Amosando publicacións coa etiqueta CABALGATA REIS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CABALGATA REIS. Amosar todas as publicacións

Touro - Resumo Cabalgata de Reis

Os máis pequenos de Touro recibiron un ano máis a Súas Maxestades os Reis de Oriente, que esta tarde chegaron na súa carroza ao Concello de Touro. Os Reis Magos repartiron agasallos e ilusión entre todos os veciños. Durante toda a mañán percorreron na súa carroza as 19 parroquias de Touro. Xa a primeira hora da tarde Melchor, Gastar e Baltasar chegaron ao Pavillón Municipal de Deportes, onde está instalado o Belén Vivinte. Alí repartiron xoguetes a todos os nenos e nenas. Os xóvenes e maiores disfrutaron dunha tarde máxica. As gradas do Pavillón estaban cheas para recibir as Súas Maxestades. A Banda de Música Isabel II de Touro tamén participou no festival de Reis coa súa música.

O Belén Vivinte, como xa é tradicional, contou coa participación activa dos nenos de Touro. Conta con todos os detalles: Portal de Belén co Neno Xesús, María e San Xosé; o río e a súa ponte, o Castelo, o Deserto, os pastores, as ovellas, os postos do mercado… A primeira hora da tarde comenzou a animación en Touro. Os Reis Magos percorreron as rúas de Fonte Díaz arredor das 16.30 horas, acompañados da Banda de Música Isabel II de Touro. No percorrido caeu algo de choiva. Mentras tanto, diversas animacións, incluidos os villancicos dos máis pequenos, entretiñan aos nenos e nenas que esperaban no Pavillón Municipal. As Súas Maxestades chegaron a eso das cinco da tarde ao Belén Viviente, onde visitaron ao Neno Xesús, á Virxe María e máis San Xosé. Fixéronlles unha ofrenda e logo situáronse nos seus tronos para escoitar a homenaxe da Banda de Música Isabel II de Touro, que interpretou varios temas.

Os nenos e nenas de Touro foron pasando un a un a saudar a Melchor, Gaspar e Baltasar. Éstos fixéronlles entrega dun agasallo e tamén aproveitaron a ocasión para recoller as cartas que ainda non lles mandaran. A última hora da tarde os Reis Magos retiráronse, xa que esta noite terán a dura tarefa de repartir agasallos a nenos e tamén a os maiores do Concello de Touro.

Santiago - Resumo Cabalgata de Reis

As rúas de Santiago de Compostela acolleron a tradicional Cabalgata de Reis, este ano máis participativa e musical que nunca. Como cada Nadal, Melchor, Gaspar e Baltasar chegaron á cidade en tren. Na estación e logo tamén no Pazo de Raxoi, foron recibidos polo alcalde, Martiño Noriega, e outros membros da Corporación.

Durante o seu percorrido
polas rúas compostelás, os Reis Magos saudaron a pequenos e maiores, ao ritmo da grande animación que acompañou as carrozas, froito do traballo previo en varios obradoiros realizados nos centros socioculturais. María Fumaça, Paco Nogueiras, Magín Blanco coa Nena e o Grilo, Pablo Díaz, Xoán Curiel e Mamá Cabra dirixiron os diferentes grupos, integrados polos participantes nestes talleres.

A animación e o acompañamento dos Reis completouse cos nove paxes, elixidos por sorteo, e co grupo de nenos e nenas que ían no tren que pechaba a comitiva.

Este ano, na Cabalgata de Reis non só se regalaron caramelos, senón tamén bos desexos. Así, nos centros socioculturais preparáronse unhas tarxetas con bos desexos que se repartiron entre a xente durante o percorrido.

Festival de música infantil 
A música infantil galega presidiu a Cabalgata e logo tamén o espectáculo que agardaba aos nenos na praza do Obradoiro. Os actores Pepablo Patinho e Montse Piñón, de Teatro dos Ghazafelhos, presentaron este festival infantil, con actuacións dos artistas antes mencionados.

O espectáculo entretivo a pequenos e adultos mentres agardaban para acceder ao salón vermello do Pazo de Raxoi. Alí, Melchor, Gaspar e Baltasar recibiron un por un aos nenos e nenas, que lles puideron formular os seus desexos.

Ordes - Resumo Cabalgata de Reis

Melchor, Gaspar e Baltasar volveron a facer de Ordes parada habitual dentro do seu itinerario. Como cada 5 de xaneiro os Reis Magos de Oriente percorreron as rúas de Ordes, repartindo ilusión entre os adultos e os nenos que non pararon de vitorealos e saudalos durante todo o seu traxecto. 


O Campo da Feira, a rúa Canteira, Alfonso Senra, Lagartos e o barrio do Paraíso foi o itinerario polo que desfilaron as impresionantes carrozas inspiradas en contos infantís como o de 'Hansel e Gretel', ou os trens de fantasía dende os que anxos e pastorciños non se deixaron de repartir caramelos aptos para todos os padales. 

O pavillón Castelao I foi o espazo escollido para celebrar a gran recepción. Por el pasaron arredor de 4.000 persoas según fontes policiais, facendo desta unha das cabalgatas máis concorridas de todas as que se lembran. Todos os pequenos e pequenas do lugar foron recibidos polas súa maxestades, tendo así a oportunidade de lembrarlles os agasallos solicitados para este ano. Alí o alcalde de Ordes e todos os membros do seu equipo de Goberno fixeron entrega das chaves da cidade. Globoflexia, photocalls temáticos, animacións, música, así como unha bola de Nadal xigante foron algunhas das sorpresas preparadas para todos os asistentes. Ademais tamén se habilitou unha zona para repartir chocolate quente con rosca. 

Por parte do Concello de Ordes quérese agradecer publicamente a colaboración da Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Ordes, Asociación Cultural Camiño Real de Poulo, Protección Civil, así como a de decenas de voluntarios e voluntarias que co seu esforzo contribuiron nesta celebración.

Brión - Resumo Cabalgata de Reis

Máis de 800 persoas participaron na gran festa de recepción aos Reis Magos que o Concello de Brión organizou no pavillón polideportivo municipal de Pedrouzos. Os de Oriente foron saudados polo alcalde, en representación do pobo de Brión e despois recibiron os centenares de cativos para repasar as súas peticións para esta noite e recibir os primeiros agasallos. 


 Melchor, Gaspar e Baltasar entraron no recinto pasadas as cinco da tarde acompañados pola música da Charanga do Norte e entre a emoción e os aplausos dos máis pequenos. De seguido, procederon á ofrenda ao Neno Xesús no Belén Vivente escenificado no propio pavillón, que contou cunha vaca, dous burros, dous ponis e tres ovellas. Tras subir ao escenario engalanado para eles, o alcalde, Xosé Luis García, deulles a benvida aos Reis Magos e fíxolles ver que “os nenos de Brión son os mellores nenos do mundo, e os seus pais tamén”, apelando así á súa xenerosidade. 

Na súa contestación, o rei Melchor advertiulles a todos de que “tedes a sorte de vivir nunha terra que celebra estas festas en paz e liberdade”. O Mago tivo palabras de lembranza para a infancia de París, Siria ou Bagdad e desexou que no novo ano comece “un futuro esperanzador libre de guerras e de terrorismo” en todo o mundo. Defendeu tamén o respecto pola sustentabilidade do planeta e emprazou á sociedade a ser solidaria. 

Con respecto a esta noite, Melchor lembroulles aos cativos a necesidade de que “deixen os zapatos ben colocadiños e limpiños” para saber onde teñen que deixar os agasallos e tamén pediu que lles deixen leite e galletas para repoñer forzas na extensa tarefa que teñen por diante nas vindeiras horas.

Tras estes actos protocolarios, os Reis Magos foron recibindo un a un a todos os nenos e nenas. Escoitaron todas as súas peticións e fixeron entrega de diversos agasallos como adianto da ilusión desta noite. No recinto, entregáronlles tamén de balde flocos de millo e chocolate preparado pola asociación de mulleres Xuntanza de Brión. O Concello agradece a colaboración desta entidade e tamén dos distintos voluntarios que axudaron a recrear o Belén Vivente e a decorar o polideportivo para a recepción dos Reis Magos.












Oroso - resumo Cabalgata de Reis


Preto de 2.000 persoas participaron na tradicional Cabalgata e Festa de Reis do Concello de Oroso. O frío da tarde, con refachos de fortes choiva, foi compensado coa ilusión dos meniños, que acudiron a ver o desfile da comitiva de Melchor, Gaspar e Baltasar polas rúas de Sigüeiro, moitos deles mesmo acompañando ás Súas Maxestades ben nas súas carrozas, ben a bordo dun tren habilitado para a ocasión.

Unha forte tromba de auga fixo que os Reis atrasaran a súa chegada á praza Isaac Díaz Pardo, onde foron recibidos pola corporación municipal encabezada polo alcalde Manuel Mirás. Os reis chegaron precedidos por un grupo de xinetes, membros do Club Hípico Amazonas e Cabaleiros de Oroso, e acompañados por nenos e nenas vestidos de pastorciños, aproveitando unha media hora na que escampou. 

Xa no polideportivo municipal, ateigado ata os topes de pequenos e maiores, Manuel Mirás agradeceu a gran participación dos veciños nas actividades culturais e deportivas do municipio e desexoulles o mellor de cara a este ano que comeza. De seguido, Melchor, Gaspar e Baltasar comezaron a atender un a un a todos os cativos, axudados polos grupos de paxes dos centros educativos do municipio e identificados por cores, de forma que se atendeu primeiro aos máis pequenos mentres o resto gozaba dos inchables e dun karaoke. Á vez, iniciouse unha gran festa infantil no propio pavillón, con inchables, música e xogos.



















Ames - Resumo Cabalgata de Reis

Ames recibiu a visita máis agardada polos nenos e nenas ao longo de todo ano: a dos Reis Magos. A pesar de que o tempo non acompañou moito e nalgún momento houbo que resgardarse da choiva, os Reis Magos percorreron en carroza as rúas de Bertamiráns e do Milladoiro. Acompañando a comitiva real desfilaron 20 figurantes que puxeron música e animación á Cabalgata Real. Ademais, repartíranse 300 quilos de caramelos sen glute. Este ano, como novidade, a recepción aos Reis Magos realizouse na Casa da Cultura do Milladoiro e na Casa do Concello, en Bertamiráns. 

 Acróbatas, malabaristas e un grupo de percusionistas puxeron música e animaron o desfile que realizaron os Reis Magos polas rúas do Milladoiro e de Bertamiráns. En primeiro lugar, Melchor, Gaspar e Baltasar desfilaron polas rúas do Milladoiro, onde ás 18:00 horas, chegaron á Casa da Cultura do Milladoiro para ser recibidos por centros de nenos e nenas acompañados dos seus pais/ nais e familiares. 

De seguido, a comitiva real trasladouse a Bertamiráns para desfilar polas rúas desta localidade amesá. Neste caso, a recepción real realizouse, ás 20:00 horas, na entrada da Casa do Concello, onde tamén había un gran número de nenos/as e adultos agardando as súas Maxestades. Tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os Reis Magos foron recibidos pola corporación municipal encabezada polo alcalde de Ames, José Miñones, que lle deu a benvida a Melchor, Gaspar e Baltasar.


O rexedor municipal pediulle aos Reis Magos saúde, traballo e unha pouca de sorte para todos os amesáns e as amesás de cara ao ano que acaba de comezar. Trala intervención do alcalde, tomou a palabra Melchor que lle dedicou unhas palabras a todos os nenos e nenas de Ames antes de comezar co reparto de agasallos que farán esta noite. Tras estas intencións as súas Maxestades recibiron a todos os cativos e cativas no interior da Casa da Cultura do Milladoiro e no salón de plenos da Casa do Concello.



Entrega de premios do Concurso de Cartas de Nadal

As súas maxestades tamén lle entregaron os premios aos gañadores e gañadoras do Concurso de cartas de Nadal, que este ano puxeron en marcha de forma conxunta os Concello de Ames, Teo e Santiago, a través das áreas de Normalización Lingüística de cada concello. A iniciativa, baixo o lema 'Este Nadal...cultívao a diario!' pretendeu animar a nenos e nenas a encher de contidos as cartas que escriben pedindo os seus agasallos de Nadal. O Concello de Ames leva xa nove anos desenvolvendo este programa en colaboración cos centros de ensino de educación infantil e primaria.

No Milladoiro, os premiados foron Yago Bouzas Durán, Lorena Iglesias Brea e Silas Brian Balboa de Andrade. Os tres alumnos/as están escolarizados na EEI do Milladoiro. Ademais, o xurado decidiu outorgar unha mención especial para as cartas colectivas que enviaron desde a Escola Infantil Municipal A Madalena. En Bertamiráns, os gañadores/as foron Martín Fernández Montañés, do CEIP Agro do Muíño; Alberte Carballo Fernández, do CEIP A Maía; e Nadir Moreira Gómez, do CEIP de Barouta.

Ordes - Cabalgata de Reis

O Departamento de Cultura do Concello de Ordes ultima detalles de cara á cabalgata de hoxe martes, 5 de xaneiro. Unha celebración dirixida a todos os veciños, veciñas e visitantes, e especialmente aos máis novos, coa que se lle dará a benvida aos Reis Magos de Oriente. Un acto que este ano está marcado polas múltiples novidades e sorpresas que presenta.

A primeira delas é o novo percorrido, que partirá ás 16.30 horas dende o Museo do Traxe para continuar pola rúa Canteira, Alfonso Senra, Lagartos e barrio do Paraíso. Alí estarán instalados os tronos no pavillón Castelao I, lugar onde todos os pequenos, pequenas, así como os seus familiares poderán compartir un anaco de tempo coas súas maxestades. Globeflexia, photocalls temáticos, animacións, música, globoflexia así como unha bola da Nadal xigante onde os asistentes poderán retratarse para ter unha boa lembranza deste día tan especial, formarán parte da decoración do espazo. Tamén se habilitará unha zona para repartir chocolate quente e doces entre o público asistente que o desexe.

Previamente, se as condicións meteorolóxicas son favorables, tanto o alcalde de Ordes como outros membros do seu equipo de Goberno farán entrega das chaves da vila no mesmo Concello a Melchor, Gaspar e Baltasar. Todos eles trasladaranse nunha gran carroza especialmente traída para a ocasión, flanqueada por outra especialmente decorada con motivos e personaxes do conto infantil ‘Hansel e Gretel’. Pola súa banda os pastorciños e anxiños que forman parte da súa comitiva trasladaranse nun tren de fantasía e cor dende o que repartirán doces e chuches aptas para celíacos.

Con este acto o Concello de Ordes brinda a oportunidade de vivir en familia e rodeados de amigos unha das citas máis ilusionantes do Nadal. Un bo xeito de concluir co seu programa de Nadal, que nesta ocasión brindou a oportunidade de desfrutar de todo tipo de espectáculos nos que non faltaron música, persoeiros de fantasía, maxia, deporte, literatura e contos, festas temáticas, e ata clases de cociña con receitas baseadas no Nadal.

Negreira - Cabalgata de Reis

As súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, Gaspar, Melchor e Baltasar, acompañados de todo o seu sequito, arribarán este martes día 5 pola tarde a Negreira cargados de ilusión e xoguetes para os máis pequenos da casa, pero este ano non o farán a bordo das súas carrozas reais. O feito de que estemos baixo a influencia dunha borrasca centrada sobre as Illas Británicas con aire frío na columna atmosférica e, que polo tanto prevénse chuvias xeneralizadas e unha forte caída das temperaturas, con sensación térmica de frío, levou ó Concello de Negreira a suspender a tradicional cabalgada e centralizar os actos na recepción real no Pavillón do Colexio O Coto, a partir das seis do serán.

Os preparativos finais para a recepción os Reis Magos de Oriente xa están en marcha por parte do Concello e, este ano, entre tódolos colaboradores anotados para formar parte da comitiva real, vaise sortear unha bicicleta de montaña.

Gaspar, Melchor e Baltasar saudarán ós nenos e nenas e, faranlle entrega dun agasallo a cada un deles. Previamente, vaise entregar o premio ós gañadores do Concurso de Cartaces do Nadal, ca nesta edición recaeu no debuxo elaborado pola aula de 5 anos C do CEIP O Coto de entre preto de oitenta debuxos presentados por alumnado de distintos rangos de idade. Asemesmo, tamén entregaranse os premios para os tres mellores escaparates comerciais.

Buses

Como tódolos anos, haberá un servizo de bus que percorrerá as distintas parroquias nos horarios e paradas de costume, para que toda a xente poida participar na recepción dos Reis Magos.

Santiago - Cabalgata de Reis

O Concello ultima os detalles para que na tarde-noite de hoxe, 5 de xaneiro, todo transcorra con normalidade e diversión na Cabalgata de Reis. Este ano, a celebración será máis participativa que nunca e estará dedicada á música infantil galega. Un bo número de nenos e nenas será parte activa da Cabalgata, como paxes, integrantes do tren ou como integrantes da animación que acompañará a varias carrozas.

Esta Cabalgata temática terá un valor engadido, por canto recoñecerá o labor e contribución da música infantil galega na dinamización lingüística e na formación e educación do novo público dentro do espazo cultural galego. Así, o protagonismo da música non rematará coa súa presenza durante todo percorrido nas carrozas, senón que, ao chegar a comitiva ao Obradoiro, programouse na praza un gran festival infantil galego.

Actuarán María Fumaça, Paco Nogueiras, Magín Blanco coa Nena e o Grilo, Pablo Díaz, Xoán Curiel e Mamá Cabra. Presentarán o espectáculo os coñecidos actores Pepablo Patinho e Montse Piñón, de Teatro dos Ghazafelhos. A animación que acompañará as carrozas destes artistas preparouse en obradoiros previos nos centros socioculturais de Fontiñas, Santa Marta, Vite e O Castiñeiriño. Nenos e adultos participarán así activamente na Cabalgata.

Logo dun sorteo, tamén participarán no percorrido, pero como paxes, nove rapaces. Outro grupo de nenos e nenas irán no tren que pechará a comitiva.

Percorrido 
O percorrido que seguirán os Reis Magos é o de todos os anos: Chegarán á estación do tren ás 17:25 horas e dende alí, media hora máis tarde, sairán cara Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, praza de Galicia, Senra, Porta Faxeira, rúa do Vilar, Xelmírez e Praterías, para rematar na praza do Obradoiro.

Bos desexos 
Este ano, na Cabalgata de Reis non só se repartirán caramelos, senón tamén bos desexos. Así, nos centros socioculturais de Conxo, Vite, Fontiñas, Santa Marta, A Trisca e algún máis preparáronse unhas tarxetas para poder escribir desexos que este mércores se repartirán entre a xente durante o percorrido.

Dispositivo de tráfico 
Con motivo da Cabalgata, a Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia adoptará diversas medidas para ordenar o tráfico. Así, a partir das 14:00 horas, quedará prohibido o estacionamento na explanada da estación do ferrocarril, lugar de concentración da comitiva da Cabalgata de Reis. Unha hora despois, a partir das 15:00 horas, a prohibición de estacionamento trasladarase ás rúas incluídas no itinerario da Cabalgata: Santiago de Chile (tramo comprendido entre A Rosa e Frei Rosendo Salvado), Frei Rosendo Salvado (tramo entre Santiago de Chile e Praza Roxa), República do Salvador e Hórreo (tramo que vai dende República do Salvador ata a praza de Galicia). Nas rúas citadas produciranse cortes temporais de tráfico de acordo co paso da Cabalgata.

Ademais, recoméndase aos condutores que eviten circular pola avenida de Lugo durante o inicio da Cabalgata (que ten prevista a súa saída ás 18:00 horas da estación de ferrocarril), polos cortes que se producirán á altura do Hórreo e na rotonda da Pontepedriña, empregando como alternativa para atravesar a cidade o túnel do Hórreo. Recoméndase igualmente, na medida do posible, evitar circular polo centro urbano ao longo da tarde deste martes.

Propóñense varios desvíos alternativos durante estas horas:

- Dende a rúa Doutor Teixeiro, pola praza de Puente Castro, a rúa da Rosa, a rúa Antonio Casares e avenida de Lugo, ou ben polo Hórreo e avenida de Lugo.

- Dende Vista Alegre-Salvadas, en dirección ao Campus Sur e á estrada de Noia (C-543), polas rúas Poza de Bar e San Lourenzo.

- Dende os vieiros procedentes de Ourense e da Estrada, en dirección á zona sur -estradas de Pontevedra (N-550) e Noia (C-543)-, pola zona do Castiñeiriño, a través do vieiro Santiago de Cuba e a través do cuarto xiro de Cornes, para así incorporarse ao periférico e dende alí ás estradas referidas.

Recoméndase igualmente aos condutores que circulen dende a zona sur ao norte da cidade (e viceversa) que, na media do posible, circulen pola AP-9, xa que o periférico, no tramo de saída próximo á estación de ferrocarril, resultará afectado pola cabalgata.

As liñas do transporte urbano que circulan polo percorrido sufrirán durante o paso das carrozas pequenas alteracións das que se dará conta a través dos paneis informativos.

O Departamento de Medio Ambiente e Convivencia prega aos cidadáns que respecten estas indicacións e desculpen as molestias que estes cortes lles poidan ocasionar. Así mesmo, a Policía Local e Protección Civil piden que se sigan as súas indicacións.

Silleda - Cabalgata de Reis

O Concello de Silleda á vista das inclemencias meteorolóxicas e a previsión para a xornada de hoxe, decidiu suspender o percorrido polas rúas de Silleda das súas Maxestades de Oriente. Así, a cabalgata de mañá martes trasladarase ao recinto feiral.

Ás 17.00 horas, tal e como estaba previsto, Melchor, Gaspar e Baltasar, chegarán á Casa da Cultura, -como xa é tradición- para ser recibidos polo alcalde, Manuel Cuiña, entre outros e recoller aos seus paxes.

Os Reis Magos chegarán este ano a Silleda en vehículos históricos. Posteriormente a cita trasladarse ao recinto feiral, onde terá lugar o desfile. Tal e como estaba programado, as súas Maxestades de Oriente recibirán no pavillón 2 a todos os nenos e nenas que o desexen. A cita rematará coa chocolatada con churros para todos de balde.

Lalín - Cabalgata de Reis

Hoxe como cada 5 de xaneiro, será un día cargado de actividades e ilusión, sobre todo para os máis pequenos, xa que se celebra a tradicional Cabalgata de Reis, que percorrerá as rúas de Lalín dende as 18.00 horas. A concelleira de Comercio, Katia Procino, animou a todos e todas as veciñas a participar neste evento “de gran esixencia e tintes de renovación, que só é posible grazas ao inmenso traballo de moitas persoas durante os últimos meses”. Do mesmo xeito, mostrou o seu agradecemento a toda a cidadanía “por entender que esta nova etapa necesita o seu tempo, pero tamén o apoio e a comprensión do pobo de Lalín”.

As súas maxestades de Oriente chegarán á vila xa sobre as 16.00 horas, para visitar a residencia de maiores Nosa Señora das Dores, o Fogar Santa Rita e Geriatros. Seguidamente (a partir das 18.00) comezará o desfile co seu percorrido habitual, que partirá da Casa da Xuventude, para dirixirse á Praza da Marina, rúa D, rúa Luís González Taboada, Avenida de Bos Aires, rúa Principal, rúa Ramón Aller e rúa Colón, rematando sobre as 19.30 horas na carpa sita na Praza da Igrexa, onde se fará a recepción real con entrega de agasallos e chocolatada. 

Na comitiva participarán 120 nenos e case 100 persoas adultas que en conxunto e, voluntariamente, formarán parte da cabalgata desenvolvendo distintos papeis. Katia Procino só tivo palabras de gratitude “para todas estas persoas que farán posible que brote a ilusión dos nenos e das nenas nunha xornada tan máxica”. A concelleira quixo agradecer en especial a colaboración do persoal de Igualdade e Xuventude do Concello e de colectivos e entidades como a Asociación de Amas de Casa Laxeiro, Arkeiros do Deza, Deza Publicidade, MaxiDeza, Profecón, Clube Hípico Juan Oliveira, Cabaleiros de Deza, ASPADEZA, Asociación de Voluntariado de Protección Civil, MaisqueDanza, Working Wheels, ACODE educa, Museo Casa do Patrón, Grupo de Percusón de Caixa da Banda de Lalín, Grupo de Gaitas Os Trasnos, Charanga Os Verbeneros, Autocares Cuiña, Hotel Pontiñas, e moi particularmente a Carlos Gabriel Rama, Carlos Asorei, Edelmiro González, Daniel Antelo e a José Antonio Quintana.

Agárdase que o tempo respecte a celebración da Cabalgata de Reis, pero no caso de que chova en moita cantidade, o desfile quedará suspendido e só terá lugar a recepción real na carpa da Praza da Igrexa.

Ames - Cabalgatas de Reis

As súas Maxestades estarán no Milladoiro ás 17:00 para iniciar o seu percorrido polas rúas e facer a súa recepción ás 18:00 na Casa da Cultura. O percorrido por Bertamiráns comezará ás 19:00 e rematará ás 20:00 coa recepción na Casa do Concello. Haberá cortes de tráfico por motivo da cabalgata. Ademais, repartíranse 300 quilos de caramelos sen glute e as carrozas reais estarán acompañadas por un total de 20 figurantes.

Melchor, Gaspar e Baltasar volven un ano máis a Ames para agasallar con caramelos aos nenos e nenas do municipio. No Milladoiro a Cabalgata discorrerá pola Travesía do Porto, rúa de Palmeiras, Agro do Medio, rúa de Abaixo, Raxoeira, Anxeriz, Cruxa, Agro do Medio, Rosalía de Castro, Viorneira, Agro da Madalena e Cereixos, volvendo á Travesía do Porto para chegar arredor das 18:00 hora á Casa da 
Cultura do Milladoiro, onde 
os Reis Magos serán recibidos pola corporación municipal.

De seguido, a comitiva real trasladarase a Bertamiráns. Neste caso a partir das 19:00 horas a Cabalgata percorrerá a avenida da Maía, avenida da Peregrina, Rueiro, Arrucheiro, Pedregal, Poeta da Maía, volvendo de novo á avenida da Maía para pasar polas rúas Alcalde Lourenzo, Entrerríos e Ameneiral, e rematar na Casa do Concello. Neste lugar terá lugar, ás 20:00 horas, unha segunda recepción e a despedida dos Reis Magos, cuxo traballo comezará pola noite, cando visiten os fogares amesáns. 

Xunto aos Reis Magos desfilarán 20 figurantes e haberá animación de rúa con música en directo. Este ano como novidade a recepción aos Reis Magos farase na Casa da Cultura do Milladoiro e na Casa do Concello, en Bertamiráns. Só en caso de alerta laranxa a Cabalgata e a animación de rúa trasladarase ao interior dos pavillóns polideportivos.

Teo - Cabalgata de Reis

Neste 2016 os reis magos de Oriente chegarán cedo a Teo. Concretamente na tarde de hoxe nun tren ás 15:48 horas á estación de tren de Osebe (Calo). Alí serán recibidos por numerosas familias e polo alcalde de Teo, Rafael Sisto e a concelleira de Cultura, Pilar Faxil. Dende alí a comitiva real sairá cara outros lugares do Concello e rematará no Centro Sociocultural da Ramallosa. 

A primeira parada dende a estación será a SR de Calo sobre as 16:10 horas. Dende alí sairán cara Reis onde farán parada no local da Pontevella ás 16:40 horas. Ás 17:20 está previsto que reciban aos máis pequenos/as no centro comercial dos Tilos e pasarán polo local da Asociación Rosalía de Castro de Cacheiras ás 17:50. Dende alí irán ata a Centro Sociocultural da Ramallosa onde se realizará a recepción oficial de Melchor, Gaspar e Baltasar e cando os reis entreguen un pequeno agasallo aos nenos/as que estean presentes. Este ano recibirán unha bolsa ilustrada coa figura de Fadatea, a fada que quere convidar a ler aos nenos/as de Teo. O departamento de Cultura vai pór en marcha unha campaña de animación á lectura próximamente e utilizará a cita cos reis para presentar a Fadatea e á bruxa da Agrela, as protagonistas desta historia máxica que busca que os/as máis pequenos/as se animen a ler máis. 

Dende as 17:00 horas comezarán actividades de entretemento para os/as cativos mentras non cheguen os reis. Durante esta parte final da xornada, na Ramallosa, tamén se fará entrega dos premios ás cartas gañadoras do concurso de cartas de nadal, impulsado polo departamento de normalización lingüística. 

Os reis visitan as escolas infantís e as residencias

Por outra banda o mesmo día 5 ás súas maxestades acumúlaselle o traballo. Pola mañá estarán nas escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa. E pola tarde visitarán ás persoas maiores das residencias de Teo. Irán aos seguintes centros: O Castro de Mouromorto, a residencia de Pontevea, o centro Os Arcángeles de Feros, San Simón en Constenla e a Residencia Victoria en Oza.

Arzua - Cabalgata de Reis

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa faille saber a todos os nenos e nenas do municipio que a agardada Cabalgata de Reis, prevista dentro da programación de Nadal, celebrarase mañá martes, día 5 de xaneiro, ás cinco e media da tarde.

Este ano e debido ás inclemencias meteorolóxicas, o desfile polas rúas que fan as súas Maxestades de Oriente tivo que ser suspendida, pero os Reis Magos e os seus Paxes Reais visitarán Arzúa igualmente e farano chegando directamente ao Recinto Feiral “Terra do Queixo” onde recibirán a todos os nenos e nenas con reparto de agasallos. As Súas Maxestades traerán moreas de caramelos e lambetadas sen glute e feixes de libros para seguir fomentando en Arzúa a lectura e o uso da nosa lingua. 

Ademais da visita das súas maxestades ao recinto feiral, haberá inchables de balde para amenizar a tarde.

Unha vez finalizada a recepción no interior do recinto feiral, os Magos de Oriente visitarán aos maiores da Residencia San José.

O alcalde de Arzúa, José Luís García, anima a todos os veciños e veciñas a participar no que definiu como “un dos actos culturais máis importantes do ano polo que o Concello de Arzúa segue apostando fortemente sen recurtar en ilusión”.

Touro - Cabalgata de Reis

Os Reis Magos de Oriente visitan, como xa e tradicional, hoxe pola tarde, día 5 de xaneiro, o Concello de Touro. Está previsto que as súas Maxestades os Reis Magos: Melchor, Gaspar e Baltasar cheguen ás 17.00 horas na súa carroza real ao Pavillón Municipal dos Deportes de Fonte Díaz, onde está instalado o Belén Vivinte. Previamente, concretamente dende as 16.30 horas, a Banda de Música Isabel II de Touro percorrerá as rúas de Touro acompañada das Súas Maxestades. Os nenos e nenas de Touro asumen cada ano o protagonismo deste Belén Vivinte e protagonizan os seus personaxes máis relevantes. Poñeránse no papel do Neno Xesús, da Virxe María, de San Xosé e dos pastores. Nun escenario con todos os ingredentes de Belén, os Magos de Oriente serán recibidos polos máis pequenos do Concello de Touro. O Belén Vivinte conta cun deserto, río, Castelo de Herodes, mercado e o Portal de Belén. Os tres Reis saudarán aos nenos e nenas de Touro e lles farán entrega dos agasallos.

Programa. Día 5 de xaneiro de 2016.

15.00 horas. Os autobuses farán o percorrido de regreso da feira e recollerán ás persoas que desexen asistir ao Festival de Reis, con regreso ao remato do mesmo.

16.30 horas. Pasarrúas da Banda de Música Isabel II de Touro, acompañando ás súas Maxestades.

17.00 horas. Chegada das Súas Maxestades ao Belén Vivinte no Pavillón Municipal de Deportes. O festival rematará coa entrega de agasallos aos nenos e nenas de Touro.

Oroso - Cabalgata de Reis

O Concello de Oroso celebrará hoxe martes 5 de xaneiro a súa tradicional Cabalgata e Festa de Reis. A comitiva de Melchor, Gaspar e Baltasar sairá ás 17:30 horas da Estación de Vilacide para facer un percorrido polas rúas de Sigüeiro e irán acompañados por un grupo de membros do Club Hípico Amazonas e Cabaleiros de Oroso, así como por un tren no que poderán subirse todos os nenos e nenas que o desexen para así poder vivir a cabalgata dende dentro. Para iso teñen que anotarse previamente no centro cultural de Sigüeiro.

A comitiva das Súas Maxestades partirá da Estación de Vilacide e fará o mesmo percorrido que en anos anteriores: rúa do Portiño, rúa Insua, praza de Alexandre Bóveda, rúa do Medio, rúa do Portiño, avenida de Compostela, praza da Foca, avenida da Garabanxa, rúa da Cultura, rúa Río Lengüelle, avenida de Compostela e rúa do Xuncal ata a praza Isaac Díaz Pardo. Durante o traxecto repartirán caramelos aptos para celíacos.

Ás 18:15 horas, as Súas Maxestades de Oriente serán recibidas na Casa do Concello pola Corporación Municipal, presidida polo alcalde Manuel Mirás Franqueira. Acto seguido, a comitiva dirixirase ata o pavillón de deportes, onde se agarda a súa chegada ás 19:00 horas para dar comezo a unha gran festa infantil con inchables e música. O pavillón municipal non abrirá as súas portas ata as 18:30 horas.

Brión - Cabalgata de Reis

O Concello de Brión ten preparada unha gran festa de Reis Magos para hoxe martes 5 de xaneiro, que comezará ás 17:00 horas no pavillón polideportivo municipal de Pedrouzos. Agárdase a participación de entre 600 e 700 persoas, que disfrutarán dun Belén Vivente con distintos animais (vacas, burros, ovellas e cabras), traídos para a ocasión polos propios veciños e veciñas de Brión, así como unha representación de artesáns e de oficios tradicionais.

A festa dará comezo ás 17:00 horas, momento no que os Reis Magos farán a súa entrada no pavillón e serán recibidos pola corporación municipal, presidida polo alcalde José Luís García. Despois, todos os pequenos terán a oportunidade de falar con Melchor, Gaspar e Baltasar, lembrarlles as súas cartas coas peticións para esa noite e levar distintos agasallos e larpeiradas.

Touro - Os Reis Magos visitaron o Belén Viviente

Los más pequeños de Touro recibieron un año más a Sus Majestades los Reyes de Oriente, que hoy llegaron en su carrroza al Concello de Touro. Los Reyes Magos repartieron juguetes y alegria entre todos los vecinos. Melchor, Gastar y Baltasar llegaron a primera hora de la tarde al Pabellón Municipal, donde está instalado el Belén Viviente. Allí repartieron juguetes a todos los niños. Los jóvenes y mayores disfrutaron de una tarde mágica. Las gradas del Pabellón estaban llenas para recibir a Sus Majestades de Oriente.

El Belén Viviente, como ya es tradicional, contó con la participación activa de los niños y niñas de Touro. El Belén Viviente consta de todos los detalles: Portal de Belén con el Niño, María y San José; el río y su puente, el Castillo, el Desierto, los pastores… A primera hora de la tarde comenzó la animación en Touro. Los Reyes Magos salieron de la Residencia Os Tercios en torno a las 16.30 horas, acompañados de la Banda de Música Isabel II de Touro. Mientras tanto, diversas animaciones entretenían a los niños y niñas que esperaban en el Pabellón Municipal. Sus Majestades llegaron a eso de las cinco al Belén Viviente, donde visitaron al Niño Jesús, a la Virgen y a San José, en el Portal de Belén, y les hicieron una ofrenda. Luego ya se sentaron en sus tronos.

Los niños de Touro fueron pasando uno a uno para saludar a Melchor, Gaspar y Baltasar. Éstos les hicieron entrega de un regalo y también aprovecharon la ocasión para recoger las cartas que todavía no habían sido enviadas. En el Festival de Reyes participó la Banda de Música Isabel II de Touro. A última hora de la tarde se retiraron los Reyes Magos, que esta noche tendrán la dura tarea de repartir regalos a niños y mayores de todo el Concello de Touro.

Brión - Preto dun milleiro de veciños encheron o polideportivo municipal de durante a Festa de Reis

Preto dun milleiro de veciños e veciñas de Brión, entre nenos e maiores, participaron esta tarde na gran festa de Reis Magos organizada polo Concello de Brión no pavillón polideportivo municipal de Pedrouzos. As súas Maxestades de Oriente fixeron a súa entrada no recinto deportivo logo de que a Banda de Música de Brión, dirixida por Jorge Rey tocara unha peza musical. Centos de cativos agardaban ansiosos a visita de Melchor, Gaspar e Baltasar que saudaron a todos os asistentes para despois deixaren a súa tradicional ofrenda de ouro, incenso e mirra no Belén Vivinte.

O alcalde de Brión, Xosé Luís García, foi o encargado de darlle a benvida aos Reis Magos, ao tempo que desexou a todos os asistentes un ventureiro ano no que non falten saúde e traballo. Non se esqueceu o rexedor de agradecer o labor desenvolvido polos voluntarios que participaron na posta en escea do Belén Vivinte e na decoración do pavillón.

Pola súa banda, e en representación das Súas Maxestades de Oriente, Melchor agradeceu a todos os asistentes a súa presenza e desexou un 2015 cheo de ledicia, de traballo e de "educación e sanidade pública e de calidade". 

A continuación, a Banda de Música de Brión interpretou outras tres pezas musicais para despois comezar coa visita aos Magos por parte dos máis cativos, quenes lles lembraron as súas peticións para esta noite. Melchor, Gaspar e Baltasar conversaron cos pequenos e entregáronlles distintos agasallos (coches, guitarras de xoguete, pelotas, bonecas e peluches) e tamén larpeiradas. Ademais, nenos e maiores tamén puideron tomar palomitas e chocolate quente con rosca, que recibiron totalmente de balde en dous postos instalados no pavillón.

Así mesmo, outro foco de atención mentres non tocaba a quenda para falar cos Reis foi a visita ao Belén Vivente instalado nun dos laterais do polideportivo. Un Belén Vivente ao que non lle faltaba detalle: Neno, Virxe, San Xosé, pastores, anxos e artesáns, todo elo ambientado con animais traídos por distintos veciños e veciñas do municipio (ovellas, burros e vacas).

Ordes - Arredor de 4.000 persoas dan a benvida a Melchor, Gaspar e Baltasar

Tras visitar o Belén vivinte instalado para a ocasión entregaron un por un agasallos e lambetadas a cada neno e nena que agardou por eles 

Arredor de 4.000 persoas de toda a comarca de Ordes e doutros puntos da provincia acudiron esta tarde á cabalgata organizada polo Concello. Unha cita lúdica das máis importantes que se celebran en todo o municipio e na que participaron máis de 100 figurantes entre lanceiros, gardas, pastoriños, anxos, paxes reais e outros moitos personaxes que tamén forman parte do Belén vivinte que se instalou na Alameda da vila ordense.

Melchor, Gaspar e Baltasar fixeron a súa entrada pola avenida Alfonso Senra a media tarde ata chegar ao antigo Concello. Alí agardaban por eles varios membros do equipo do goberno local, encabezado polo alcalde Manuel Regos e atenente de alcalde Silvia Marín. Tras o saúdo oficial todos se dirixiron ata a carpa onde quedou instalado o Belén vivinte, que este ano contou con aves exóticas, mulos, terneiros, cabras, ouvellas, ocas e no que se podían ver escenas protagonizadas por artesáns e lavandeiras. Tras entregarlle os agasallos ao neno Xesús en presenza de San Xosé e a Virxe María, os Reis Magos de Oriente ocuparon os seus respectivos tronos, por onde pasaron todos os nenos e nenas que agardaban por eles. Cada un deles recibiu ademais de lambetadas un agasallo sorpresa.