Pazo do Faramello - Este sábado Uxía e Sérgio Tannus

Informámosvos de que este sábado, abrindo o ciclo Encontros no Pazo 2.0, teremos o inmenso placer de contar cun concerto de Uxía e Sérgio Tannus.

A xornada comezará ás 18h30 coa visita ao Pazo, para continuar co concerto destes dous grandes artistas e pechar cunha merenda acompañada do delicioso Albariño Martín Códax xunta aos  artistas.

As entradas xa están á venda a través da web de www.madapro.es ou en dous puntos de venda físicos en Santiago de Compostela: o SCQ Café Bar e a tenda de artesanía Merlín e Familia.


Ningún comentario: