Silleda - o martes 21 ábrese o prazo de inscrición nos programas de lúdicos

O prazo de inscrición no programa lúdico-educativo para escolares de apertura de centros fóra do horario lectivo ábrese o martes día 21
Os interesados deben cumplimentar un formulario e presentar a documentación no rexistro do ConcelloA Concellería de Educación abrirá o vindeiro martes día 21 de agosto o prazo de inscrición para participar no do programa lúdico-educativo para escolares de apertura de centros fóra do horario lectivo. Esta iniciativa está dirixida a escolares con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Ofertaranse un total de 90 de prazas (75 nas instalacións do CEIP de Silleda e outras 15 no CEIP da Bandeira). O prazo estará aberto ata o 4 de setembro, aínda que, como explica o concelleiro de Educación, Matías Rodríguez, “no caso de cubrirse todas as prazas antes desa data, pasariamos a ter unha lista de agarda”.

Os interesados en inscribir aos nenos/as deben de cubrir un formulario que estará á súa disposición no Rexistro Xeral (pranta baixa do Concello). Alí deberán entregar tamén a tarxeta sanitaria do/a menor, fotocopia do libro de familia, declaración da renda da unidade familiar, (no caso de non posuír o certificado de que non está obrigado a declarar emitido pola Axencia Tributaria) e certificado de empadroamento.

Por outra banda, nos vindeiros días tamén se procederá á resolución do proceso de adxudicación deste servizo, coa apertura de plicas e o estudo das ofertas das empresas que se presenten ao concurso.

Ningún comentario: