As súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, Gaspar, Melchor e Baltasar, acompañados de todo o seu sequito, arribarán este martes día 5 pola tarde a Negreira cargados de ilusión e xoguetes para os máis pequenos da casa, pero este ano non o farán a bordo das súas carrozas reais. O feito de que estemos baixo a influencia dunha borrasca centrada sobre as Illas Británicas con aire frío na columna atmosférica e, que polo tanto prevénse chuvias xeneralizadas e unha forte caída das temperaturas, con sensación térmica de frío, levou ó Concello de Negreira a suspender a tradicional cabalgada e centralizar os actos na recepción real no Pavillón do Colexio O Coto, a partir das seis do serán.
Os preparativos finais para a recepción os Reis Magos de Oriente xa están en marcha por parte do Concello e, este ano, entre tódolos colaboradores anotados para formar parte da comitiva real, vaise sortear unha bicicleta de montaña.
Gaspar, Melchor e Baltasar saudarán ós nenos e nenas e, faranlle entrega dun agasallo a cada un deles. Previamente, vaise entregar o premio ós gañadores do Concurso de Cartaces do Nadal, ca nesta edición recaeu no debuxo elaborado pola aula de 5 anos C do CEIP O Coto de entre preto de oitenta debuxos presentados por alumnado de distintos rangos de idade. Asemesmo, tamén entregaranse os premios para os tres mellores escaparates comerciais.
Buses
Como tódolos anos, haberá un servizo de bus que percorrerá as distintas parroquias nos horarios e paradas de costume, para que toda a xente poida participar na recepción dos Reis Magos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario