Amosando publicacións coa etiqueta SOMOS PARTE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SOMOS PARTE. Amosar todas as publicacións

Somos Parte - O CEIP da Ramallosa tamén rexeitan o valor académico da relixión

Pais e nais do CEIP A Ramallosa tamén rexeitan que a relixión teña valor académico
Os titores de alumnos das escolas unitarias de Teo votarán a vindeira semana noutra consulta impulsada por Somos Parte

Pais e nais dos alumnos do CEIP A Ramallosa rexeitan de xeito maioritario que a relixión teña peso no currículo académico. Case nove de cada dez dos participantes no referendo organizado pola plataforma Somos Parte neste colexio de Teo manifestáronse en contra de que a relixión teña o mesmo peso académico que outras materias, mentres que máis da metade consideran que non debe compartir horario lectivo co resto de ensinanzas

Na votación participaron, entre o venres 30 de maio

e o martes 3 de xuño, 204 titores legais dos arredor de catrocentos nenos e nenas matriculados no CEIP A Ramallosa. Un total de 170 (o 88%) votaron non a que a relixión teña peso na nota final e compute, deste xeito, para a asignación de bolsas ou a entrada no ensino superior, tal como agora contempla a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). Vinte e dous titores (o 12%) expresaron a súa opinión favorable a esta medida.

Mentres, á pregunta de se a relixión se debe impartir no mesmo horario que o resto de materias, 111 pais e nais (un 57,50%) mostráronse en contra, por 82 que se posicionaron a favor.

A xuíza de paz do concello de Teo, Rosa Gómez Limia, verificou a transparencia do procedemento coa súa presenza no reconto celebrado o mércores 4 de xuño. Ao acto asistiron tamén a portavoz de Somos Parte, Conchi García, e Xosé Manuel Ferreirós, polo CEIP A Ramallosa.

Terceira votación no municipio de Teo

Este é o terceiro referendo sobre o papel da relixión nas aulas que organiza Somos Parte en colaboración coas ANPAs. Nas experiencias anteriores no CEIP Os Tilos e no IES Cacheiras, nais e pais manifestáronse igualmente en contra do peso lectivo da relixión e de que comparta horario coas demais materias. Os resultados das votacións anteriores poden consultarse en http://somosparte.org.

Referendo nas escolas unitarias teenses

Somos Parte porá agora as urnas a disposición dos titores legais dos nenos e nenas do Centro Rural Agrupado (CRA) de Teo. As votacións poderán facerse efectivas nestas cinco escolas unitarias entre o luns e o martes próximos. O reconto levarase a cabo o mércores 11 de xuño no edificio administrativo destes centros, sito en Solláns.

A intención de Somos Parte é estender este tipo de referendos a outros centros educativos de Galicia durante o próximo curso escolar.

Somos Parte
Somos Parte é unha Plataforma de Pais e Nais por un Ensino Público Democrático que consideran que as decisións que atinxen á educación dos fillos deben contar co consenso de toda a comunidade educativa; isto é: estudantes, pais e nais, e ensinantes. A plataforma pretende dar voz a pais e titores legais e coñecer, a través deste tipo de iniciativas consultivas, a súa opinión sobre materias de grande importancia no ensino.

Somos Parte - O IES de Cacheiras rexeta o peso lectivo da relixión

Masivo rexeitamento dos pais e nais do IES Cacheiras ao peso lectivo da relixión nas aulas
O 87,5% dos participantes no referendo organizado por Somos Parte rexeitou que a relixión teña valor académico nos currículos, e o 74,5% opóñense a que comparta horario con outras materias

desde onte venres, 30 de maio, e ata o vindeiro martes, os titores dos nenos e nenas do CEIP A Ramallosa poderán expresar a súa opinión sobre algúns dos cambios introducidos pola LOMCE

Cerca de nove de cada dez pais e nais de alumnos do IES Cacheiras están en contra de que a relixión teña valor no currículo académico dos seus fillos, e case tres cuartas partes rexeitan que comparta horario lectivo co resto das materias. Son as dúas conclusións da votación impulsada polo colectivo Somos Parte no único centro de ensino secundario do Concello de Teo, nunha iniciativa que xa se levara a cabo no CEIP Os Tilos e que a partir deste venres se realizará tamén no CEIP A Ramallosa.
A xuiza de paz Rosa Gómez

No referendo participaron 214 pais, nais ou titores legais dos 645 alumnos do IES Cacheiras, que recibiron nas súas casas papeletas coas dúas preguntas do referendo. A primeira delas referíase a se a relixión debe compartir horario lectivo co resto das materias. 149 persoas mostráronse en contra (un 74,5%) e 48 a favor, con 14 votos nulos e 3 en branco.

En canto á pregunta de se a relixión debería ter valor académico (isto é, contar, coma o resto das materias, para cuestións como o acceso ao ensino superior ou para a adxudicación de bolsas, tal e como recolle a actual Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa), rexistráronse 175 votos en contra (87,5%), 23 a favor (11,5%), 14 votos nulos e 2 en branco.

A xuíza de paz do concello de Teo, Rosa Gómez Limia, verificou a transparencia do procedemento coa súa presenza no reconto celebrado o mércores, 28 de maio, no que tamén participaron membros da ANPA.

Experiencia previa no CEIP Os Tilos
Os resultados da consulta proposta por Somos Parte en colaboración coa ANPA do centro son moi semellantes aos recollidos en abril no CEIP dos Tilos (Teo). Entón, un 90% dos pais e nais votaron en contra de que a relixión conte no currículo académico, e un 70% rexeitaron que comparta horario co resto das materias.

A intención de Somos Parte é estender este tipo de referendos a outros centros educativos de Galicia. Entre este venres 30 de maio e o martes 3 poderán votar, durante todo o horario lectivo, os titores legais dos nenos e nenas do CEIP A Ramallosa, tamén en Teo. 

Somos Parte
Somos Parte é unha Plataforma de Pais e Nais por un Ensino Público Democrático que consideran que as decisións que atinxen á educación dos fillos deben contar co consenso de toda a comunidade educativa; isto é: estudantes, pais e nais, e ensinantes. A plataforma pretende dar voz a pais e titores legais e coñecer, a través deste tipo de iniciativas consultivas, a súa opinión sobre materias de grande importancia no ensino.

Somos Parte - Votación sobre o papel da materia de relixión nas aulas

O IES de Cacheiras vota sobre o papel da materia de relixión nas aulas
A plataforma Somos Parte organiza, en colaboración coa ANPA, un referendo consultivo para coñecer a opinión de estudantes e titores sobre algúns dos cambios introducidos pola LOMCE

Somos Parte - Os pais votan en contra da LOMCE

Os pais do CEIP Os Tilos votan en contra de que a materia de relixión teña valor académico

A plataforma Somos Parte organizou un referendo consultivo para coñecer a opinión de estudantes e titores sobre algúns dos cambios introducidos pola LOMCE