Teo - Pleno ordinario de maio

O pleno votará o acordo definitivo de reversión da cesión de dúas parcelas cedidas ao IGVS
· Celébrase a sesión o martes 3 de xuño por ter cadrado o último xoves do mes de maio en festivo local
A corporación teense reúnese este martes 3 de xuño para realizar a sesión ordinaria do pasado mes de maio. Ó coincidir o último xoves de mes co festivo local trasladouse a data da sesión para mañá martes. O debate terá lugar, como xa é habitual, en horario de tarde, ás 20:00 horas, para facilitar a asistencia das persoas interesadas e celebrarase no salón de sesións da Casa Consistorial, na Ramallosa. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal, premendo no banner En directo, na marxe dereita da portada. 

No sesión votarase o acordo definitivo de reversión de dúas fincas ao IGVS. No pleno de marzo iniciouse o procedemento de recuperación dunha finca en Galanas-Balcaide cedida á Xunta para a construcción dun centro de día e vivendas de promoción pública no ano 2007, que nunca se chegou a executar. No pleno de abril aprobouse o inicio de recuperación doutra parcela en Calo, no Camiño de Texexe número 2, que o Concello cedeu no ano 1998 para vivendas de protección oficial, que tampouco se realizaron. Unha vez feitos os trámites pertinentes de audiencia ao propio IGVS no acordo que se leva a pleno mañá apróbase a recuperación definitiva das fincas e a súa incorporación de novo ó patrimonio municipal. 

Na sesión tamén se debaterá unha moción do BNG na que se denuncia o atraso na tramitación de novas axudas RISGA.

A orde do día ten os seguintes puntos: 

  1. Aprobación das actas das sesións do 24.04.2014 e 29.04.2014. 
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía (da 258/14 á 367/14). 
  3. Dar conta do informe de avaliación do 1º trimestre de 2014. 
  4. Ditame da proposta da alcaldía de acordo definitivo de reversión das cesións gratuítas ao IGVS da parcela do SUD-12 (para construción do centro de día e vivendas de protección en réxime de aluguer) e da parcela nº 1117 do polígono 10 do PXCP de Calo (para construción de vivendas de protección oficial). 
  5. Ditame da moción do grupo municipal do BNG para denunciar o atraso na tramitación de novas axudas RISGA. 
  6. Mocións. 
  7. Rogos e preguntas.

Ningún comentario: