Onte tivo lugar a primeira quenda de actuacións no Polideportivo da vila de Melide cunha participación de case 900 alumnos/as nas especialidades pádel, patinaxe, taekwondo, psicomotricidade, fútbol sala, bailemoderno, zumba, step, gap, aeróbic, ximnasia de 3ª idade e taichí.
As actividades comprenden un abano de idades moi amplo dende os 5 anos ata a 3º idade levando a cabo unha xestión do tempo de ocio dacordo coas preferencias persoais tanto en cativos como en maiores.
Ademáis, en cinco parroquias se levou a cabo ximnasia de mantemento nos Centros Socioculturais de cada unha delas.
O Concello de Melide dende a concelleria de deportes de cultura dirixida por Dolores Gómez xa ten programado o comezo das actividades o 1 de outubro do curso 2014/2015 cuxo prazo de inscrición será a partires de setembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario