, debido ó mal estado no que se atopa a estructura.
E é que tal e como informa Costoya, ó longo da ponte é unha constante as fochas e o estado lamentable das varandas. Do mesmo xeito, denuncia que nos días nos que sobe o nivel das augas a ponte resulta intransitable, xa que se anega e os vehículos nin os peóns poden pasar, polo que insta ó alcalde a que estudie, inclusive, a posibilidade de crear unha ponte alternativa, para evitar así as frecuentes molestias que sofren os veciños.
Do mesmo xeito, o voceiro popular informa de que presentaron outra moción instando ó equipo de goberno a que destine parte dos fondos estatais FEIL para ó arreglo da cuberta do local social da parroquia de Dormeá, tal e como solicitaron en reiteradas ocasións os veciños, e á creación dunha rede ‘wimax’ no concello, co fin de que Boimorto se introduza no “século das tecnoloxías”.
Información de deslinde irregular - Grupo Socialista de Tordoia
En el pleno celebrado el pasado 9 de noviembre de 2009 en el punto 3 se procedió a la aprobación del deslinde con Cerceda en el lugar de A Tablilla. Desde el grupo socialista presentamos un recurso de reposición a la legalidad (enviamos copia), dado que consideramos que tanto el procedimiento como el deslinde no se ajustan tanto a la legalidad como a la necesidad de nuestros vecinos. Desde nuestro grupo político se propuso:
- formar parte de dicha comisión en el 40 % de la misma, que es la representación que tenemos en esta corporación.
- Realizar el deslinde total, y no parcial como se pretende, dado que está el PXOM en fase de aprobación inicial, y los deslinde están sin realizar.
Después denegar nuestra propuesta sin tener motivos aparentes, desde nuestro partido procedimos a presentar un recurso potestativo (adjuntamos copia) que fue debatido en el pleno de pasado día 28/1/10, el cual no fue aprobado. A día de hoy estando aun a la espera de que se nos entregue por escrito los fundamentos en que se basaron tanto el alcalde como la secretaria para denegar dicho recurso, por eso nos dirigimos a ustedes para informarlos y al mismo tiempo instarlos a que hagan un seguimiento de este deslinde basándonos es las siguientes consideraciones.
1- Entendemos que el deslinde entre estos dos municipios, a la altura de la Tablilla ya se conoce, dato contrastado como cualquier mapa de geografía lo avala.
2- Entendemos que los que se pretende hacer aquí no es un deslinde sino una agregación o segregación, por lo tanto el procedimiento no es el correcto.
3- Los vecinos nombrado por el alcalde (sin consenso de todos los partidos con representación municipal) no son ni tan siquiera de ese lugar, por los que tampoco se cumple el requisito de tener un informe de los vecinos mas viejos del lugar, como se suele hacer en los deslindes que son dudosos, caso que no es de este, insistimos.
Por todo lo expuesto, desde el grupo socialista de Tordoia informamos que con este deslinde los que se va hacer es una irregularidad manifiesta, quedando como perjudicados los vecinos de nuestro municipio.
A todo esto, solicitamos que se tomen en consideración nuestras propuestas y desde la consellería de Presidencia actúen en consecuencia si los consideran oportuno.
Asdo.: Carlos García Vázquez.
Concelleiro do Psdeg-Psoe
Socialistas de Tordoia - Plenos extraordinarios
tratar fueron: dos mociones, una de control de seguimiento del Fondo estatal, y otra las obras de dicho fondo, tales como (mejoras en los campos de fútbol, limpieza y acondicionamiento de todos los viales de titularidad municipal, y mejoras en el local de los vecinos de Castenda, todas ellas no apoyadas por parte del alcalde.
- Estado económico-financiero: en el que los socialistas se mostraron muy críticos por el estado al que está llegando el ayuntamiento, con unos resultados mas que lamentables teniendo que recurrir como esté año a dinero de obras y vías para el gasto corriente.
- Estado en que se encuentra el PXOM: después de un año y medio que se presentaron las diversas alegaciones, el alcalde sigue dando el silencio
como respuesta.
- Presupuestos 2010: en el que se acuso al alcalde de presentar los presupuestos siempre al final de año, de no tener una previsión de lo que se va hacer, sino que espera a las subvenciones para hacer las obras y si no se las dan no hace nada.
- La utilización de los obreros del ayuntamiento para fines privados: en el que acusan al alcalde de la utilización de los obreros del ayuntamiento un propiedades privadas, El concejal Carlos García se mostró muy critico con esa obras, Dijo: no estamos en contra de la gente a la que se le esta
echando el hormigón, pero ya estamos hartos de que destine fondos del ayuntamiento para estos fines, al mismo tiempo que le doy las gracias
públicamente a los vecinos que nos avisan para que vallamos a mirar dichas obras, ¿si sigue con este rumbo que le queda a las empresas de construcción del ayuntamiento?, las licencias las tiene paralizadas, estas mejoras se las quita usted de las manos, tendrán que dedicarse a vender rosas a ver si así usted no se le mete en su trabajo. El alcalde negó tajantemente todo eso, solo confirmó que se le echara una mano a unos vecinos y todo el resto es montaje de PSOE.
Carlos García.
Concejal del PSOE de Tordoia
Aclaracións á portavoz do Partido Popular de Oroso.
O leer algúns dos xornais atopámonos coa noticia de que a portavoz do PP de Oroso acusa aos Socialistas de Oroso e o Alcalde de mentir sobre o alcance das axudas que recibiron as familias do Concello de Oroso sobre a compra dos libros de texto.
Pois ben, nos datos que podedes consultar dende a web da agrupación, pódese ver con claridade o numero de familias que quedaron sen ningún tipo de axuda, algo que esquence a portavoz do Partido Popular, que 93 familias non recibiron nin 1 euro, e por outra banda pódese ver que otra parte moi importante, 69 familias, reciben soamentes 104 euros e 90 familias reciben 180 euros ... en calquera caso as familias teñen que desenvolsar mais diñeiro que o ano anterior ... esta é a realidade, e si eso para a portavoz do partido popular e mentir, que llo explique as familias persoalmente.
O anterior goberno da xunta destinou mais de 45000 euros os libros de texto somentes no Concello de Oroso, as contas deste curso son ben claras, o Partido Popular destina 22000 euros, estes son datos reais ¿a vostede que lle parece Sra. Mira?
Por certo, nos tamén estamos esperando e sobre todo desexando que o CEIP de Sigueiro comenze xa, por certo esta xestion foi feita polo noso Alcalde coa anterior Conselleria de Educación ¿o recorda vostede? ¿ou xa o esquenceu?... pois a ver si cumple a Xunta e comezan as obras ... O Concello xa ten feitos os deberes fai tempo mais non imos a dormirnos e esperar.
E por suposto que entendemos que as dotacións educativas no noso concello precisan dunhas novas instalacións, instalacións que xa vimos demandando: novo IES ( bacharelato) e por suposto unha nova Escola Infantil. En ambos casos os terreos xa estran contemplados no plan xeral e postos a disposición da Xunta de Galicia , da que pos certo esperamos resposta.
Mire vostede o Concello de Oroso medra, é un dos concellos con mais índice de crecemento, e necesita de instalacións ... e as educativas son unha prioridade, polo número de familias novas e de nenos e nenas que temos no noso concello en idade escolar ..."pois ben faga vostede xestións co seu partido para que nos den resposta a estas demandas".
Non queremos polemizar con estes temas pero o que lle pedimos o Partido Popular de Oroso é que non faga demagoxia.
E por certo, lembrámoslle que a nota de prensa remitida no seu día, non foi do Alcalde de Oroso, se non da Agrupación Socialistas de Oroso, debería ter memoria e non perdela Sra. Mira.
Ainda así felicitamos as xestións feitas dende o Concello coa colaboración das ANPAS, directores dos centros educativos, centro de saúde ..., polos datos aportados, que foron unha estimable axuda para poder acceder a construcción dun novo CEIP.
Esperamos teña continuidade.
Esta e a realidade e este son os datos que aportamos ... que cada cual faga as súas valoracións.
--
www.oroso.psdeg-psoe.org
oroso@psdeg-psoe.org
Nota de prensa do BNG da Estrada: 10 anos na rede
10 anos na rede
O BNG da Estrada ten a súa principal canle de información na web (http://www.benega.info/aestrada/) que leva activa 10 anos. Toda canta actividade política que levamos a cabo durante todo este período está ao alcance de todo o mundo; e mesmo, por si soa, esta web, constitúe un arquivo histórico da traxectoria política do BNG na Estrada.
A loita do IBI, levada a cabo xunto cos veciños e veciñas da Estrada, a denuncia do BNG contra a corporación municipal do PP do ano 1995 por conceder licenzas ilegais, as nosas propostas para o Agro, a industria do Móbel, cultura, etc, todo está a disposición de todos e todas.
Un paso máis
En 2010, 10 anos máis tarde, o BNG segue a apostar pola rede como a súa principal canle de información, e métese de cheo nas redes sociais, que, ademais de ser excelentes ferramentas comunicativas e de relación social para as persoas, tamén o son para os colectivos como o BNG, porque dun xeito moi sinxelo facemos chegar información, e de xeito exponencial, a moitas persoas. Por este motivo o BNG da Estrada abriu a súa respectiva canle nas redes sociais máis utilizadas hoxe en día, como son Facebook (http://www.facebook.com/bngaestrada), Tuenti (http://www.tuenti.com/ e Twitter (http://twitter.com/bngaestrada) agardando, que como o é a nosa web, sexan de interese para todos aqueles e aquelas que queiran estar non só ao día do que pasa no seu concello, senón saber que é o que fai o BNG.
Asdo.: Xosé Manuel Baños.-
http://twitter.com/ixosemanuel
