Operarios do grumir de Brión extinguiron esta tarde un pequeno lume nunha cociña de Buceleiras, na parroquia de Bugallido (Ames). Un lume orixinado nun curtocircuíto na cociña da vivenda e que afectou ao lavavaixelas ea ao forno, que prenderon lume causando danos materiais nesa habitación.
O servizo de emerxencias de Brión recibiu o aviso do 112 ás 15:30 horas e dous dos seus operarios desprazáronse ata Buceleiras coa Bomba Urbana Lixeira (BUL), coa que puideron controlar o lume de xeito inmediato e retiraron ambos electrodomésticos do interior da vivenda. Ata o lugar dos feitos trasladouse tamén a Policía Local de Ames e a incidencia deuse por pechada ás 16:30 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario