MOCIÓN PARA A CREACIÓN DUNHA COMISIÓN MUNICIPAL DO AGRO
Anabel Gulías Torreiro, portavoz do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego ( BNG) presenta a seguinte moción para o seu debate na vindeira sesión plenaria:
Exposición de Motivos
O pasado 3 de agosto en pleno extraordinario aprobouse por unanimidade unha moción dirixida á toma de medidas que freasen no posíbel os efectos da crise económica no sector agrario e gandeiro.
No BNG emendamos a moción coa esperanza de incluír, para nós vellas ideas (para o PP novas) , accións encamiñadas a favorecer a situación penosa e lamentábel que atravesa o agro mais o PP rexeitou a enmenda e nin sequer a propuxo a votación .
Mais este grupo municipal non se cansa de propor accións novas , xa que cre firmemente que a saída da crise non pasa só por aprobar moción s que non deixan de ser meras declaracións de intencións é por iso que propón a creación dunha comisión municipal do agro integrada por representantes dos tres partidos políticos e por asociacións profesionais de gandeiros , así como sindicatos agrarios , e a quen quixer asistir ás xuntanzas.
A intención da comisión é lograr que o sector ,non so estea ben atendido e informado ,senón que se sinta respectado e apoiado polo Concello.
Os obxectivos e intencións desta comisión son as que se pasan a detallar a continuación , mais advertimos que estes obxectivos poden ser ampliados (se así o desexan as outras formacións políticas)
1. Obter información sobre os procesos de concentración parcelaria e investimentos en infraestruturas agrarias solicitados polo concello.
2. Dar solución aos problemas de arrendamento e aproveitamento de terras agrarias no concello
3. Facer unha planificación para arranxo e limpeza de pistas de uso gandeiro razoada
4. Procurar alternativas de financiamento para a contratación dun técnico agrario para poder , en tempo de desmantelamento de servizos , conquerir servizos dignos
5. Crear un espazo de encontro entre os actores sociais do sector para poder escoitar e buscar entre todos propostas e alternativas para unha saída da crise .
Por suposto dende o BNG entendemos que non se debe remunerar a asistencia a esta comisión e que debe ter unha periodicidade trimestral mínima.
ACORDO
1. Creación da comisión municipal do agro e redacción entre os tres grupos políticos con representación política no pleno dun regulamento de funcionamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario