Melide - Dúas técnica máis de turismo durante os próximos tres meses

Melide contará con dúas técnicos en turismo durante 3 meses
· O pasado lunsrematou o proceso selectivo para dous técnicos en turismo do Concello dMelide. Prestarán os seusservizos durante 3 meses. 
· Entre as actuacións que contempla o Concello de Melide está o acondicionamento da Ruta de Sendeirismo da vila, promocionar os paseos sanos e a apertura da Casa Museo de Furelos.

O Concello de Melide ven de rematar o proceso selectivo para a contratación de dous técnicos en turismo para o concello. Entre as actuacións que se pretenden levar a cabo está o acondicionamento da ruta de sendeirismo, homologada pola Xunta de Galicia, que está naactualidadenun estado intransitable e será posteriormente desbrozada polos operarios contratados para incendios. Ademáis das cuestións de información que llessexan encomendadas dende a administración local procederase a acondicionar a Casa Museo de Furelos como primeiro punto de encontro dos peregrinos do Camiño Francés, con toda a información ao respecto. Estos dous técnicos en Turismo están contratados grazasao convenio asinado coa Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia.

Ningún comentario: