A Casa das Crechas ofrece hoxe un concerto do músico, artista sonoro e videocreador, Nenoescuro, quen nos presentará ‘Fragmentos do desterro’, o seu último proxecto.
Nenoescuro é un proxecto de experimentación sonora e visual enraizado na procura dunha linguaxe híbrida entre os dous ámbitos, pero que se abre tamén ao campo literario (especialmente ao poético) e se concreta na creación de pezas visuais, sonoras, concertos performáticos, proxeccións e audiovisual ao vivo.
Nenoescuro investiga no lado sombra do son, na suspensión da conciencia ordinaria a través de abismos perceptivos, integrando sons primarios, instrumentación analóxica e síntese electrónica nunha sonoridade de estraña raíz e difícil localización que se entrelaza con atmosferas visuais conformando un ámbito intermedial de exploración entre o lírico e o narrativo.
‘Fragmentos do desterro’, o espectáculo que presentará mañá, é un canto desde o umbral, un camiñar incerto no territorio limiar onde o humano se dilúe nesa presenza impersoal, sen nome, que habita o mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario