Medio millar de veciños procedentes de todas as parroquias de Val do Dubra acudiron hoxe domingo, 1 de xuño, á Festa dos Maiores, unha cita xa tradicional. O Concello de Val do Dubra trata así de rendir unha homenae aos maiores do Concello.
A celebración comenzou ás 13.30 horas cunha misa solemne na que participaron os asistentes. Ás 14.00 horas rematou a misa e os asistentes comenzáronse a acomodar nas mesas instaladas no pavillón municipal de deportes. O xantar de confraternidade comenzou a eso das 14.00 horas. O menú estivo composto de empanada, pulpo e carne ó caldeiro. Non faltaron ás sobremesas. A música abriu o xantar. E tras a comida continuou a música e o baile ata ben avanzada a tarde.
Á Festa dos Maiores acudiron
ás persoas maiores de 65 anos ou pensionitas empadroadas no Municipio de Val do Dubra. A Festa dos Maiores de Val do Dubra tamén serviu para homenaxear ao veciña e veciño de máis idade presente no xantar. A veciña de máis idade, que recibiu un ramo de flores de man dos alcalde, Ramón Camilo Varela Mariño, foi Julia Pensado Paredes, veciña de Bembribre e de 92 anos de idade. O veciño de maior idade presente na festa foi Manuel Banzas Noya, de O Pazo (Bembibre), e tamén de 92 anos de idade.
Á festa tamén acudiron, ademáis do rexidor de Val do Dubra, varios concelleiros. E estiveron os alcaldes da Baña, Andrés García, Cardeso; de Santa Comba, Antonio Landeira; e o de Negreira, Juan Rey.
Ningún comentario:
Publicar un comentario