O anterior goberno local non tramitou en tempo e forma catro subvencións da Deputación dirixidas a financiar tanto a realización de actividades como investimentos nas áreas de cultura e deporte.
O goberno actual, da man do persoal administrativo do concello está a revisar con calma e a fondo todos os expedientes abertos ou de recentes datas que se atopan nas oficinas municipais.
Pois ben levando a cabo dita tarefa detectamos, de momento, catro expedientes de sendas subvencións da Deputación da Coruña, que foron denegadas polo ente provincial.
A causa da denegación esgrimida pola Deputación é a non presentación das solicitudes de subvención na plataforma telemática existente para tal fin.
Denegción asinada polo anterior Presidente da Deputación, Diego Calvo.
É dicir o Concello de Negreira non tramitou catro solicitudes de subvencións da Deputación, o que provoca a perda de financiamento tanto para inversións como para actividades culturais e deportivas.
As solicitudes en cuestión son as seguintes:
Solicitude para o pago dos profesores da escola municipal de música, cun importe solicitado de 30.000 euros.
Soliciude para a construcción dun kiosko de música, cun importe solicitado de 24.659,97 euros.
Solicitude para o pago dos monitores das escolas deportivas, cun importe solicitado de 30.000 euros.
Solicitude para a compra de diverso material deportivo, cun importe solicitado de 15.000 euros.
Pois ben aquí se pode observar á perfección a xestión tan boa e tan responsable que exercía o anterior equipo de goberno.
Si ben é certo que non poderemos saber con exactitude a cantidade de cartos que a Deputación nos ía facer entrega, si é certo que se perderon catro subvencións e dúas de suma importancia para o correcto funcionamento do Concello e dos seus servizos.
Hai que ter en conta que se perderon dous investimentos claves: un para pagar os docentes da Escola Municipal de Música e outro para pagar os monitores das Escolas Deportivas.
Ante esto temos que dicir: por unha parte valorar mais que negativamente a xestión do anterior equipo de goberno, xestión que como vemos pouco ou nada se preocupou dos cartos de todos os nicrarienses, e por outra parte pedir aos anteriores mandatarios que expliquen aos nosos vecinos do motivo de tal neglixencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario